O longo da miña vida xa me decatei varias veces da censura do periódico La Voz de Galicia.
Este periódico é como a TVG, sempre están cos que gobernan, sexa quen sexa, e non se molla nunca se hai algunha crítica ou algunha nova que perxudique o actual goberno.
A mín xa me pasou varias veces con artigos ou comentarios que me publicaron, ou mellor dito, que non me publicaron.
Só hai que ver a gran noticia do descubremento dos informes desfavorables de Política Territorial en contra das piscifactorías, que soamente foi publicado en El Correo Gallego e en El Pais, a Voz non lle interesou publicalo porque dañaba o actual goberno da Xunta.
E eu pregúntome, isto como se chama ... censura, dictadura ou franquismo? Porque que eu sepa, actualmente hai ( en teoría ) liberdade de expresión.
A derradeira de La Voz de Galicia refírese a enquisa que fan polo paisaxe máis fermoso da costa da morte. Tí escribes o teu comentario na súa páxina web, e logo eles publican na prensa escrita o que máis lles gusta.
Eu leín tódolos comentarios da web e para mín o máis fermoso era un comentario tipo poesía sobre a beleza de Camelle da nosa usuaria Digna, pero como nombraba a Xandriña e a futura piscifactoría xa non o publicaron.
Se non creedes ista teoría, só tendes que ver o comentario que eu puxen en internet e o que saíu na prensa escrita, máis claro auga, a ísto chámase CENSURA porque falta a derradeira frase do meu comentario.
Se non o vedes ben, pinchade na foto e verédelo mellor.
5 comentarios:
Eso de que a TVG e a Voz van co gobierno xa se ve, por ejemplo, cando no programa de farruco se falou do cura de Camelle non se falou nada da piscifactoría, estráñame muito que non dixeran nada os entrevistados, entre eles o noso presi.
Dou fé que sí o dixeron Lorena, pero non o quixeron poñer.
Por certo, benvida o blog.
Grasias Cefalópodo
Dou fe da verdade do que dis. Os grupos do poder arróupanse uns aos outros; dan asco. Cando unha inxustiza me produce irritación no corpo, sempre procurei manifestala e teño mandado cartas á Voz de Galicia, que nunca foron publicadas. Fixen a proba de mandar comentarios "neutros" que non molestaban aos poderosos e eses si foron publicados. Xa coñecemos, máis ou menos, a que bando pertencen os periódicos máis coñecidos, pero no caso de La Voz.... teñen a mesma ideoloxía dos que gobernan, sexa un deus ou un demo. Está claro que lles convén, pero con esas liñas de actuación, a súa credibilidade queda en entredito, penso eu.
Que pena que un periodico co-a tirada da voz se convirta en un esclavo do regidor de turno.
Publicar un comentario