A senda a beira do río quedou moi ben, pero agora pedimos a quen sexa oportuno que por favor se limpe ou se arranxe un pouco polo menos, a senda que vai paralela o río por arriba, dende o pozo ata a casa de Eulalia. Para mín é unha das sendas máis fermosas que temos no pobo e está practicamente inaccesible, hai sitios no que é case imposible pasar. Esta senda está chea de árbores e prantas moi características e que se ven pouco pola zona como carballos,salgueiros,avellanos,madroños... e tamén unha grande variedade de cogumelos.
Dende aquí pedimos a quen sexa que tome cartas no asunto para que todolos camelláns e foráneos poidan desfrutar desta senda tan fermosa que temos no noso pobo, e así tamén poder revalorizar o turismo de rutas e sendas que tan en auxe está en Galicia.
1 comentario:
eso e precioso!!!!
Publicar un comentario