Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 21 de septiembre de 2009

A A.VV "A PERGOLIÑA" Responde.

De novo, a nosa Asociación de Veciños responde as alusións por parte do Grupo Municipal Socialista de Camariñas.

Ante o comunicado de prensa emitido polo Grupo Municipal Socialista de Camariñas, remitido pola súa concelleira Mercedes Martín, a A.VV A Pergoliña de Camelle, vese na obriga de defender os veciños do noso pobo, despois de ser insultado no mesmo, ao tratalo de ignorante e de subestimar a intelixencia dos seus habitantes cando afirman que foron manipulados por veciños de "fin de semana" da asociación.
 Aclarar que os únicos que enganaron e mentiron ocultando o Plan Acuícola foi o Grupo Municipal Socialista, e que os veciños de Camelle decidiron opoñerese a implantación da piscifactoría da Jandriña porque consideraban que esto era unha barbaridade.
Despois de explicarlles aos nosos maiores, pais, avós... como vostedes nos dín, foron éstes os que nos pediron que defendéramos o noso pobo ante estas aves de repiña que por él planeaban, os que dicían que loitáramos ante a inxustiza que nel se quería cometer.
 Vostedes aínda non se decataron de que non erea unha cuestión de cartos, que era igual que lles deran 15 ou 50 euros por metro cadrado, a cuestión é que non querían a piscifactoría na ubicación que estaba prevista porque lles afectaría ao seu modo de vida, e iso, señores, non se paga con cartos.
Por outra parte, si os veciños confían na directiva da Asociación de Veciños é porque se sinten representados por ela, porque son camelláns ata a morte, fillos e netos de camelláns (aínda que dous dos seus oito membros non residan no pobo), porque defende os seus intereses, e porque as decisións que toman acórdase por maioría en asambleas abertas a todos, en lugares públicas e en horarios decentes, non como os representantes do Grupo Socialista, cando co seu sñor alcalde ao frente e acompañado pola señora Mercedes Martín, acudían de noite e as agochadas (coma a Santa Compaña) a casa dos nosos maiores, empregano métodos caciquís para meterlle o medo no corpo, dicíndolles que era mellor que venderan polas boas porque se non expropiaríaselle e non lles ían a dar case nada; e se non confían no grupo Municipal Socialista é porque se sentían traizoados e enganados por eles, e non se sinten representados, xa que no Concello de Camariñas, no equipo de Goberno, non hai ningún camellán, se non que este lugar ocupao unha persoa de fora, que vive en Camelle por circunstancias laborais e non tén ningún apego a este pobo, nin avós camelláns, nin propiedade que defender aquí.
 Dende a asociación de veciños queremos dicir que non nos gustan as polémicas como se demostrou en todos os anos que gobernaron os socialistas en Camariñas, pero claro, era con outro alcalde ao frente, do cal a xente tiña unha opinión de que podía ser mellor ou peor alcalde, pero case todo o mundo estaba dacordo en que era unha boa persoa, pero agora dende que a alcaldía está en mans doutra persoa prepotente e arrogante, ao noso pobo non lle queda máis remedio que responder cando se sinte atacado.
 O equipo de goberno ten unha doble vara de medir porque lles molesta que algún veciño da directiva da nosa Asociación veña só os fins de semana, pero non lles molesta tanto que o señor alcalde non viva no concello que representa.
 En canto aos logros que dín que alcanzaron, non son competencia municipal:
- Prolongación do dique de abrigo, competencia de Portos.
- Rexeneración da praia de Camelle, que se está levando a cabo actualmente, é competencia de Costas (Ministerio de Medio Ambiente), é un dos asuntos que esta asociación se está a ocupar de que quede como figura no proxecto e de que se subsanen algunhas carencias do mesmo, como lles trasladamos xá na Demarcación de Costas.
- A depuradora de augas residuais, que lle digan aos veciños donde está porque non a vemos por ningún lado.
 No que respecta á acusación que se fai a esta asociación de que se perden portos de traballo pola súa culpa, decímoslles que non sos culpen da súa incompetencia, cando despois de levar vintetantos anos gobernando, non fixeron nada para dinamizar o Concello, cando, por poñer un exemplo, nin siquera hai un parque empresarial.
Como esta polémica xa aburre, consideramos que o mellor sería ter unha reunión entre o Grupo Socialista, a directiva desta Asociación, os veciños de Camelle e os medios de comunicación, e que se aclare alí quen é o que engana e manipula.

47 comentarios:

Fré dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
nw6 dijo...

Bravo! rapaces e rapazas sintome orgulloso de vos.

karavich dijo...

Si a mentira non se atopara tan arraigada nos políticos de hoxe i ésta non existira,penso que o comunicado desta señora sería ben distinto,pero como o único que se inventou ata o de agora como sustituto da verdade e a mentira,témonos que aguantar.Pero si ésta non existira penso que o comunicado sería o seguinte:
Por culpa dá brava e intelixente maioría da xente de CAMELLE,véxome na obriga de comunicar que por culpa deles non poderemos levar a cabo tódalas maquinacións que tíñamos previsto tanto o meu grupo coma eu mesma.A pesares das triquiñuelas administrativas que fixemos,conseguiron darse conta de todo o que tíñamos pensado facer para o noso proveito e o dos nosos votantes.Como bos psoista tíñamos pensado sacarlle as terras a esta xente para darllas a unha multinacional para que se faga mais rica,e de paso nós tamén,por que como comprenderedes non nos podíamos ir coas mans valeiras.O libro de ruta a seguir era o seguinte:Despois de ter os terrenos lle diríamos a empresa concesionaria que a obra a tiñan que facer unhas empresas da zona que verdadeiramente son as que mandan no noso partido,e o memo tempo farémolas mais ricas,¡todo po-la causa!.Despois,o sistema de contratación de persoal seguiría as seguintes pautas:Crearíase unha lista de persoal única,despois eliminaríanse os non votantes do noso partido,si a lista fora a pesares de todo,demasiado longa escolleríanse primeiro os mais achegados,despois os que mais votos poden acarrear por parte das súas familias,e os que non poideran entrar pois intentarianse colocalos intermitentemente noutras labores do noso concello,en canto o resto promocionarémolos para que collan a maleta e se vaian dá zona.Con este plan conseguiremos que o noso partido se perpetúe nó poder,e así seguir sometendo os veciños disidentes os nosos caprichos.
FIN
Pdt:Non sei si me acercarei moito a realidade,pero e que esta xente e esclava do seu pasado,e en eso me basei.

Anónimo dijo...

tomaaaaa morenooooo

BARROSA dijo...

Eu só von decir unha cousa: Os "VECIÑOS DE FIN DE SEMANA" son natos de Camelle, e loitan con uñas e dentes polo seu, polo que lle doe.

anonima dijo...

eu o que non entendo e como unha advenediza, coma esta señora,se cree no dereito de estar sempre nomeando a xente de camelle,ahi se lleve o plumeiro dos cartos que lle iban a entrar no bolsillo, ca dichosa factoria de merda,estan rabiosos coma un neno cando lle quitan un chupachus,e ademais mentirosa, eles si que iban coma as aves de rapiña pola noite a casa da sente a poñerlles medo pa que vendesen os terreos,pero alegrome de quelle salira o tiro pola culata,mentereiros e tramposos
e ademais que fala ela dos de camelle que estan na coruña, eles si que son de camelle nacidos aqui, cousa que esa señora non e que e unha ave de rapiña que se pousou en camelle pa jorobar a sente nada mas, asique señora .
VIVA CAMELLE E OS CAMELLANS DE FIN DE SEMANA, QUE ESOS SI QUE SON DE CAMELLE.

Veciños de fin se semana 1 e 2 dijo...

NW6, moito cambiou algunha cousa, desde que non nos vemos, para nosa alegría.
Tranquilo,os camelláns considerámosche camellán de pleno dereito, non coma camellán de un mes ó ano.
Ainda que non estedes aquí, nós sentimos que estades ó noso lado nesta loita. Algúns quérennos facer calar porque somos moi molestos para acadar os seus fins, pero non nos coñecen ben, seguirmos até que non nos queden máis folgos. Un forte abrazo.

Anónimo dijo...

Unha prejunta, eu vivo en Camelle, aunque non son de eiquí, teño fillos, casa, son sosio da Perjoliña, desenvolvo a miña vida neste pobo e quería saber que carné hai que ter, o que cuño teñen que poñerche para ser camellán.
Creo que a AAVV esta a facer comentarios xenofobos e que de ninjun xeito representan o pensar do pobo, senon de catro que por desjrasia non foron elexidos como eles dín democraticamente anque si masivamente, porque eu estaba alí e votaron ata os mortos.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
karavich dijo...

Estades a sacar as cousas fora de contexto,como por exemplo o decir que a AA VV está a facer comentarios xenófobos.¿Donde o dín?.Aquí o único que se dixo foi,para contestarlle a esta señora que os chamou VECIÑOS DE FIN DE SEMANA,que eran mais camelláns cá ela,e non se dí nada mais,así que deixadebos de andar defendendoa e de elaborar listas de persoas que non son nacidas en CAMELLE,por que o de ser camellán ou non,non ben escrito en ningún papel,e moito menos ninguén che pode otorgar ou quitar ese honor.
O ser camellán e moito mais profundo cá todo eso que intentades transmitir.SER CAMELLÁN É UN SENTIMENTO,E UNHA FORMA DE VIDA,É UNHA MIXTURA DE ORGULLO E SATISFACCIÓN.I eso implica que pode haber persoas nacidas aquí que poden carecer de ese sentimento,así como tamén pode haber persoas que,anque nacidas fora,sí o teña.

xanti dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Teresa dijo...

Parabéns a Karavich. Pódese estar ou non de acordo co que dis, pero as túas aportacións son sempre interesantes. No primeiro comentario que fixeches, explicas, perfectamente, a realidade posible se o asunto ese fose para diante. En canto a ese outros comentarios, que acusan á nosa asociación de xenófobos, non te preocupes. Trátase de rabietas para incordiar. En case todos os asuntos, aparecen este tipo de discursos. Non teríamos concencia da bondade se non existise o contrario.Ten en conta que para esta xente, "pintan espadas" e non teñen maior importancia porque sabemos perfectamente o que hai.

Anónimo dijo...

o que hai sabenlo todos,moita política do pp que se pensa que se pode facer callar a xente mediante imposicions, e se non dis o que eles queren,borran os comentarios.ala,ala a estudiar un pouco que falta vos fai,e deixade de poñer podre a xente.

xanti dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
nw6 dijo...

Eu penso que aqui a algun foiselle a pinza.nas paxinas amarillas hay unha lista de psiquiatras que vos podian ser de utilidade.Bastante mais util que esas ridiculas listas que vos tades facendo non sei pa que.
non o deixedes pasar moito que despois non ten cura

Anónimo dijo...

ja ja ja,....as verdades son verdades e o resto ,avosa politica pepeira,tedes que mentir xa que non sabedes faser outra cousa,ala que hai que marchar que xa acabou o fin de semana,e o vernes ou sabado volvede a arreglar o pobo un pouquiño a base de mentiras ,patrañas e insultos a xente que verdadeiramente traballa polo pobo.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

eu dijo con que permiso me nombrades a min porque nombrades a sente sin permiso ou queredes que se acabe a pagina pensade o que escribis uns e mais outros
PENSADEO

karavich dijo...

Xa que tan adictos sodes as listas,queda demostrado que as manexades coma ninguén,por que non poñedes as dos mortos que votaron para elexir a AA VV,xa que un usuario fixo ese comentario,po-lo menos que demostre a súa denuncia.
Por outro lado non entendo o de mesturar a AA VV có PP,xa que nesta asociación cabe xente de toda ideoloxía;outra cousa é te auto-excluias.

Por certo,espero que nesa lista aparezan todos e non soio os que vos interesa.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
non hai Dios que os entenda dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Dirixome a AAVV “A Pergoliña” , para que vaia traballando, e comence a dar de baixa como camellans, as seguintes persoas, que non naceron en Camelle, e polo tanto están na mesma situación que Mercedes. O seguinte listado vai encabezado por O Espiritu Santo de Camelle (patrón desta parroquia) e que como todos sabedes, chegou aquí en pateira, que se diría agora:

Para non ser pesado e non dar moito traballo, seguirei outro día ca lista, pero debedes ter en conta que haberá que facer unha reforma da Constitución e das leis, xa que nin tan siquera, pola vosa regra, o rei é español.

xanti dijo...

Muy ve dito anonimo, vonche quitar un pouco de traballo e recordarlle os da Pergoliña algun a xente mais.

Esta xente toda non nacio en Camelle, pero seguro que lle quer a ESTE pobo como o que mais, asi que Pergolos dedicadebos a loitar po las cousas do pobo, que hay mas cousas que a Xandriña, e non a decir quen e de Camelle e quen non .

xanti dijo...

Seguimos ca lista que hai que mirar con lupa segun os da Pegoliña.

E moita xente que leva loitando e vivindo neste pobo a pesar das dificultades e o que e mais importante invirtindo os seus cartos e pagando os seus impostos AQUI non como esa SRº que ahora de vella vai mirar por Camelle. Tes bo morro xa que hai moitos anos que marchastes casi renegando a este pobo e ahora vas faser de Camelle un paraiso terrenal.Si miraras por quen tes que mirar.

Anónimo dijo...

Ainda queda xente que non nacio en Camelle.

Despois de ver esta xente toda que non nacio Aui pero que e de aqui, que vos parece Pergolos, deberia de marchar ou dadeslle permiso pa seguir aqui sa que vos sondes os que tendes a potestad pa decidir donde ten que vivir cada cual.
En canto a ese que recomenda visitar o siquiatra, que empece por el que seguramente ten moita falta.

Anónimo dijo...

VIVA o PP E Q DIOS LLE DEA SALUD A FRAGA Q FOI O Q FIXO TODO EN CAMELLE Q ESTES SOCIALISTAS O ÚNICO Q QERIAN FASER ERA VENDER O PUEBLO E METERSE RICOS,A xxx xxx . JAJAJAJAJAJAJAJAJA.

non hai dios que os entenda dijo...

eu de verdade que non entendo nada.
primeiro os Pergolos como di x ahi xanti, non din que é legitimo de camelle ou non e creo q karavich explicouno ben. O que fan e contestarlle a esta sra por decir veciños de fin de semana. por outro lado, tes rason que votaron os mortos, como fan os sosialistas cos de argntina. si votou xxx en nombre e tío xxx .
tende verjonsa e calade polo menos.

MAN dijo...

REPITO UNHA VEZ MÁIS:
O autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e OS QUE NOMEEN A ALGUÉN.

Estrobo dijo...

Joder cos puñeteiros socioslistos,creense os amos do universo e sontodos coma as almorranas andan jodendo sejido.

posdata:somolos mellores viva o PP e oque nonlleguste que llemeta azucre.

a bautisadora dijo...

!!ARENSION!!
Un novo virus chejou a Camelle afectandolle a unha parte da poblasión; empesa con diarrea mental, non se sabe moi ben si polo caramelo que lles iban a dar e que estaba contaminado ou polos efectos da borrachera da festa que lles nubla a mente;sije con estreñimento colectivo que lles apreta o cú, entonses é cando sacan as ousa de contexto metense cá xente e (eles sí) desenterran ós mortos. Acabade xa cá pataleta e deixade tranquila a xente de ben.

Anónimo dijo...

pensades que con imposicions,e suprimindo comentarios e listados con verdades vades faser calar a xente,pois non galiza segue en pié,non sei se de guerra ou de cachondeeo pero o tempo é un juez imparcial.Vaia demócratas peperos que se elixen facendo trampas,engañando e comprando xentiña.Ah,el dueño del blog que no sea un dictador ,deixade falar a xente e senon non empezarades a nombrar vós.

piticantrop dijo...

karavich, eston de acordo con todo o que dis,pero non vale a pena contestarlle,a estes...sa non hay adjetivos,con que calificalos,sabes o que pasa que teñen a rabia mansa no corpo desde que lle quitaron o chupa,chus, mira son o peor do peor ahora dedicanse a nombrar a sente que esta tranquila na sua casa e que non pidio salir neste blog.
aplaudo a sienfuejos por eliminar esas listas,eu ahi tamen tiña algun familiar,e espero que non se volva a repetir,porque sa tamos cansados de esta sente impresentable que cando non consigen o que queren, a meterse cos demais,asique amigo non malgastes alento contestandolle a esta sente, porque non vale a pena, SON O PEOR DO PEOR DO PEOR.....

Anónimo dijo...

Joder macho miña nai querida, estes chupons non son capases de estar calados,pero que manada de susios listos temos no noso pobo ,tes toda rason do mundo son do peor que esiste, que tomen unha tila ou senon que semetan un chute de valeriana aver siasi quedan tranquilos.

Anónimo dijo...

Estos o único que queren e que serren o blog para que non os critiquen máis porque non poden tar calados, que asco dan.

Mauri dijo...

Unha prejunta pa todos eses que queredes a piscifactoría.
¿Cantos postos de traballo reales daría unha piscifactoría dos metros cuadrados que querían montar na Jandriña(m cadrados de piscifactoría eh, non de terreo que querían roubar, ...dijo expropiar)??
Respondede por favor...

Anónimo dijo...

Eu son Manfred, o aleman de camelle. Dame a vida que xa estón no outro mundo porque eu tampouco era nativo de camelle.

LELUCHIÑO dijo...

weno como veso que hay tanto discusion entro que é de camelle ou quen non, vonvos aclarar o tema.
Un camellan autentico identificase por:
1º- Fui a escuela de doña mariloli, e en aljunha ocasion levou ca rejla nos dedos, pejoulle ca cabesa contra a parede, ou contra a cabesa doutro compañeiro.
2º- Xojaba os tres navios e ajochavase no monte, donde aproveitaba pa investijar cas rapasas sobre temas sexuais.
3º- Petoulle aljunha ves na sua vida na porta do cura.
4º- Ivalle faser dibujos o aleman e dibujaballe pirolas camufladas e despois reiase cos amijos.
5º- Metio o bolo.
6º- Cajou nun choque ou nunha porta ou ambalas duas.

Se aljunha persona non cumple estes requisitos non e un camellan autentico, ou 100%.
O resto poderemolos considerar residentes en camelle, ou nacidos en camelle, pero nada mais.
Eu jrasias a dios cumplo estes requisitos.

Anónimo dijo...

bravo leluchiño, moi ven dito,
jajajajajajajajaja......

xanti dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
LELUCHIÑO dijo...

perdon polo de antes, onde disen choque quisen dicir coche!
E que ninjen se pike que e de broma, PERO É VERDÁ!!!

karavich dijo...

Contestación a "bautisadora":
TRANQUILA,que o virus xa está localizado e aislado.Trátase dun virus da clase "psoeneumococo vulgaris".É moi molesto,e bastante tocapelotas os seus efectos pero como se diria en camellán antigo:"Tomando a mensiña que vos vou a dar,e a consiensia limpa,non ten madía".Os efectos son coma unha pequena diarrea o cal é bó xa que por ahí se irá o virus,xa que donde mais cómodo se atopa é mezclado co seu medio natural,"as heces".
O medicamento chámase NONPSOEINA,e presentase en toda clase de preparados,anque si os síntomas son severos recoméndase en inyección intravenosa,(chute en vena).
Este medicamento combate os seguintes virus:
-PICHURRULIUS PANOLIS.
-MARISOLIA TORTILLEICA.
-TOCAPELOTUS MERCHILIS.
Ademais de todos os pequenos bichos pertencentes a familia dos PSOENEUMOCOCOS.
Despois de suministrado o medicamento,o mais normal e sufrir unha leve colitis,vaia ó retrete e faga as súas necesidades normalmente,pero non se esquenza de tirar dá cadea cando acabe.Desinfecte o inodoro con lexia,po-lo que poda pasar,e con estas recomendacións e a cabeza ben alta,non deberían de ter mais problemas.

Anónimo dijo...

Estás sembrado, Karavich...

r.c.a. dijo...

Hai que joderse,pero que se cree esta tía para insultar os de Camelle???
Esto noutros tempos non pasaba,férveme a sangre!!!

Mauri dijo...

Eh!!! Alguen ahí????
Non é unha pregunta tan dificil e mais para os que defendedes con tanta devoción a instalación dunha piscifactoría que, polo que decides, vai a resolver todolos problemas de traballo no Concello de Camariñas...
¿Cantos postos de traballo reales daría unha piscifactoría dos metros cuadrados que querían montar na Jandriña?

Las verdades del barquero dijo...

Pa que prejuntas, ¿é que ahora somos todos tontos ou tamos sejos?
Todos sabemos que o PSOE de Camariñas está "jobernado" por unha serie de personajes relasionados co mundo da construcsión, aljuns deles do noso pueblo... Que mais dá os puestos de traballo que poda crear a fatoría de merda esa, que, además, sejuro que directos pa todo o ayuntamiento non pasarían dunha dusia, o importante e a cadena de favores... eu donche un terreno cojonudo, nunha sona cojonuda, con todas as infrastruturas na porta, nun terreno inmellorable para que empesedes a traballar canto antes... a cambio de que esa obra a realise "uno de los nuestros"...
que son os que realmente están mui interesados en que esto salira adiante, porque así a cadena sije e sije asta o infinito:
Eles sijen mandando no partido, sijen collendo as obras do ayuntamiento, no ayuntamiento defendemos os seus intereses e todos "salimos janando"

Anónimo dijo...

o mellor de todos o leluchiño

Anónimo dijo...

sabes que pasa isto e coma na MONCLOA, que se chaman de todo, e insultanse e despois do pleno son todos tan amigos, sobre todo nas festas, ea hai queda eso.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE