Como xa vos informaba fai unhas semanas, a comisión de festas vendía unhas participacións para unha gran festa 24 horas en Negreira da orquestra Olimpus.
A comisión de festas de Camelle quedábase co 50% do diñeiro acadao pola venda das rifas.
Pois ben, resulta que Camelle foi agraciado no sorteo das comisións de festas xunto con dous pobos máis.
Seguro que con esta inxección económica as festas de Camelle seguirán sendo un gran referente na Costa da Morte, aínda que teñan o listón moi alto.
Noraboa a nosa gran comisión de festas.
4 comentarios:
Noraboa os da comisión, desde logo levamos unha racha criminal cos premios, haber se tamén se acorda de nos a loteria de navida co número da comisión, que debe de ser o mais bendido en camelle
Noraboa, pero hai que comprar tamén lotería da AA VV para costear o do abogado e se toca mellor
tes rasón que xa non me acordaba eu da AAVV
Noraboa a comision de festas e ahora a axudar a AA.VV. que tan loitando como fenomenos que o son.
un saludo pra eles
Publicar un comentario