Gracias a colaboración dun usuario deste blog, puiden ter acceso as fotos sacadas por Man coa cámara prestada por un camellán.
Estas fotos e as demáis cousas que estaban na casa de Man agora están nun ático do concello de Camariñas a espera de expoñelas, según o concello " isto leva moito tempo e hai que resolver moitos problemas burocráticos antes de expoñelas".
Eu penso que os camelláns debemos ser os primeiros en poder velas por causas evidentes, entón por iso vou a publicar cada certo tempo as fotos que sacou Man en Camelle (Fotos de Man).
A calidade non é moi boa, pero pensade que estas fotos foron sacadas fai corenta anos aproximadamente.
2 comentarios:
Impresionante Man, non sei como fas,cada día sorpréndesme máis e xa non podo deixar de ver o teu blog a diario.As fotos tan moi ben po tempo que teñen e alejrome que seamos os de Camelle os primeiros en velas.Sije así.
Encantame a foto na que se ve a casa de man en solitario no medio da reveira. E aora como cambiou todo!
A min personalmente encantariame poder ver as libretas de man, porque me justaria ver o meus dibujos de cando era pequeniño. Ojala esas libretas non se perdan ni queden no olvido e aljun dia podamos velas todos.
Publicar un comentario