Nunha enquisa feita xa fai tempo neste blog, a maioría de vos pensábades que a casa de cultura de Camelle ( Casa de Man ) era bastante fea e o arquitecto que a deseñou non estivo moito pola labor, xa que non respeta o entorno e non ten nada que ver con Man.
Entón non sei porque lle puxeron o nome de Casa de Man ( a mín non gusta ese nome ) porque a Man non lle gustaría unha casa de cemento que levase o seu nome.
Agora xa nada se pode facer, ou sí, ¿que vos parecería a Casa de Man decorada con círculos como os que Man facía?
Eu penso que a idea non é moi descabellada e non require moitos cartos do concello.
De xeito luciría bastante máis con círculos pintados como os que Man facía e chamaría a atención de máis turistas e xente.
Así si que podería chamarse a Casa de Man.
Isto é unha opinión persoal, o mellor estou un pouco tolo...
7 comentarios:
Pa miña opinión asi é como debería tar, según a forma de decorar e de ver a vida o alemán, para que tuvera aljo que ver co museo; que por certo, está en situsión de abandono total. Pa conservalo non hai quen mire por él nin quen asude con aljunha suvención..é unha verjonsa!
Planteo unha prejunta.
¿Donde están o diñeiro que deisou man?
Son cantoná.
jajaja...
hOme, a min tamen me pareCe Q kedarían ben Uns diRcUliÑoS cMo oS k FaCiA mAN .. non coma os Da ftO jaja ... !!k mal kEdarOn oh :P. Nada , nada hai Q practicar + co photoshop eh jaja
wenOoOoO ... xao0o0o0 !!
Creo que é o menos que se deveria facer.
Eu opino o mesmo e creo que non tas tan tolo porque pensámolo case todos. Quedaría chulísima pintada cos círculos ou coa cara de Man.Propoño a asociación de veciños de Camelle que exprese esta iniciativa o concello, a ver que dín.
cantona!!!os cartos leveinos eu!!!je,je
es aljo chafuleiro osmar!!!pero quedaria de putamadre!!!
vaia pensastes 1pouco!!
É unha idea fantástica. A estética dese espantoso edificio parece froito de inimigos de Camelle. Calquera analfabeto deseñaría unha cousa mellor. Do xeito que propós, disimularíase o feismo desa horrible casa porque a vistosidade dos debuxos quitaríalle saliencia a esa mole de formigón.
De tolo nada. Tolo foi aquel a quen se lle ocurrío que a "Casa do Alemán" tiña que ter o aspecto co que a construiron! Mira que bastaba con botarlle unha ollada á casa de Man para inspirarse un pouquiño...
Total, que creo que somos moitos Camelláns os que pensamos que o dos círculos non é algo que se podería facer, senon que é algo que xa se debería ter feito.
E por certo, as habilidades artísticas do autor da foto, non sendo extraordinarias, tampouco son nada malas. Capturan perfectamente a idea. Gracias!
Publicar un comentario