Ben coñecemos en Camelle o poder ditactorial, autoritario e en contra da liberdade de expresión do noso alcalde (tema piscifactoría).
Pois ben, este pasado xoves na Mostra de Encaixe de Camariñas, "Pichurri" mandou desaloxar da rúa a membros da Plataforma Queremos Galego que recollían sinaturas para apoiar unha iniciativa Lexislativa Popular a favor dos dereitos linguísticos nas administracións públicas.
Según informan da Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte dispoñían dun permiso do Concello para colocar unha mesa de información e recollida de sinaturas.
A Plataforma considera este feito "un ataque frontal aos dereitos democráticos e á liberdade de expresión e exíxelle ao alcalde,‘Pichurri’, que ofreza unha explicación pública de cales son os motivos polos que ordenou o desaloxo dos integrantes da Plataforma e por que lle nega á cidadanía que se achegou até a mesa de sinaturas o dereito a se informar sobre a situación que está a sufrir a lingua galega nun momento de vital importancia e de especial sensibilidade como o actual".
A Plataforma Queremos Galego Bergantiños-A Costa da Morte "rexeita actitudes como esta e pide á cidadanía que non cale perante os ataques que por activa e por pasiva está a sufrir a nosa lingua. Aseguran ademais que nas próximas semanas continuará coa recollida de sinaturas por outros concellos do contorno".
O BNG de Camariñas xa fixo público o seu rexeitamento, que califica de "actitude autoritaria e antidemocrática do Alcalde de Camariñas ao prohibir mediante as forzas de orde público a recollida de sinaturas para a defensa do Idioma Galego pola Plataforma Queremos Galego".
O seu voceiro,Manuel Camiño, manifesta "un ataque frontal a liberdade de expresión" e tamén pide "unha explicación pública destes feitos e unha rectificación para que actos tan antidemocráticos como estes non se volten a repetir".
Algo parecido pasoulle a Asociación contra o Cancro de Camariñas, xa que según informan varios medios de comunicación (diariocamariñan e La Voz de Galicia) o Concello non lle concedíu un stand na Mostra como tódolos anos.
O Concellal da Mostra dí que non pediron permiso.
Máis info: quepasanacosta, diariocamariñan, anosacosta, La Opinión
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
martes, 6 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
19 comentarios:
este home o que ë e parvo, pero a culpa e de quen lle vota, sa que son coma el.
o que habia que faser era darlle un par de ost..s.
Fiso ben! Se traballaran e se deisaran de tanto pedir firmas de de rascar o carallo!!!
tantas leiras COMO HAY EN CAMPO!!!
Así nos vai con xente coma tí,paresedes burriños detras da sanahoria,non sei,ou non vedes a realidad ou non a queredes ver por aljunha conveniensia,pero como siempre dijo,temos o que meresemos.
Tes rason EU,temos o que meresemos, pero.... tempo o tempo.
dille os da plataforma qeu publiquen o permiso, a ver si é verdá que o tiñan!riome eu destes!jajajajaja!!!si todo estuvera en rejla o munisipal non os sacaría dahí!sona de risa!
home "pichurin" disir que traballen, traballar tedes que traballar vos un pouco que lebades toda vida sin dar pancada, que sodes todos unha manada de mangantes, e vivides muy ben do conto. bagosssssssssss.
oistes pichuriño, pero as leiras que tan en campo teñen dono, non o olvides ou que las pa ti, ainda que seguramente ainda que chas deran, non creo que ti as traballaras muito, bueno, "NADA" mangante.
pos como comprenderedes se ostas xentes sin o ultimo dia a ultima hora que van a poñer un posto non é mpoi normal, tendo en conta que os outro postos tiverono que facer cun case un mes de alterioridade e dentro da mostra dun ano pra o outro mooita xente. E ademas que teñen que pagar, non é plan o ultimo dia ultima hora dicir que van, como se foran a casa duns amigos a tomar un café ...
pero vamos a ver tio, que taban na calle!! e se din que teñen o permiso, pos teñeno, que pasa? que tamen vos jode eso?? nada, o voso e calarlle a bokiña a xente verdade!? pos non imos calar, que carallo!! eso, que pida disculpas! que non tamos nunha dictadura joder! a ver que vai ser esto, nin firmas se poden pedir pola calle...a donde vamos a chejar!??que mo expliquen porque non o entendo
non metades a todo mundo no mismo saco. eu considerome de IDEAS socialistas e non por eso estón de acordo co q fixo o alcalde (se é q o fixo) neste caso. paréseme fatal q vos dirijades ós sosialistas como perjeseiros, vajos, chupóns... cando hai sosialistas q traballan (e non presisamente no ayuntamiento). e bueno, q conste q ton de acuerdo con muitas cuestións das q falades neste blog. todo mundo ten dereito a cometer fallos, e nestes casos os fallos pájanse nas eleccións, nin máis nin menos. un saludo
Ben falado,sí señor,pero saberás que persoas coma tí hai poucas, que recoñezan a realidade e non sean tan fanáticas dun partido ou de outro e non vexan máis alá,noraboa compañeiro.
pero vamos a ver oh!!esta ben que entre nos falemos galego, o que pasa e que nin sabemos falalo!!!!ademas tal como esta a vida en estos momentos realmente creedes que o galego vale para algo? nin para ir traballar a ponferrada por exemplo!!Creo que nos estamos engañando no de queremos galego!
ai estou a favor de pichurri por unha vez na vida!!e aprobeito para haber si arreglamos o polideportivo en camelle.Man porque no o publicas??
1º Si que sabemos falar o galego ou o jallejo,os dous están ben flados.
2º O noso idioma vale para moito,xa que é noso.
3º O que fixo Pichurri é unha cacicada.
4º O do poli de Camelle xa o denunciaron neste blog creo que dúas veces,porque eu xa o vín fai tempo.
5º Cada un expresa a súa opinión,esta é a miña,e non pretendas meter a todos no mesmo saco,xa que cada un tén a súa.
respecto muito as decisions d todos eh pero sei d algun q ven xente d fora e falalle o galego!! q vergoña n?recordoche que a palabra METER non ten ese significado,dise botar ou poñer ok? e TEN n ten til
gracias amigo foracaciques
a tua pronunciacion deixa moito q desear
para correxir a outros o primeiro que deberíamos facer e escribir ben nós mesmos... primeiro mira o que puxeches ti e como o puxeches (que escribindo no movil estará moi ben pero este non o foro adecuado) aparte da mezcla que fas de palabras castelás nunha resposta en galego e a falla case total de puntución e de (como ti dís "til") acentos. Non sexamos mais papistas que o papa...
Ben dito,ja,ja,ja.
o galego no bvale para nada anda.
o anonimo ten toda a razon!!!!!
hola amigos.O PPdG non esta rechazando o galego para nada,solo quere o uso de 2 linguas. goberna por unha maioria absoluta na nosa COMUNIDADE, enton esto quere dicir que a xente esta conforme asique bloquistas e socialistas a aguantar pero o pp vai gañar sempre
Así nos vai...
Publicar un comentario