Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 4 de agosto de 2009

Festas do Carmen 2009




Éxito total e absoluto das mellores festas do Carmen que se recordan en Camelle.

Espero que xa recuperárades un pouco despois de tanta festa, eu aínda non estou recuperado de todo, debe de ser a idade.
Bueno, resumindo un pouco, para todos os que non poidestes estar nestas magníficas festas do Carmen, soamente dicir que a Comisión de Festas puso o listón moi alto este ano, porque estas festas foron apoteósicas.
O venres, moita xente na churrascada e tamén pola noite, un pouco deslucida pola choiva, que non amedrentou aos máis festeiros para bailar e gozar coas dúas orquestras.

O sábado pola mañá tamén choveu e o vento do norte fixo acto de presenza, polo que a misa no peirao tivo que facerse no interior da lonxa e a procesión marítima suspenderse ata o domingo.
A pesares do orballo, a nosa querida danza de arcos, percorreu o noso pobo cunha maestría absoluta, que causaba a admiración dos asistentes.
Pola noite, centos de persoas admiraron os espectaculares fogos de artificio e vibraron ata o amencer coas tamén dúas magníficas orquestras Trole e Foliada, esta última proxectou na súa pantalla xigante imaxes de Camelle cedidas por este blog e vídeos de percebeiros camelláns e da danza de arcos.

O domingo, con un sol radiante, saíu a procesión marítima coa virxe.
Pola tarde, os máis cativos disfrutaron cos xogos e coa espuma na praia.
Pola noite, non cabía un alfinete para ver as afamadas orquestras Ciclón e París de Noia.

Quero agradecer, unha vez máis, o traballo da Comisión de Festas e a tódala xente que colaborou para que estas festas, como ben dixo Perla, " non as esquecerá ninguén ".

Xa tendes na parte de abaixo do blog, tres galerías de fotos con case 300 fotos das mellores festas do Carmen de Camelle.
Estou editando un vídeo especial sobre a danza de arcos, a procesión marítima e os fogos; en canto o remate verédelo aquí.
.
Máis info : o noso amigo e colaborador deste blog, Xurxo, acaba de crear para a ocasión un blog sobre a danza de arcos de Camelle.
Neste blog encontraredes, como non, unha ampla galería de fotos da danza de arcos deste ano.
Pinchade neste enlace para entrar no blog e ver máis de 300 fotos ( Blog Danza de arcos ).

41 comentarios:

Anónimo dijo...

As opinions son coma os cús; cada un ten a súa e é diferente da dos demais, nin mellor nin peor: diferente.
Xa acabaron as festas e eu von dar a miña opinión.
A churrascada: genial. O primeiro pase da Paris de Noia: espectacular. A orquesta ciclón: mallada. A danza de arcos: coma sempre perfecta. Os fuejos artificiales: moi chulos.
Levar duas orquestas o viernes MALAS fai que queden menos cartos e o sábado teñas que levar orquestas moi MALAS.
O segundo pase da Paris de Noia defraudoume totalmente, no primeiro o espectáculo que montan e genial, pero como orquesta non animan un carallo.
Os xojos da plaia e a festa da espuma estuveron mui deslucidos. Como non houbo partidos de futbol na area como os últimos anos?
Non sein como sería polo muelle, pero polo resto de Camelle parecía que non estabamos en festas.
En general non me justaron. As do ano pasado cajaron mil veces por estas

Anónimo dijo...

A comisión de festas está a traballar a reo en facer as mellores festas posibles pero, na miña humilde opinión, hai cousas que debería cambiar se queren seguir tendo o apoio da xente.
As festas son de todos e para todos, porque, ainda que quen mais traballa son eles, pagámolas entre todos e todos colaboramos dunha ou outra maneira (xa sexa dando cartos, mercando rifas ou falando ben e promocionando as festas)
Polo tanto considero que a festa debe ser en Camelle e que todo Camelle debe desfrutar das mesmas. Este ano a festa estivo concentrada nun único punto (agás os fogos porque non había outro sitio donde poñelos) e creo que o resto da xente tamén ten dereito a ter un cachiño das nosas festas...

xan dijo...

Nunca se pode estar a justo de todos...
Neste blog houbo suxerencias pedidas por Perla para mellorar e ninguén dixo nada e agora que acabaron as festas, veña a criticar que esto poderíase cambiar,e esto estaría mellor,etc.
Para mín foron as mellores festas que vivín en Camelle na miña vida e claro que se podía cambiar algunha cousiña, pero eso dise antes, non despois.
Para falar e criticar hai xente,pero para traballar hai pouca.

Anónimo dijo...

Xan, si non se pode OPINAR, dilo e xa está. Pa ti foron as nellores da tua vida, perfecto. Pa min non. Esto non quere desir que este en contra da comisión nin de nadie. Sólo é a miña opinión. Sinto que non che juste. Po ano que as volvan a traballar outro tanto. Cojonudo. Pero a mín, po meu justo, sin despreciar as deste ano, sin despreciar o traballo de toda a xente que axudou, que é muita non sólo Perla, a mín, repito, justaronme mais as do ano pasado mil veces.

xan dijo...

Eu non son quen para decirche que non opines,para eso está o que fai este blog e cada un pode opinar o que queira,por iso eu tamén dei a miña opinión.Punto.

Pocahontas dijo...

Eu doulle a razón a xan,para mín tamén foron as mellores festas do carmen que recordo.
Chapó para a Comisión de Festas.

Anónimo dijo...

os fogos podianse facer no aleman, non solo na praia...
¿acaso no campo do santo estaban as festas mais repartidas??
para min foron as millores con muita diferencia!

Anónimo dijo...

Este ano foron as mellores FESTAS que recordo en Camelle. Con 2 orquetas por dia, cada unha mellor ca anterior.
Para min a unica pega que se lle pode poñer este ano foi o tempo, a chuvia do venres perjudicounos a todos, pero non estaba na nosa man podelo mellorar.

Non entendo os comentarios anteriores, creo que a xente que esta a criticar ahora a festa esta mirando mais o seu bolsillo que o mellor po pobo.

Supoño que xa todos sabedes de onde proceden eses comentarios!!!
Creo que tiñan que mirar mais polo seu traballo e deixar os do demas!!

Anónimo dijo...

Para min as mellores festas dos ultimos anos!!

Noraboa a toda a Comision e a xente que lle puso unha man!!

Anónimo dijo...

A ese grupiño que se reune no pub e non sabe facer outra cousiña que criticar o traballo dos demáis so lles digo que se dediquen a mirar polo seu traballo, e se non queren botar unha man á Comisión tan no seu dereito, pero que tampouco fagan reproches gratuítos cando a Comisión está aberta a suxerencias SEMPRE. Mirade pola Asociación de Veciños que últimamente pouco se sabe dela. Bueno sí, cando quere ir a competencia da Comisión facendo festiñas mediocres para que os camelláns non nos olvidemos que para que algunha que outra cousa si sirve.

eu dijo...

Anónimo, non seas tan sisañeiro e crees polémica cando non a hai, porfavor, tas máis juapo calado que fasendo suposicións, ou será envidia porque non tes amijos?

Anónimo dijo...

ya empezamos con que si los que se reunen en el pub, que si la comision de fiestas tal que si los otros pascual, esta claro que nunca va a ser a gusto de todos pero cuando las cosas se hacen mal hay que reconocerlo. Vamos a ver para mi opinion y digo mi opinion las fiestas del año pasado estuvieron mil veces mejor y mucho mas repartidas. Las orquestas de este año un asco menos las del domingo, asique a la gente que dice que las orquestas fueron las caña devieron de estar en otras fiestas, el churrasco genial, ademas se vio que la gente participo mucho,la fiesta de la espuma y los juegos en la playa fatales, nada que ver con las del año pasado y donde esta el partido solteros contra casados??eramos un pilon.Lo que a mi me parecio FATAL es que TODO se concentrara en una zona, hombre esta genial salir da porta da casa y tener todo el tinglado al lado pero en las fiestas todo el mundo tiene derecho al pan y mas cuando se ha colaborado. ¿porque este año no habia gente que baila los arcos repartida por todos los bares del pueblo como otros años???Nadie se fijo en este detalle, todos en la tasca de la comision de fiestas, porq?? Y otra cosa, vale que perla organiza muy bien las fiestas y que es un trabajo muy duro, pero nadie la manda estar ahi parece que si no se la reconoce a todas horas su labor no esta bien, nunca unas fiestas de camelle dejaron tan claro lo unido que esta el pueblo.

Anónimo dijo...

Eu bailei nos arcos e si fun o bar da Comisión e porque nos invitaron a unha consumición, nadie nos obligaba a quedarnos alí. Por outro lado ninguén se acorda que outros anos as festas tamén se centraban no outro lado do pueblo e ninguén criticou a ninguén, pensarán que tiñan a hexemonía. Os comentarios eses de quenes queren que se repartan as festas e de xente que só pensa nos cartos e non no beneficio do pueblo.

Anónimo dijo...

Tes rason anonimo,pa ke ir a outro bar? total pas catro perras ke dan,todos teriamos ke consumir no da comision ke son os ke fan as festas,e non dedicarse a consumir en ninjun bar nin faser botellon.

eu dijo...

e eso de que as orquestas do viernes e do sábado non valían para nada,serán baixo a túa perspectiva anónima, porque o viernes a Jerusalén estuvo moi pero que moi ben,eu estuven asta o final e o trío para ser solo tres tuveron ben.
O sábado tamén tuven hasta o final e a foliada arrasou e a trole como sempre na súa boa liña.
Non sei que queredes cos 20 ou 30 euros que dades, si tal o ano que ven traemos a u2 ou a bruce springsteen...

Anónimo dijo...

O que faltaba, ahora sabes ti o que dá cada un pa festa, ou mellor ainda, porque non nos dis o que temos que dar...??? Pode que seas un pouco linjua de trapo e tamén pode que non deras nin un peso e por eso as orquestas che pareseran maravillosas. Tamén pode ser que a tua sea a palabra de Dios e todos teñamos que decir amén ainda que non nos justaran.

Anónimo dijo...

As festas de Camelle fai anos atras e con outra comision tamen eran de todos como di un . Pero a quen traian, A Pili Pampin e a toda a borralla que habia por ahi e mais, ou menos a xente daba o mismo que ahora pas festas. Onde poñian os cartos. Seguramente non grupo que lle chaman Mar Golpe. O que critica a ente que forma pate de esta comision non ten nombre, xa que somos a envidia sana da mallor parte dos pobos do noso entorno, asi que podedes criticar o que queirades pero ai moitos anos que nas festas do Santo e nas do Carmen non oubo tanta xente no noso Pobo. Animo comision e colaboradores non fagades caso a borralla. Po ano mais e mellores. E osque queiran ter a festa o caron do seu negosio que as fagan eles, como fiseron por San Juan.

Anónimo dijo...

A comision tinan que faserlle un monumento polo seu traballo,e tinan que lojrar que todolos bares de camelle serraran as dose da nuite pa ter a todo mundo na festa e consumir solo na taberna da comision.
viva a comision viva a taberna da comision

Anónimo dijo...

Creo que a xente de Camelle non nos vamos a dar conta do que temos hasta que o perdamos.

Despois volveremos a ter ir as festas dos pueblos veciños a ver os fuegos artificiales, a ter unhas orquetas coñecidas na sua casa....

E despois quero ver o que di toda esa xente que ahora critica tanto.

Anónimo dijo...

Sondes uns faltons de carallo...
Aqui se non se dí que todo foi maravilloso disparase contra todo e contra todos, contra o comisión anterior, contra a xente do pub, contra os que dan 20 ou 30 euros, contra a asociación de veciños...
E todo por decir que as do ano pasado (que por serto as fixo a mesma comisión de festas) me gustaron mais, alá vos!!
Sondes estupendos, os mellores do mundo e fixestelas festas mais maravillosas que recorda ninguén. As orquestas fenomenais e todo estupendo.

Anónimo dijo...

AIIIIII PARADE OHHHHHHHHHHHHHHHH
POLA VIRXEN DO CARME E POLO ESPIRITU SANTO
PARADE CON ESTE TEMA QUE O UNICO QUE SE VAI LOJRAR E QUE PENSEN UNS MAL DE OUTROS,NON VOS DADES CONTA QUE SEMPRE HAI ALJEN QUE O UNICO QUE QUERE E POÑER SISAÑA.
JODER,QUE SOMOS JRANDIÑOS.

María dijo...

A veses teño verjonsa ajena de aljunha xente de Camelle, dades asco, en ves de apoiar o pueblo veña a criticar... así nos vai.
Que tan mala a envidia e canto envidioso hai no noso pueblo, menos mal que é unha minoría,pero bueno, a culpa é nosa por sejirlle o rollo a estes anónimos ou trolls que non fan máis que meter sisaña.

Anónimo dijo...

de acuerdo con Maria. O mellor dos comentarios

Anónimo dijo...

Mirade non se pode faser unha festa na porta de cada bar! Se aljun quere a festa na porta do seu local, pois que faja como o joma, montas unha taberna na festa e punto! asi que a calar, xq a comision non tivo ningun fallo. As festas foron estupendas, OS TRES DIAS!! e se foran catro tamen serian malladas xq esta comision e a mellor que tivemos nunca!!

Camellana dijo...

Donlle toda a razon a Xan cado nun comentario de esta noticia puxo que `` para falar e criticar hay xente pero para traallar hay pouca´´. Case toda a xente que lle pon pegas as festas non colaborou nada ou pouco colaborou. Porque cando se colabora ou fas algo bo para que todo sala ben sempre lle miras a parte positiva, non lle pos pegas.
Desde hay uns anos as festas son espectaculares ,creo que deberiamos de estar moi contentos co que temos porque poderia ser moito peor. E xa se sabe que non sabemos o que temos ata que o perdemos.

Moitas felicidades a comision e a toda a xente que moito ou pouco colaborou! Unhas festas innolvidables.

Camellana

perla dijo...

uen nome da COMISIÓN DE FESTAS dar as gracias a toda xente que de unha ou ouutra maneira colaborou con nós pa que estas festas saíran da mellor maneira posible,a colaboración do pobo mellor q nunca,senon imposible facer estas festas.nos pola nosa parte faremos todo ó posible pa que cada vez sean mellores.E imposible facelas o gusto de todos e eu respeto as opinións de toda xente,todos temos dereito a opinar.graciñassssssss a todos,non sabedes o orgullosa q me sinto d ser camellana e que as nosas festas sexan xa recoñecidas como unhas das mellores de esta zona.este ano n comisión hai xente mui traballadora da q eu ton moi contenta de poder contar con ela.O q digo sempre:en CAMELLE SE QUEREMOS PODEMOS.quero aclarar tamén q a comisión non é a misma do ano pasado,se non vos esquecedes nas festas de CARMEN DO ANO PASADO FACÍASEME A ENTREGA DUN RAMO DE FLORES POR FACER AS FESTAS EU SOLA.

Camellana dijo...

Así e fala, si señor.
Non sei como hay xente qee non lle gusten as festas camellans!!

karavich dijo...

Parese que nas plegarias que fixo o pobo a VIRXEN DO CARMEN e OS REMEDIOS esquenceronse de pedir que dote a xente deste pobo de un pouco mais de cordura e de sentido común,e que elimine dunha puñetera vez a envidia,os celos,a rabia e todos os malos sentimentos que aqueixan o ser humano por que esto que estou a leer non é digno dunha sociedade que se chama a si mismo civilizada.Todo mundo ten dereito a dar a súa opinión pero,¿que tal si o facemos dunha maneira mais constructiva e non tan destructiva?.Veredes como asi non iría mellor a todos.

Xustiza dijo...

Un millón de jrasias para a comisión!! como dixera o compañeiro Castelao: "Non lle poñades chatas á obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n'ela; hai sitio pra todos"

merda de jaliña dijo...

Mirade eu creo q esta comision e millor q vin eu en camelle dende fai moitos anos ,e os q non esten contentos q vaian pa arou,no te jode ahora de axudar case todos a tocarse o carallo e ahora de criticar parece q vos leva a vida.Pos a currar q si en ves de andar a toca-lo carallo estuverades a traballar seguro q este pais iba mellor.un saludo a todos e a adoquinar q ven ahi S.Miguel.

Anónimo dijo...

Acordome cando a sardiñada do carmen se facía no solar no que esta feita agora a casa cultural, o pub sempre estaba cheo de xente ata o día seguinte. ¿Porqué a xente non vai agora? Cada un que pense o porque. Creo que a maioría coincidiremos.Será que o ambiente xa non é o mesmo?

Anónimo dijo...

como aljen di por aqui as festas son de todos e para todos, camelle non e tan jrande como para cansarse de ir hasta a muralla "non o muelle" que non é o mismo. As festas para min fanse no millor sitio posible, si non fose polo tamaño dos palcos o millor sitio seguiria sendo o Campo do Santo. Faselas na areaderiba tamén e outra osion pero esta comision desidio facelas na muralla e ai que respetalos. O millor no futuro cambiase de comision e desiden outro sitio, o importante é que axa festas en camelle e non pensar no venefisio dos bares, uns antes janaban mais que ahora, ahora tocalle a outros esto vai por epocas.

Anónimo dijo...

contestando a prejunta que fai o anonimo "porque a xente non vai o pub?" o millor e pola economía.

Anónimo dijo...

Pois tal vez sexa pola economia ainda que hay pouca diferenza de prezos con outros bares

Anónimo dijo...

Pouca difrencia habera, pero o pub e o bar mais caro de todo Camelle.
E se tomas unha agua non o notas pero a cubatas o final notase de carallo.

M.L. Baña dijo...

A ignorancia é o peor mal que afecta a un pobo; e o insulto é o camiño mais facil.
Porque non leemos duas veces o que dín os demais antes de insultar ou acusar a nadie que, probablemente, non ten nada que ver no tema.
¿¿¿Non debería a defensa ser proporcial a afrenta???
Porque eu, por muito que leo e releo, o único que vexo e que a aljén non lle gustou a festa (tampouco vexo crítica desmesurada nin falta de respeto en esas opinions) e, apartir de ahí, insultase, menospreciase e atacase a bastante xente para defender algo que se defende por si sólo...
Cun pouco de respeto todos nos sentiríamos mellor, e como dí Perla en CAMELLE SE QUEREMOS, PODEMOS.

Anónimo dijo...

me ha gustado el comentario del anonimo de hoy de las 11.33!

Anónimo dijo...

a area de riba ta moi ben tamen, pero temos o problema do vento (frio).Eu po que axudei as festas tan de p. m.. si aljen cre que as fai mellor que colla a comision, pero perla colliu porque nadia a quixo.E aljuns que falan x ahi é verda que son ignorantes, porque se saben o que costan as orquestas e que en camelle hai unhas 300 casas redondeando pa pedir, caerialle a cara de verjonsa. Aunque non deben de ter muita pa falar asi das festas de Camelle.E a xente particular disfruta das festas, pero os bares frotanse as mans cando as hai, hubera mais. O de repartir as festas, o domingo houbo actividades na praia, beneficio po pub, ou quereas dentro do local. Se a festa da espuma non valeu pa nada, foi culpa da comision que a fixo ou culpa da xente que non foi a ela?

Anónimo dijo...

o que non lle justen as festas que fai perla pos que as faja el e punto, porque sejuramente non lle chejaria a suela dos sapatos a perla. solo faltaria que despois das pedaso de festas que nos fixo a xente se queixe

o quimico das patacas dijo...

nunca tamos contentos se ven a paris as outras din q son unha merda,con perdon ,pero antes segun di algun eran unha merda todas.
Se se fai no muelle tampouco nos gusta,porque e mellor segun alguns donde se facia sempre,e eu digo pq?
Se astano vaila pq non se retira,e se non vai el ides vos?
Se os fogos se fan na area os do fraile e a portela non o ven.
Se o porco lle toca a Karina a quen lle toca ela,eso preguntomo eu.
Asi q penso q nunca ides a estar contentos e o mellor sera pasar de vos,Perla unhas festas malladas ,saludos e a ver con q nos sorprendes po ano.

BARROSA dijo...

Non sei como se pode cuestionar así a unha persoa que o fai todo polo pobo de Camelle, haber quen é o valiente que quere e pode superar o seu traballo. Que fácil é desbardallar!. Eu si son ela e leo estes comentarios, mandaría todo ao "jarete". ¿Porqué tería eu que aguantar todos estes comentarios cuestionando si o meu traballo está ben ou mal feito?. As festas son para disfrutalas, si quitas ou non ganancia delas, iso é secundario. NON SE PODE DESMORALIZAR NIN DESVALORIZAR ASÍ ÁS PERSOAS. (Eu non son de Camelle, pero quen me dera que as festas do meu pobo valesen a metade das de Camelle e iso que é un pobo máis grande).

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE