Hola amigos, aqui estamos moi cansados e resacosos, pero o prometido e deuda. Xa tendes as fotos das festas do Carmen subidas para poder velas todos vos. Si pinchades no recadro das fotos ( na marxe dereita ) poderedes ver as fotos en tamaño mais grande no album web picasa.
A festa ,que vos vou a contar que non sepades... en duas palabras IM-PRESIONANTE , como decia o asasino de animais Jesulin. O venres coa sardiñada, os grupos folcloricos, o coro, a orquestra, os streptease,a kilombada,... O sabado coa procesion, a danza de arcos, os gaiteiros, as orquestras,os fogos,a charanga... e o Domingo tamen as orquestras, a kilombada e os xogos na praia. Para min, destacaria a orquestra Ciclon coa incumbustible cantante que reuniu a moitisima xente de Camelle e de fora, a kilombada o mellor de cada casa que fixo o percorrido habitual polo pobo coa sua samba o venres e Domingo e os fogos que estiveron espectaculares.Gustariame que opinarades o que mais vos gustou e o que menos destas festas. Poñerei videos en breve.Saudos.
9 comentarios:
Agradecer a Digna o esforzo realizado xa que sin ela non se podería facer a procesión por mar. Que sería da festa dos mariñeiros se a procesión. Gracias Digna pola túa labor incansable de sempre.
As festas tuveron de PM!Todo en general taba ben.
Creo q a xente tiña q colaborar mais, encarjandose cada persona dunha cousiña q pudera faser.
Tamen fui a festa ajradable xa q taba todo mundo animado, se non a festa xa non sería o mismo!!!
a festa fui cojonuda, morrocutada tios, habia ben tempo que non o pasaba tam ben, e a xente en seral sobre todo os de camelle portaronse de pm.
eu po ano que ven si dios quere volvo.
soy un chico de madrid, y en ningun momento me senti extranjero en la fiesta del viernes a la noche, en la serdiñada mejor dicho, ademas no se si sera asi siempre pero la gente entre si se lleva de maravilla todos se abrazaban con todos, todos bailaban, e me senti como uno mas del pueblo, y bueno los estriptis y los cantes fueron una pasada,a sido genial, no cambieis nunca camelle sois geniales.
Bueno por aqui di Digna que non fui pa tanto, e que sinte muito que non puidera ir todo o mundo a prosesión, pero que po ano k ven intentarase, desde a cofradía, se as autoridades deixan, fasela doutra forma para que todos podamos participar.
A festa tuvo cojonuda e o mellor a xente de Camelle, un 10. O blog ta genial, jrasias polas fotos que puxestes.Sije asi.
Hola chavales! (novos e vellos). Nestas festas, dun considerable nivel en todos os sentidos, quedou ven demostrado que este pobo é unha peña cojonuda. Nunca pensei que en Camelle se fixeran unhas festas tan fermosas. Xa sabía que os camelláns somos xente pacífica, con ganas de pasalo ben, pero sorprendeume a magnitude de todo. Un sobresaínte para os organizadores e para esta xente que emerxeu nos últimos tempos coma un iceberg nos mares de Camelle co seu pulo en todo o que sexa revitalizar este lugar. ¡Bravo, mozos! -de todas as idades-Sodes grandes.
sin duda as mellores festas do carmen dos últimos anos, non houbo ninjún fallo e a xente de camelle tampouco fallou.e q sempre o dijo...o pobo de camelle é moi unido e se é pa ir de festa ... xa sobran as palabras!!!a ver se para o ano que vén podemos ir todos na procesión marítima, non permitamos que acaben coas nosas tradicións!!!
hola !!
como vai haber unha festa gastronomica do polbo en camelle ?
joeeeeer ... !! como estamos.. asi habemos de acabar mal ! vos non sabedes o que é bo. ¡percebe! ¡percebe! ¡perceb..! jaja
Nada sienfuejos eres un crack !
muy chuliño o blog este
Publicar un comentario