O pasado mes de Abril, o noso amigo e usuario deste blog, Jonás, máis dous amigos "surfeiros" de A Coruña fixeron unha reportaxe impresionante de tow-in (ondas xigantes) nun secret-spot (lugar segredo de ondas) moi preto de Camelle.
Estas fotos que vedes foron as descartadas polo fotógrafo e surfeiro coruñés Daniel Almeida, as mellores fotos sairán publicadas en Septembro na prestisioxa revista de surf 3sesenta ( de tirada europea ).
Polo tanto, os aficionados ao surf de toda Europa, poderán ver a espectacularidade e maxestosidade das ondas da nosa costa tan ben cabalgadas coa súa moto acuática polo noso veciño, Jonás ( o home peixe ).
Reportaxe nº1 : Surfing Life by Dani
Reportaxe nº2 : Surfing Life by Dani
3 comentarios:
joder jonás q si abadeexos , robalos, y aora esto?
como te pasas!
ajajaja
Tremendas fotos, miña nai querida macho!!!
CaRaaLLoo !! Impresionante
Felicidades, a Jonas e aos seus 2 compañeiros polo seu magnifico traballo e a Daniel Almeida por esas maravillosas fotos.
Publicar un comentario