Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 17 de noviembre de 2008

Resultado da enquisa

A maioría de vós ( 60% ) pensades que se van a xuntar os cartos necesarios para a contratación dun avogado, que defenda a Camelle na posible implantación da macropiscifactoría de rodaballos. Recordovos que cobraría 15000 € e outro tanto si se gaña o xuicio.
Pero tamén pensades que non se xuntarán a primeira e que haberá que facer outra criba para xuntar todo o diñeiro necesario.
Eu soamente digo que según me comentaron dende a AA VV, a implicación do pobo de Camelle no tema da contratación do avogado é satisfactoria, pero que hai que facer un esforzo máis por parte de todos e concienciar a xente que non participou, que o faga, xa que isto parece ser o único que nos pode salvar do formigón.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver companeiros si afloxamos un pouquino a carteira e facendo un esforzo podemos conseguilo.
Pol-a Xandrina e pol-os que desde a AAVV se estan matando a traballar
deamoslle esta satisfaccion pol-a que podemos salir beneficiados todos.

Anónimo dijo...

A verdade,que tanto a min como a moita xente nos gustaria saber como anda o tema dos cartos,si teñen muito ou pouco recaudado,pero sabemos que a Perjoliña informaranos cando teñan aljo que decir.
suerte e que se recauden os cartos.

Anónimo dijo...

Para non prexudicar a economía co diñeiro que deamos para o avogado, eu propúxenme que, neste Nadal, seremos máis austeros na mesa. Non pasa nada si substituimos o marisco de primeira clase por outro máis económico ou, si me apuran, por suprimilo de todo. Podemos poñer un menú atractivo con imaxinación. Beber algunha copiña menos; comprar regalos máis económicos, etc.... ¿que vos parece?. Despois de todo, o importante é estar coa xente que queremos.

Anónimo dijo...

Eu pagaria pa que me comprasen as leiras que teño ali xa que non valen pa nada e a 15 € faseria uns bos cartiños

Anónimo dijo...

Este anónimo é dos que queren pan para hoxe e fame para mañán. ¿Cres que,certo tempo despois, che quedaría algo dese diñeiro?.
Por outro lado, tal como vai o mundo (coa desfeita económica que está sucedendo porque moita xente pensa coma tí "a ganancia económica como valor preferente"). ¿Pensaches que, quizáis, teñamos que volver a cultivar as terras como parte do sustento diario?. O mundo dá moitas voltas e as perspectivas no son nada optimistas.

Anónimo dijo...

wani, as miñas leiras da gandriña no valen pa nada , na mas que pa toxos e silvas e eu fai moitos anos xa travallei esas terras, seguro que ti nunca puxeches nesas leiras un rego de patacas, en canto a que pan para oxe e fame pa mañan a fame xa a temos oxe que en Camelle non queda nin alma namas que catro vellos e dous rapaces.Anque non ton de acordo cas piscifactorias si se fai esta , polo menos daria de comer a un monton de familias que cas silvas e cos toxos fame negra.

Anónimo dijo...

Tanta ignoransia hai no mundo,vale a pena calar, pero bueno, cada un é como é.Solo nos falta ajacharnos para que nos dean por aí, Guani coma tí pensamos a maioría,saludos.

Anónimo dijo...

Chipironciño: puxen moitos regos de patacas aí. Ademais, a vida ensinóume que hai que mirar máis aló do embigo propio. É dificil que esteamos de acordo ti a máis eu porque se es dos que pensan que a porquería esa ía dar traballo a moitas familias, significa: 1.º: que es algo inxenuo/a. 2.º: que a túa visión sobre o asunto non vai máis aló dun radio de dous metros do teu propio embigo.

Anónimo dijo...

guany para que perdes o tempo respondendo a ese anonimo. vamos a ver, unha cousa está clara, esa persoa fixo ese comentario polo tema de sempre, para suscitar discusion, polo que volvemos o de siempre. Eu penso que o unico que intenta con ese comentario é que pensemos que aljunha xente de camelle está totalmente de acordo con vender as suas leiras na jandriña, pero sejuro q quen queira q sea ese anomino non ten nin unha puñetera leira ali. é mais arriscome a dicir que sei de quen se trata, vamos, q sejuro q se trata da misma persoa q fixo outros comentarios de ese estilo noutras noticias publicadas nesta web que o unico que trata é de poñer cizaña.sólo lle faltou falar de politica!
sabes que anonimo?a palabras necias oidos sordos.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE