Xa tendes abaixo de todo as fotos da inauguración das exposicións, dos cadros de Rosario Palacios, dos artistas mallorquinos ( Arte para a vida ), do noso amigo camellán Manolo Pose ( O museo de Man ao longo do tempo ) e do obradoiro para nenos que se fixeron en Semana Santa na Casa de Cultura.
A verdade é que o mércores e xoves non houbo moitos visitantes, pero o venres e sábado podíase ver moitísima xente visitando a exposición e o noso pobo.
A que espertou máis expectación e chamou máis a atención foron as fotos de Man feitas por Manolo (Pitara), e non o digo porque sexa camellán, se non porque eran impresionantes e estaban en boca de todos.
Tamén hai fotos do noso blog, pero estas son de moi pouca calidade, comparado coas de Manolo.
No acto de presentación do mércores pola mañá estiveron os membros do padroado encabezados polo presidente da Fundación (Pichurri), varios concelleiros/as, a xerente, persoas relacionadas co mundo da cultura e moi pouco público.
Alí foron leendo varios manifestos e compartindo agasallos.
Por certo, a xerente da Fundación, Sabela Mariña, fíxome chegar moi amablemente a clave para acceder a rede wifi instalada na Casa de Cultura.
A clave é a seguinte: C0030DADD4627
Xa non tendes escusa para visitar o blog dende Camelle, soamente tendes que ir a Casa de Cultura ou nun lugar preto e poñer o código facilitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario