Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
miércoles, 5 de agosto de 2009
Os segredos de Man
O legado de Manfred Gnädinger: propostas á chancelería alemá de man dura contra o terrorismo, premios de repostería, un filme biográfico desaparecido ou a alta nunha axencia matrimonial.
Man, o alemán de Camelle, pasou varias décadas sen ter apelido, nin familia, nin pasado. Os primeiros xornalistas que escribiron sobre el, nos últimos anos 70 e primeiros 80, marabillábanse co misterio de ese home que chegou a Camelle (Camariñas, A Coruña) en 1962, mercou un pequeno terreo fronte ao mar e rompeu para sempre co mundo. Chamábase a si mesmo o “solitario”, nunca chegou a falar ben o castelán nin o galego, e construíu coas súas mans un museo ao aire libre, no que por un euro deixaba achegarse aos seus obeliscos de rocha, algas e lixo, erguidos nun saúdo cara o mar. Finou o 28 de decembro de 2002, dous meses despois de que o Prestige tinxira de negro o seu fogar.
A Fundación Man, constituída oficialmente en 2008 polo Concello de Camariñas –aínda que xa en activo algúns anos antes– traballa para despexar o misterio e conservar o legado do eremita que facía land art antes de que ninguén soubese o que era o land art. Hai só uns meses fixeron un gran avance imprevisto. Agochadas baixo as táboas do chan da súa vivenda de cinco metros cadrados, atoparon varios paquetes de cartas, que arroxan luz sobre os aspectos máis íntimos de Manfred Gnädinger.
Ese epistolario en alemán e español está a ser clasificado e traducido pola fundación, mentres espera a que cheguen as autorizacións pertinentes para a rehabilitación do museo de Man, actualmente paralizadas por cuestións burocráticas. O alemán agochara cousas como a súa solicitude de alta nunha axencia matrimonial suíza, enviada dende Camelle en 1969, ou o Premio Federal que gañou polas súas habilidades como pasteleiro en Alemaña, en 1953. Sabela Mariñas, directora da Fundación Man, explica que “hai referencias a algúns dos pasteis que deseñara como reposteiro, e algúns seméllanse moito ás estruturas verticais que logo fixo nas pedras”.
Tamén hai material máis emotivo, como o que probablemente sexa o seu último escrito, datado entre o 7 e o 28 de decembro de 2002: “É insoportable para min esta aparición. Eles observan só un piollo de mala sorte. Porén, estou feliz de ter chegado case aos 67 anos. Estou marcado pola idade. Eu estou (palabra ilexible), para ser pronto destronado. En vez de queixarme e lamentarme, entregarme, escribir para distraerme. Quen somos? O mundo queixarase sobre nós e sobre si mesmo”. No paquete atopáronse tamén cartas dirixidas á súa familia en Alemaña, irmáns e sobriños cos que case non mantivo contacto nos 40 anos que pasou en Camelle. “Hai tempo, díxenme: un coma ti debe vivir só”, afirma noutro dos seus escritos redactados para si mesmo.
Queda constancia dese illamento na última carta que lle escribiu aos seus familiares, o 5 de abril de 2002: “Querida Waltraud e querido Roland, escribo moi preocupado por min. Tan preocupado estou porque vos fixen agardar máis de 40 calendarios e máis. Finalmente, vostedes escribíronme para o meu aniversario, lembroo con morosidade. Ninguén debe pensar que lle debo algunha carta, e así todo o ano, unha e outra vez. Cada día vez teño menos ganas de escribir, o silencio achégase cada día máis. (...) Deberiamos deixar as cousas como están? O máis importante é que cada un viva como lle pareza, os tipos raros como tipos raros, e vós como vós sodes”.
Segundo testemuñan as cartas, a familia pasou anos sen saber del, ata que o localizou por casualidade un dos seus irmáns, que coincidiu nunha viaxe cuns veciños da Terra de Soneira. “Nunca soubemos moi ben por que, pero Man evitou en todo momento o contacto cos seus familiares. Non quería que viñeran”, explica a directora da Fundación Man.Pero o seu illamento non era completo, xa que procuraba manterse informado e tiña moito interese por dar a coñecer a súa obra. Conservanse ademais tres cartas dos anos 70 nas que lle escribiu á Chancelería de Alemaña. Pediu nun caso a aceptación dun tratado de desarme, e nos outros recomenda man dura co terrorismo e non negociar a cambio de reféns, na época de actividade da Brigada Baader-Meinhof.
A PEOR ÉPOCA DA SÚA VIDA
Os veciños de Camelle e a prensa que antes o describía con titulares como “Envejecer en tanga” souberon aló por 1985 que Man fóra noutra vida un tal Manfred Gnädinger, de profesión pasteleiro. Nese ano, foi detido pola Garda Civil e xulgado por un presunto abuso a unha menor da vila. Foi absolto, pero nos arquivos da Fundación Man queda constancia de que foi un proceso longo.Co seu cativo dominio do castelán, o “solitario” atopábase perdido no proceso xudicial, e tivo que reclamar asistencia do Consulado de Alemaña. Soubose entón que a súa entrada en España fora á marxe das aduanas –en tempos anteriores a UE sen fronteiras–, e que tampouco tiña ningún documento identificativo. O cónsul logrou atopar o seu rastro en Alemaña, e o señor Gnädinger tivo que facerse un pasaporte para seguir adiante coa causa xudicial: “Si el juez o el fiscal me mata con pistola es más correcto, porque menos duro. El castigo contra mí no es justificado porque sin prueba. La palabra contra mí de una niña de 6 años no es prueba justificada”, asegura Man nunha carta que remitiu ao xulgado.
Tamén en 1985, comezaron as obras de ampliación do dique de Camelle, un novo muro de formigón que chegaba a tocar unha parte do museo do eremita. Cando o soubo, Man fixo todo o posible por deter as obras e variar o trazado. Colocouse el mesmo, acompañado polas súas esculturas de algas, diante da maquinaria, e remitiu cartas as distintas autoridades competentes. Chama a atención a dirixida á Xunta de Galicia, cun debuxo dos seus obeliscos e unha lista de 32 argumentos, máis ben poéticos, para explicar por que o novo peirao non debería tocar “el último paraíso de seis metros sin rellenar”, no que “hay de todo para toso, si no somos ciegos”. Xa prosaico, proclama as súas sospeitas de que o recheo é grande de máis polo interese dos donos das fincas polas que pasaba –máis cartos polas expropiacións– e despídese cun admirativo“Viva la Costa da Morte!”.
A cruzada do “alemán tolo” contra o peirao tivo éxito, e corrixiuse o trazado do dique para non afectar ás súas terras. Porén, isto non lles sentou ben a algúns veciños, que decidiron demostrarllo dándolle unha malleira e estragando parte do seu museo. O propio Man explica o incidente nunha carta ao director que enviou a El Ideal Gallego, a La Voz de Galicia, e ao desaparecido Galicia Viva, de Ourense: “Por el pueblo de Camelle, el día 17.10.85 con escarnio y el sacerdote, grandes destrucciones del museo, porque el Estado con su proyecto de muelle no toca el museo del solitario. (...) Desde el museo existe: Sólo medio pueblo contesta mi saludo. Pero Camelle es buena gente, yo quiero mucho”. Segundo comenta Sabela Mariñas, “foi unha época moi dura para el. Tanto que ata lle cambiou a letra”.
O DOCUMENTAL DESAPARECIDO
Man cobraba un prezo simbólico por visitar o seu museo, por “entrar no seu mundo”, como dicía. Nos seus últimos anos de vida, o donativo era dun euro, poucos cartos, pero abondo para quen non gastaba en roupa, nin en desprazarse, e comía habitualmente algas e mariscos que el mesmo collía. Á súa morte, tiña aforrados 120.000 euros, que lle legou ao Estado e dos que “nunca máis se soubo”, segundo Mariñas.
Pensaba que “economizar é arte” e facíalle doazóns habituais á Cruz Vermella. Durante os 70 e 80 gastou parte deses fondos en intentos de dar a coñecer a súa obra. Foi a época na que máis apareceu na prensa e na que contactou con TVE e coa Bayerischer Rundfunk, a televisión bavára, para que fixeran unha reportaxe sobre el. Adoitaba acompañar as peticións con donativos de 500 pesetas.
Un tal Juan Marallach quixo facer unha película sobre Man e o seu proxecto, pero a produción pasou por varias dificultades técnicas, e o anacoreta tivo que poñer cartos en varias ocasións. Aínda así, non hai constancia de que o filme chegase nunca a existir, nin se sabe que foi do material gravado. Unha figura como a de Man de Camelle nunca revelará todos os seus segredos.
Fonte : artigo publicado no diario dixital xornal.com e escrito por Arturo Losada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2009
(259)
- ► septiembre (17)
-
▼
agosto
(14)
- Cerrado por vacacións
- Historia de Camelle ( III e derradeira )
- A.X CHERINKAS (Vídeos de humor local)
- Tow-in Costa da Morte
- Fotos antigas
- Imaxes do verán camellán
- Vídeo do mes
- Vídeo de humor
- Foto da gañadora do porco
- A praia de Camelle recibirá a area do dragado
- Novas breves
- Rosa Quintana visitou a Confraría de Pescadores de...
- Os segredos de Man
- Festas do Carmen 2009
2 comentarios:
Unha espléndida información polo que nos comunica pero, ademais, cunha cualidade narrativa fantástica ao meu entender. Unha vez máis, chapo Man!
O mesmo digo, moi interesante.
Publicar un comentario