A Asociación Cultural "Festas de Camelle" organiza o sábado día 29 a festa do Magosto. A festa será a tarde-noite na Casa de Cultura e haberá castañas para tod@s. Para amenizar a festa actuará o Dúo CICLÓN ( son os mesmos que os da orquestra que arrasa en Camelle). Tamén contamos coa actuación dos Cómicos de Camelle, pero claro, como son espontáneos non se sabe si están ou non, nin o que pode pasar.
O karaoke está sen confirmar pero a festa vai ser criminal. Paso lista coma sempre, non pode faltar ninguén. Ah, e o que queira disfrazarse tamén pode.
Perla confirma que seguirá o cargo da Asociación pero que o da Comisión de Festas ainda non o sabe, así que hai que animala e que haxa algún candidato para axudar, xa que senon quedaremos sen festiñas no verán.
Ademáis disto, a Asociación "Festas de Camelle" organiza un curso de Pandeiretas, Cantareiras e Teatro para adultos. Será os sábados de 6 a 8 da tarde na Casa de Cultura. O horario do Teatro está por confirmar. Os que se queiran anotar poden facelo na Panadería Perla.
3 comentarios:
Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos co carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio.
É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.
Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.
castañas asadas, comicos, duo ciclon e alcohol... que mais se pode pedir.FIESTAAAAAAAAAAAAA!!!!!!
Eso...que non pode faltar nadie!!
que mas podemos pedir!!
e se cadra inda nos disfrasamos e todo...mismo de castaña sa podia valer!!aber como vai a nuite!!jajajaja!!!
e aber se sije perla na comision que con ela as festas son as millores!!!
Cantoná.
Publicar un comentario