O único sitio donde se pode facer deporte en Camelle, xa que o campo de fútbol está nas "mans de Deus" é o polideportivo.
Este recinto está nun estado deplorable, o acceso é un camiño de barro e lama co escombro do concello aínda sen levar, sen aceras para chegar e nin un mísero paso de peóns na estrada para cruzar.
As porterías e canastas están rotas con ferros oxidados colgando, co perigo que iso leva para os que alí practican deporte.
O peche do recinto ten furados enormes, non hai redes nas porterías nin canastas, fórmanse pozas de auga debido o mal estado do pavimento e as silvas e malas herbas invaden o poli por varios sitios.
En definitiva, isto é unha vergoña.
Dende quepasaencamelle e o blog de Mario e Lidia pedimos a quen sexa que tomen cartas no asunto debido o abandono e os perigos que poden levar o estado do poli.
Igual está así porque van a facer un polideportivo cuberto en breve coma en Camariñas e na Ponte, como prometera o alcalde... dubido moito que así sexa porque as palabras dos políticos lévaas o vento moi facilmente.
13 comentarios:
A verdad e que e unha verjonsa o do poli, non temos donde faser deporte nun pueblo coma camelle.Hai que recordarllo os políticos cando veñan polo pueblo a buscar votos.
bueno, a ver si agora para facer deporte fai falta ter o poli, non discuto que faga falta que si o fai, pero non poñamos agora de escusa que non facemos deporte porque esta escarallado o poly, hay mil formas de facer deporte.
e hay muitisimo tempo que se deisou de ir o poli, e decir ainda suele ir xente, pero non tanta como outros anos atras, e sin estar escarallado o poly.
Pois tí dirás sr.anónimo donde se pode xogar un partido de futbito,balonmán,baloncesto,tenis,voley,etc. si ser o poli.Si, na calle tamén se pode, pero non é o mesmo.E eu si que von o poli moitos fines de semana e da asco xogar alí.Si estuvera cuberto outro galo cantaría.E o menos que podemos ter, un polideportivo en condicións.
Anónimo, é certo que non fai falla ir ó poli para facer deporte, mais se se quere ir deberíase poder ir. É certo que non vai xa tanta xente coma antes, pero a que vai debe de poder facelo en condicións, non?
Non entendo esa forma de razoar. Da mesma forma eu podería dicir: Non fai falla ir á Area de 'Riba, se se quere ir a unha praia pódese ir a outra calquera, e ademáis cada vez vai menos xente a praia de Camelle. Conclusión: deixemos de limpar e acondiciona-la praia. Veslle o sentido?
Derrubamos a escola porque xa non hai nenos? Tiramos cos parques? Coa igrexa? Co muelle e co rompeolas cando dentro de 10 ou 15 anos xa non teñamos mariñeiros en Camelle?
E se non me lembro mal, o acondicionado deste espazo foi unha promesa electoral do alcalde... Algén ten ainda o folleto da propaganda electoral?
vaya, balonmano e voleibol? disde cando se soga en camelle o balonmano e o boleibol no polideportivo?
por que eu tamen fun muitisimas veses o poly e digoche que a eses deportes en camelle sogouse muy pouquiñas veces por non decir ningunha.
esta claro que o polideportivo esta feito unha merda, pero tamen esta moi claro que agora casi nadie vai a el, non por iso debe estar como esta.
o que creo e que agora como o poly esta feito unha merda, a xente daselle por querer facer deporte agora, e decir veñenos agora as ganas.
e se mañan cae o teito da igresa, seguramente todo kiski querera ir a misa.
e unha opinion.
peton dos ferros
Dios mio como está a peña.
Os rapaces van o poli menos ca antes? pode ser tamén hai a mita de rapases que habia antes, unha cousa non quita a outra.
Si hai un poli ten que estar en condicións. E os consejales do pueblo que neste caso son Mercedes e dolores pois a moverse que pa eso saliron elegidas e os da asosiacion tamén
A ver, que eu sigo sen entender algúns razoamentos...
Anónimo dixo:
esta claro que o polideportivo esta feito unha merda, pero tamen esta moi claro que agora casi nadie vai a el, non por iso debe estar como esta.
Entendo que queres dicir que malia que agora non vai tanta xente coma antes, o estado do poli non debería ser o que é (malo). Neste caso estaríamos de acordo.
Anónimo dixo:
o que creo e que agora como o poly esta feito unha merda, a xente daselle por querer facer deporte agora, e decir veñenos agora as ganas.
Non falas en serio, verdade? É dicir, a túa tese é que a xente dáselle por empregar un espazo público sobre todo cando este está a caer a cachos? Ti cando ibas ó poli era porque estaba en mal estado? Animábache o mal estado do poli a facer deporte?
Mira, eu creo que as cousas son máis fáciles. Hai pouca xente que vai? Si, certo, mais haina. Cando menos para pasar un cacho media ducia de rapaces e non tan rapaces. E este colectivo, ás veces máis grande, ás veces menos (depende da época do ano), constata que o estado do poli é lamentable. E o que piden é que se arranxe. Non creo que haxa máis detrás disto.
permitideme q faja un comentario, e q vendo o q hai non m puiden resistir...
O conto do poli é ben fasil.Primeiro debese dotar a poblacion de instalacions adecuadas, e despois q a xente elixa se ir ou non ir, e non o razoamento contario, senon tariamos apañados.
Un exemplo claro e o do turismo: se qeres q a xente vaia a un sitio de vacasions, debeslle ofreser servizos.
pois o do poli, ven sendo unha cousa asi.q o arrejlen en condisions, e despois cada un e libre de usalo ou non.
pos eu simplemente iba o poly, estando en bo ou mal estado, iba cando me apetecia e punto, ademais pra sogar o futbol, bueno cando xogaba eu, " xa chuvio" pois cun duas pedras pa facer unha porteria e outras duas pra facer outra bastabame, e non sabes o ben que o pasabamos, tamen me acordo muitisimodo outro poli, do de abaiso, e ese si que estaba feito outra merda, e mais nadie se preocupou moito do seu estado.
e decir que unhas veces dasenos por criticar unha ctatiousa, e outras veces esa misma cousa no na criticamos, cada un a sua bola.
por que se enpezamos a decir cousas que hay mal en camella non acabariamos nunca, eu o que dijo e que esta moy ben decir que esto ta mal, por que ta mal, pero eu sa me din por vencido, e decir que denunciemos o que denunciemos, nin puto caso nos fan, asi que, nada.
EY TIO O DUEÑO DE ESTO, HABER CANDO POÑES UN CHAT PA LIGAR CAS CHATINAS DE CAMELLE,E PRA MOVERNOS ALGO, DIJO EU NON, QUE SA TABEEN.
UN SALUDO
SOBRE O POLI EU NOON FAGO MOITO DEPORTE PERO O PEDIR PIDAMOS UN GINASIO CON PISCINA E POLI CUBERTO, O PEDIR PEDIR BEN.
UN SAUDO A TOD@S.
MANU.
XA HABIA MOITO QUE NON ENTRABA AQUI.
Esta mu ben eso de xojar con duas pedras de porteria,eu teño xojado muitas veses,pero si un dia nos da a jana de ir o poli,que estea en condisions,ou pa que o fixeron?ou solo se fan cousas en camelle cando é das votasions???
Na miña opinion, o poli ten que estar en boas condicións,vaia a xente ou non. E en canto o de xojar fai 30 anos con pedras, tamén fai muitos anos viviase sen televisión e ahora ben que protestamos cando non se ve. e se ai cousas mal en camelle pois claro que hai que nombralas todas, e protestar pa que se arreglen,porque está visto que os políticos non levantan o cú dos seus sillóns de camariñas.
mario
ola! esto para min e unha autentica vergonza,son un rapaz de 17 anos de camelle e o que nos esta pasando no poli e inexplicable,non podemos tirar tiros porque o balon vai o rio ou a leira esta todo repleto de silvas e o mellor e que en camariñas teñen o pavellon e 2 polis mais!! xa vai sendo ora de arreglar esto porque os rapaces non temos a donde ir!!!!
Publicar un comentario