Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 18 de septiembre de 2009

"Botarse ao monte" en Camelle


Este vindeiro luns, as 21:30, o programa da T.V.G "Botarse ao monte" fará un percorrido pola ruta que vai dende Camelle ata Camariñas.

Botarse ao monte fala de xente de a pé, é dicir, fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina e imprime a súa pegada en diversos lugares da nosa xeografía.
O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza.

Farto da cidade, o presentador, Xosé Touriñán (Mucha), marcha á aventura co obxectivo de atopar rutas, paisaxes, actividades, lendas ou personaxes que só se poderían atopar deste xeito: camiñando. Serán as súas andanzas as que permitan trasladarlles aos espectadores alternativas de ocio suxestivas e accesibles para todos.

Cada entrega de Botarse ao monte é unha historia: as peripecias deste sendeirista novato e os seus encontros ao longo dunha ruta específica, narrada por unha voz en off en clave de humor.
Pero ollo, tan importante coma camiñar é saber cando parar. Non só para recuperar os folgos, senón tamén para transmitir algún consello de sendeirismo, afondar na cultura popular, aprender a distinguir un toxo dun eucalipto ou simplemente manter unha agradable conversa cos propios do lugar ou mesmo con outros sendeiristas.

Explicaranos como gozar do monte sen molestalo, sen deixar nel pegadas que o irriten, que o degraden. Buscarán sempre a maneira de defender a natureza a través do respecto co medio.
Polo tanto, non vos esquezades este luns pola noite de poñer a "galega" para ver esta maravillosa ruta que percorre Camelle,Reira e Camariñas, que de seguro que moitos de nós fixemos algún día e que agora toda Galicia pode contemplar a súa gran gran beleza e fermosura.

1 comentario:

Anónimo dijo...

a verdade e que por camelle pasaron fugados,e non se vio nada mais que un pouco de man, pero estuvo ven gustoume o programa.
un saudo.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE