Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 21 de abril de 2009

Novas de Camelle


1. Xa están en marcha as obras de pavimentación e saneamento da rúa da igrexa.

A obra, incluída dentro do famoso Plan E do estado e executadas polo Concello de Camariñas dentro do Fondo Estatal de Inversión Local, foi adxudicada a empresa camellana de construcción "José Antonio Pose Romar y Otro, S.C." por un importe de 47.471,11 euros e un período de execución de 4 meses.


2. Este domingo, o arquitecto da Ponte do Porto, Vicente Rivas, expuso nun aborratado salón da Casa do Mar ( por certo,bastante deteriorado xa que o teito parece que vai caer a cachos ) ,a tódolos socios da Asociación de Veciños o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os socios preguntaron ao arquitecto as dúbidas referentes a este plan e o que se podería facer en caso de non estar de acordo.

O arquitecto aguantou estoicamente e moi pacientemente as preguntas dos alí presentes, xa que en moitas ocasións, as gañas de preguntar da xente polos seus terreos debido a falta de información, fixo que imperara o caos por momentos.

A Asociación de Veciños quedou bastante contenta de ver a tanta xente informándose e de prestar,unha vez máis, un bó servizo ao pobo camellán.


3. O fin de semana vindeiro ( do 1 ao 3 de Maio ) celebrarase na Casa de Man e organizado pola Fundación Man a terceira edición do Encontro e Natureza Man de Camelle da man do Grupo Arou e con dúas novidades.

A primeira é que os veciños de Camelle poderán tomar parte nesta peculiar iniciativa artística que se inspira no traballo do anacoreta de Camelle; será un modo de involucrar á sociedade nun terreo que, a priori, está só reservado aos especialistas.

A segunda novidade será a artista invitada. A protagonista será Xela Marx, actriz e investigadora das artes escénicas e do movemento artístico e que impartiu talleres en España, Portugal e Brasil, colaborando desde o 2005 no proxecto docente de Fernando Casás.

Máis info : La Voz de Galicia


4. Xa temos por fin a foto dos gañadores do III Campionato de Futbolín " Bar Goma" que se celebrou o pasado día 11 neste bar camellán.

Inscribíronse bastantes equipos e levaron premios os tres primeiros clasificados ( trofeos ) e o derradeiro equipo ( unha pota ).

Esperemos e apoiamos dende esta web que sigan estas e outras inciativas, tanto lúdicas como deportivas e se volvan a repetir.

Por certo, que xa se me esquecía, os gañadores deste campionato foron dous usuarios deste blog, David e Kikote, noraboa.

13 comentarios:

karavich dijo...

carallo que ben lle peja o David pa faltarlle media man.Ou os outros eran moi malos.
NORABOA OS GAÑADORES.

Anónimo dijo...

si si, contiños... Pero seluis e mais eu janamos a pota!!!
que era mais jrande cos tres trofeos xuntos

maría dijo...

Eu si son da asociacion de veciños, non fajo nada mais polo pueblo,porque a reunión da casa do mar paresía un jaliñeiro e non sei como ajuantou ese arquitecto as prejuntas das jaliñas de siempre que teñen moi pouca educasión e non o deixaron falar.En ves de escoitar e despois prejuntar por barrios,cada jaliña prejuntaba polo seu corral e os demais que lles dean.Lamentable.

Anónimo dijo...

cada un ten que prejuntar polo seu amin pareseme normal. non sei que ladras ti. será que eres muy jaliña ti me parece a min.un pouco de respeto compañeira

Anónimo dijo...

o jañar o campionato do futbolín, sejuro que aljúns están como os da cadea porque pensaron que eran moi bos.... pero nin fecha

xan dijo...

Donlle a rasón a María,eu tuven alí e a verdad si que paresia un jaliñeiro e non deixaban falar o arquitecto e siempre falaban as mismas sin pedir a palabra.Por eso marchei.

Anónimo dijo...

A se preferia un vibrador

Anónimo dijo...

Ajajajja...teño q reconoser q Daví e O perexiño non son malos..

pero os verdadeiros janadores eran Ruben da cantora e o Parras!!estes si que sojan!!!!
Que taban todos como o da cadea cando de 6 partidos solo lle meteron 2 joles e devonvos a tunda a todos!!qdaron eliminados polos xanxullos de siempre...

Disestedes q a sejunda liguilla se sojaba outro dia, marxaron pa ponteceso e vos sejistes sojando!!

ELES SON OS MILLORES!!!

karavich dijo...

ui,ui,ui,parese que esto cheira cada ves mais a tongo,o mismo có cartel que sae no escomenzo desta noticia,por que sobre éste asáltanme varias dúbidas que espero que alguén mas poda aclarar.
¿Son estes os famosos carteis que se iban a colocar nas obras que se farian có famoso plan de ZAPATERO?
¿Este plan,teóricamente,non estaba concebido para intentar paliar o paro?
¿Non vos parece que os cartos que se destinan a esa obra está algo abultada?,(Outra que se fixo recentemente,creo que non chegou a eses cartos a pesar de ser mais gande.)

o croco dijo...

TONJO O MEU CARALLO!!!que di a xente que faltaban os dous cabesudos,si marcharon e porque fixeron cakita,ninjunha parexa que taba ali marchou, sojaron asta o final pero houbo dous cajons que marcharon,ahora o que non deberian e sejir fasendo o bobo e falando tonterias!!

napoleón dijo...

RESPOSTA A KARAVICH, QUEROCHE INFORMAR QUE AINDA QUE UNHA OBRA PAREZA MÁIS GRANDE QUE OUTRA, NON TEN PORQUE COSTAR MÁIS CARTOS. ISO VAI DEPENDENDO DAS UNIDADES DE OBRA QUE APAREZAN NO PROXECTO E DO TRABALLO QUE HAI QUE FACER NELA.
O DO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL, UNHA MERDA. UNHA MANEIRA LAMENTABLE DE ENGANAR AS ESTADÍSTICAS DO PARO, REMÁTASE A OBRA, TRABALLADOR FORA. NINGUNHA EMPRESA DAS QUE HAI POR AQUÍ PODE PERMITIRSE O LUXO DE CONTRATAR ALO-MELLOR 4 PERSOAS E ACABAR CUNHA PLANTILLA DE 17 TRABALLADORES, DAQUELA "APAJA E VAMOS". E AINDA POR RIBA PARA COBRAR ESA OBRA TES QUE ENVIAR OS CONTRATOS A MADRID E QUE ZAPATEIRIÑO OS VEXA E SI ESTÁ CONFORME PAGA E SI NON, QUEDAS A VELAS VIR.

karavich dijo...

Gracias por aclararme esas dúbidas que tiña e que non entedía moi ben,non po-los cartos en sí,si non po-lo de sacar a xente do paro.
Sin embargo,esta e a miña modesta opinión,penso que ante a imposibilidade de que as empresas contraten xente dó paro(que para eso se fixo este plan)podian ter preferencia as empresas que mais dificultade teñen para manterse no mercado laboral,que de éstas seguramente hai bastantes.


PODIAN CONTRATAR,POR EXEMPLO,O BARSA,ESA SI É UNHA EMPRESA DE CONSTRUCCIÓN(UN POUCO LENTA,TAMÉN HAI QUE DECILO)POR QUE UN ANO FÍXOLLE Ó MADRÍ O PASILLO I ESTE ANO FÍXOLLE O "BAÑO". JE JE JE.

Anónimo dijo...

o que se demostra é que o nivel de futbolín en camelle está polo chan.
Se vindes xojar a ponte estades todo o día pasando por debaixo do futbolín......

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE