Esta nova aparece hoxe na paxina http://www.anosacosta.es/
jueves, 21 de agosto de 2008
A Consellería de Pesca respostou as preguntas plantexadas polos deputados do PP, José Manuel Balseiro e Alberto Sueiro sobre o proxecto acuícola de Xandriña. Desde este departamento aseguran que só recibiron unha alegación e que non ia contra o parque. E que xa contan con varios informes favorables. Esta polémica actuación podería estar no seu desenlace.
José Manuel Balseiro e Alberto Sueiro, deputados autonómicos do Partido Popular preguntaron no pasado mes de marzo polas alegacións presentadas ó proxecto acuícola de Xandriña, que afecta ós concellos de Camariñas e Vimianzo, concretamente a localidade de Camelle e tamén o pequeño recuncho costeiro vimiancés de Sabadelle.
Agora a Consellería de Pesca resposta, asegurando que só recibiron, dentro do prazo previsto, unha alegación e que foi formulada pola propia empresa Stolt Sea Farm "e que non foi contra o parque". Segundo a Xunta "un ano despois", recibiron un escrito con 1.298 sinaturas.
Na resposta tamén se informa que xa se contan con varios informes que non indican nada o respecto do futuro polígono de Xandriña. Segundo o deputado popular Balseiro isto significa que xa contan cos oportunos informes favorables. Os organismos que emitiron informes foron os seguintes: Dirección Xeral de Urbanismo, Consellería de Cultura e Deportes, Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Innovación e Industria, Medio Rural e Augas de Galicia.
Deste xeito queda claro que o proxecto segue o seu curso, que non houbo alegacións presentadas en tempo e prazo, e que as diferentes Consellerías emitiron os seus informes. Polo tanto o polémico proxecto de Xandriña, está xa posiblemente no seu desenlace. Ainda que a Consellería de Pesca pode ter razón no tocante as alegacións presentadas fora de prazo, ignórase a forte contestación social que hai a este plan, nos últimos tempos un tanto calmada.
21 comentarios:
o que fan por cartos, dios mio, que vergoña. por non decir outras cousas.
forza camellans, solo os que non sinten camelle e solo lle importa a plata sin dar pandolada queren a caca esa.
a conta do pueblo de camelle queren comprar, coches, motos-de agua, penoso e ridiculos.
a sille lles vay, que sa perderon de que lles falara un monton de xente, pero a eles que mais lles da, o que importa e a pela, a conta do lombo dos demais.
Non fagades caso a ese articulo, xa que esa pajina e o que escribiu ese articulo son do PP e solo se moven e falan por intereses partidistas, neste caso do PP. Se gobernara o PP seguro que non poñerian eso. Camelle sigue en loita e non nos pararan.
P.D. independientemente do partido que seamos.
Por favor, escribide o que queirades pero sen insultar nin nombrar a ningunha persoa, xa que automaticamente sera borrado o comentario. Gracias.
Adega di que Non hai actividade agora mesmo no parlamento ata o día 28 de Agosto que é o primeiro consello da Xunta despois do verán, ademas a conselleira non estaba en Mozambique?
Parece que o "mostro do Lago Ness" deixou de durmir e ergue ese corpo asqueroso para aplastar ao noso pobo. Trazaron un plan,todos eses vampiros que forman o detestable grupo de xente aproveitada, sen principios coa finalidade de poñerse as botas chupando a sangue dos camelláns, apoderándose das nosas terras e ferindo a vista con esas negras paisaxes que pretenden instalar. É incalificable o desta xente. ¿Quen pode crer que vivamos nun pais democrático, tal como están actuando estes impresentables?. Amosan o máis absoluto desprezo polos camelláns. E teñen a cara dura de dicir que non se presentaron alegacións en prazo...... cando se encargaron ben de que a xente non se enterara; actuando coma os topos furando por debaixo da terra.Vou a ser comedida "para non ferir SENSIBILIDADES" (é unha frase feita porque a palabra "sensibilidade" venlle grande; só coñecen a súa propia).Os individuos responsables destas actuacións están perdendo a cabeza. Fannos pensar que vivimos, de feito, varios séculos átrás ainda que haxa novas tecnoloxías; se nos venda a moto dos dereitos das persoas; que o pobo é soberano...... ¿isto que coño é?. O que demostran e que o pobo só lles interesa na medida que lle serva aos seun fins. Espero e desexo que teñan o que, en xustiza se merezan.
parece incrible nos tempos que vivimos que sinta e este a gusto con que os seus propios veciños queden deseredadosdas suas propias terras e eles mismos sean os propios beneficiarios, non entendonin me cabe na cabeza como se podeser tan cruel e despota" por non deciroutras cousas" eses mismos que se criaron e comparten o dia a dia no mismo pobo, e sabendo o que costa gañar un trozo de terreno" bueno eles entenden pouco de traballo, por non decir nada.
a conta do noso enchen os bolsiillos e ainda se riin na tua cara, venderian a sua nai por conseguir cartos e imcreible se mo contaran hay anos no no creeria.
forza camelle
a union facera a forza, hay que acabarcon estes impresentables, a verdade que de cerebro muy pouco.
Estou vendo os comentarios e non sei realmente en que época estou vivindo en Camelle, parecenme do máis caciquistas, un ataque a liberdade de expresión. Aparte,a xente á que vos referides, hasta agora non saben si van levar un peso da piscifatoría, eso sale a "CONCURSO", e tanto a poden levar eles coma miles de empresas existentes, eso non vai a dedo. Eu penso que estades levando moi lexos un tema que ía pasar igual estivesen ou non de acordo, e o peor, que estades machacando a unha xente que ó mellor non quita nin un peso desa piscifatoría, e no caso afirmativo, vale máis que leve os cartos un do pobo que non que veña un de fóra e os leve, xa que eu penso que a maioría dos traballadores desa empresa son de Camelle. Estou por ver que a maioría dos que hoxe protestan, mañan irán os primeiriños para ver si consiguen un posto de traballo na piscifatoria. NON SEXAMOS TAN RADICAIS.
Non che respondo por respeto o que fai esta paxina, e por que sei que me borraria o comentario. Solo che dijo: JA,JA,JA, eso solo o crees ti amijo.
Pois eu solo che respondo unha cousa: A ENVIDIA É MOI TRISTE E A IGNORANCIA É A QUE NOS MATA.
Si,segun din, teu pai vai a dar os postos de traballo na piscifactoria de Camelle, menos os que non tamos dacordo con que a poñan, "os radicais"como ti lles chamas.Esto si que é caciquismo,non o que ti dis.Pero tranquilo,que vamos ir todo o pueblo de rodillas a pedirlle perdon,para que nos "enchufe" alí,si lle dan a obra,claro,como vai a concurso... ijual que todas as do concello de Camariñas.Vesevos moito o plumero campeon e ainda tes collons a falar.Tades mais juapos caladiños e encerrados nas vosas casas cos fanaticos e chupatintas do voso partido,xa que a maioria do humilde pobo de Camelle non quere esa merda,que che quede claro.
Xan, estas moi enganado, eu non son nin teño nada que ver con esa empresa, é máis eu non estou a favor da execución de ese Plan, solo dou a miña opinión e penso que estades levando a un extremismo os vosos ideais, (que meparecen lóxicos) pero non se poden marxinar, nin facer un ataque e derribo así, a xente sin saber realmente como é o tema, xa que ahí o Concello solo é intermediario, pero non o adxudicador das obras.
Dacordo, pero ninguen os marxina, marxinanse eles mesmos, e o concello co señor alcalde a cabeza, engañou vilmente o pobo de Camelle.
para los artistas que estan a favor dde ese porqueria que destruye nuestro pueblo,lean y aprendan.les servira de algo en la vida.
La pobreza carece de muchas cosas; pero la avaricia carece de todo.
con la avaricia se pierde todo, por quererlo todo.
lo mio es mio y lo vuestro es mio.
La pobreza necesita muchas cosas; la avaricia las apetece todas.
¿Qué es la avaricia? Es un continuo vivir en la pobreza por miedo a ser pobre
la avaricia rompeel saco
Pocas o ninguna vez se cumple con la ambición que no sea con daño de tercero.
la avaricia esla mayor de las
pobrezas
La avaricia es la pobreza de los ricos
La avaricia es un mar sin fondo y sin orillas.
dedicado a toda ese gente que le gusta aprovecharse de lo ajeno.
ellos saben bien quienes son.
o comentario anterior e pra quitarlle o sonbreiro, sin palabras.......................
e o sentimento do pueblo de camelle..
para los de la rosa roja:
por que esa fiebre tan dolorosa por hacerse con lo ajeno, por que la verdad todos esos, si les hablas de trabajo la verdad que si se ponen enfermos de verdad, al mismo tiempo avaricia y vajos pero que muy vajos y en ese graupo hay vastantes ejemplos, vivir es lo suyo, no dar golpe tambien.
as camisetas que fixo a asosiasion de vesiños a 2º ta chulima, non sey quen foi o da idea pero esta cojonuda, seguide asi chavales, moy ben os refrans, por sierto.
estes acordaronse ahora, pero bueno mas vale tarde ca nunca, aqui esta o articulo de hose.
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2008/09/11/0003_7130553.htm
Publicar un comentario