O Grupo Popular do Concello de Vimianzo quere levar a pleno unha serie de propostas para que a zona de Sabadelle sexa declarada como ben de interese cultural dentro do catálogo actual Municipal. Pediron que este tema sexa tratado no próximo pleno. O que queren conseguir é o apoio do goberno municipal para que deste xeito o entorno de Sabadelle entre dentro do inventario de patrimonio do PXOM e así poder intervir a UNESCO.
Para xustificar e conseguir esa calificación expoñen as seguintes xustificacións:
1- Sabadelle é a única saída o mar do concello
2-Lugar de interese paisaxístico e natural
3-Antigo enclave baleeiro (s.XIII), orixe do pobo de Camelle
4-Existencia de petroglifo da idade de Ferro
5-Poboado de orixe medieval
Fonte: quepasanacosta
2 comentarios:
Alégrome moito de que, polo menos, plantexen o asunto. Dame igual da tendencia política que sexan. Amosan interés pola defensa da mínima superficie de costa que teñen. Tampouco me importa que existan outros intereses soterrados. Respecto as tendencias de cada un, sempre que mostren, como mínimo, un certo sentido común cara as persoas e o seu contorno.
Haber se consiguen salvar polo menos o pequeno anaco de terra que ten o concello de Vimianzo.
Quen nos iba dicir que temos unha casa nobre en Sabadelle, desde logo non sabemos a riqueza que temos nese lugar. Haber se o concello de Vimianzo logra facer algo e se pode salvar o lugar das garras da piscifactoría.
Publicar un comentario