Bueno, está bastante claro que para vós o concello ten a Camelle totalmente abandonado das mans de Deus cun abraiante 95% dos votos.
Eu penso que tamén hai algún pobo bastante abandonado, pero Camelle lévase a palma.
Neste blog veño denunciando xa fai tempo, con fotos denuncias, e as que aínda non pusen, o deterioro e abandono de moito patrimonio camellán.
As rúas sen barrer, a maleza sen cortar polo paseo marítimo, a praia sen limpar, a veleta sen arranxar, a lonxa deteriorándose co tempo,o museo de Man completamente abandonado, a casa de cultura que non da servizo de cultura ningún, a televisión vese fatal, e xa non falemos do tema da piscifactoría.
Isto e moitísimas máis cousas que seguro non me collerían neste artigo, fan de Camelle un pobo moi abandonado.
O concello segue co seu oscurantismo,cinismo,pasotismo ou xa non sei que chamalo e o sr alcalde, coma sempre, coa súa diplomacia e falta de profesionalidade,( isto vaise arranxar,isto vaise facer,non vos preocupedes,sí,sí,sí...) e logo non fai case nada.
Dende aquí pedimos os nosos políticos que fagan soamente o que teñen que facer, e se deixen de tonterías e caralladas que non lle interesan a ninguén, simplemente que dén servizo a un pobo moi abandonado, xa que os impostos pagámolos igual que os outros.
P.D. a foto da cabeceira é a nosa praia este sábado, chea de lixo de toda clase e fai un mes sen limpar.
1 comentario:
e unha verjonsa o do noso concello,e os políticos que tan nel como Mercedes que representa a Camelle e non fai nada de nada por nos,todo o contrario.Parese que tamos no terser mundo,pero como se dí,temos o que meresemos xa que nas ultimas eleccions janou Pichurri e asi nos vai.
Publicar un comentario