Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 16 de septiembre de 2009

A Xandriña seguirá verde.


Bueno ,xa estamos aquí, despois dun marabilloso mes de vacacións percorrendo as cidades do Mediterráneo, o voso blog favorito xa se pon as pilas para informarvos e entretervos do mellor xeito posible e contando todo o quepasaenCamelle.


Neste mes de descanso,cabe destacar o enorme éxito que tivo a Festa dá Palilleira e a Festa dá Tortilla, celebradas durante as festas do Sacramento e organizadas pola Asociación Cultural Festas de Camelle (pincha aquí para ver a súa páxina).

Pero a noticia bomba foi a supresión por parte da Xunta de Galicia, debido ao gran movemento social creado,da piscifactoría da Xandriña,a de Seiruga,Merexo e Laxe Brava,como xa todos saberedes.

Este blog, desde os seus comezos, sempre tivo unha postura firme en contra da implantación da piscifactoría no noso pobo, por iso sinto unha enorme alegría e satisfacción pola supresión do proxecto.
Tamén sinto tristeza pola implantación da macropiscifactoría en Touriñán,na que seguen dicindo que non terá impacto ambiental, cousa que persoalmente dubido moito.

Neste blog tamén hai usuarios que si querían a piscifactoría en Camelle, aínda que fosen unha minoría, postura que respecto pero que non comparto, polo que pido a todos un pouco de sentido común e que Camelle volva ser un pobo unido,sen rifas, como sempre foi.

Debido á falta de tempo e para que este humilde blog estea sempre actualizado,contaremos coa gran axuda dunha persoa (100% camellana) fiel a quepasaencamelle dende o princpio, que fará os labores de administrador comigo, o seu pseudónimo é Fré

Gracias a tod@s pola vosa fidelidade e espero que a espera non se vos fixese moi longa.

Máis info : La Voz de Galicia, La Opinión, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, El País, Galicia Hoxe, quepasanacosta, diariocamariñan, anosacosta, vieiros.com

4 comentarios:

Unknown dijo...

en primeiro lugar quero felisitarvos de corasón por ese paso tan importante que acabades de dar e que deseo sea para toda a vida.
falando de todo, xa era hora de que o señor feijoo nos dera esa alejría despos de tanto sufrimento. Ahora que se fastidien todos aqueles socios listos que pensaban sacar tallada desto

xanti dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
MAN dijo...

o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.

xanti dijo...

Sr administrador do blog non sein por que ten que borrar o meu comentario, en tal caso deberia de borrar os que insultan os socialistas. O que EU escribin e certo e vostede pode conprobalo, e todo Camelle o sabe que e verdade, ou e que a vostede non lle interesan que contesten as criticas de alguas persoas. Estaselle vendo o plumeiro Sr Man. Eu son Socialista e nunca me aproveiten nin saquein tallada. Os que nomein no meu comentario si que a sacaron, si non volvome a repitir informese.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE