Isto é unha noticia do venres publicada en El Correo Gallego, sinto non poñela antes, pero é que estiven moi liado e sen internet. A polémica xurde por un informe de Urbanismo, previo a aprobación do Plan Acuícula, no que se expón que non se tivo en conta o impacto negativo que as piscifactorías poden ter noutros sectores como o marisqueo e o turismo, e no que advirtía que en certos aspectos non se axusta a legalidade.
Isto pon en evidencia os desacordos e distintos puntos de vista dentro do propio partido e estánse descubrindo os criterios "mínimos" que se tiveron en conta a hora de elaborar uns proxectos tan complexos, pero coma sempre, os temas que non interesan deixanse de lado. Isto é unha vergoña. Os que elaboraron este Plan desde os seus despachos haberíalle que dar o premio Nobel da ineptitude.
Para ampliar a información sobre este tema, pinchade no enlace:
1 comentario:
Eche o que hai, a ineptitude destes nosos políticos e moito, solo se moven polos cartos e o capital, e dalles ijual o que dija e pense a xente.Poñeslle un mapa de Galicia diante e sitúan a Camelle en Ourense,apóstobos o que queirades.
Publicar un comentario