Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 12 de abril de 2010

Os relatos de Guany

O Museo de Man agoniza entre o lixo.

Cando se cumpriron sete anos da desaparición de Man, o aspecto do seu habitáculo onde transcorríu a maior parte da súa vida, reflicte o abandono máis absoluto. O chamado Museo de Man, como tantas veces se denunciou neste blog, semella máis a un contedor do lixo que ao lugar onde vivíu ese home singular. Coas simpatías duns, a indiferenza doutros e ata algún que outro desencontro con el, Camelle deuse a coñecer no exterior máis por Man que por ningún outro feito ou actividade derivada dunha persoa. Non estou segura se era o Man de Camelle ou o Camelle de Man. Creo que era difícil entender a esa persoa sen este lugar e viceversa.


A súa aparición aquí tivo repercusións na convivencia diaria comezando pola curiosidade sobre aquel habitante novo. Nos primeiros tempos pintaba cadros, que mandaba por correo a non se sabe onde según me contaron. Ignoramos que factores desencadearon o seu desprazamento ata este pobo; o azar ou unha decisión premeditada, planificada por algún tipo de coñecemento previo sobre Camelle. O feito é que “aterrou” neste lugar da Costa da Morte e, pouco despois, falábase no exterior dese alemán, estrano para moitos, que elixíu como lugar de residencia o noso pobo. Os seus verdadeiros motivos seguramente marcharon con el pois non era persoa dada a facer confidencias a pesar de que parecía ter algunha amizade puntual. Teño a impresión de que tan só en casos excepcionais ía máis alá dalgunhas frases curtas sobre asuntos triviais.

Lamentablemente, a este paso, Man continuará sendo un gran descoñecido en moitos aspectos. Sabemos que lle preocupaban as inxustizas pero ignoramos a que reflexións lle levou o tipo de vida que decidíu vivir. Unha persoa coa súa imaxinación non acostuma a vivir vexetando interiormente. Na marxe da súa inclinación polas figuras circulares, vivir en soidade, percorrer todos os sendeiros ou rúas periféricas de Camelle levando o ritmo dun mozo cando xa roldaba os 60 anos, a personalidade deste romántico tiña que ser moito máis que esa figura quixotesca que aparecía por calquera camiño correndo. Quero pensar que ese mundo quedaría plasmado, ou parcialmente exposto nos seus escritos . ¿Como era Man en realidade?. ¿Por que non se expón a obra deste home peculiar no lugar e coas condicións axeitadas?. É dicir ¿que ou quen está impedindo a realización do Museo de Man, cando é evidente o seu desexo de deixar aquí a súa obra?.

O que resulta indubidable é que a vivencia de Man aquí supuxo unha oportunidade para a nosa costa de darse a coñecer fóra, aínda que non sea iso o máis importante deste personaxe . Menos dubidosa aínda é a súa decisión de facer dun recuncho de Camelle o seu paraiso particular. Aquí, neste pobo, onde deixou unha importante pegada coa creatividade das súas obras, o seu legado escrito e tantas sinais (esvaecídas polo paso do tempo) nos percorridos que fixo polos montes de Sabadelle antes de que a maleza o impedise.

¿Que pasa coa fundación que leva o seu nome, que parece extinguirse como os dinosaurios sen que se evidencien resultados daquilo para o que se supón foi constituida?. ¿Que sucede con ella?. Non entendo, como tampouco moitos de nós, que a figura deste xermano/camellán tamén se esfume co paso do tempo porque temos unas institucións que carecen de interés en conservar a obra e o personaxe deste home que deixou un rastro irrepetible na Costa da Morte.

No hay comentarios:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE