Un grupo de empresarios de Malpica, Carballo e A Coruña, están a facer un proxecto alternativo a piscifactoría de Seiruga ( Malpica ), pero dez veces máis pequeno.
Trátase dun balneario de talasoterapia, aproveitando os productos da zona, como algas, area, a propia auga do mar, etc.
Os principal problema que se presenta e conseguir as licenzas pola restriccións da Rede Natura, que no caso do Plan Acuícola son facilmente evitables.
Os terrenos pagaríanse a un prezo máis xusto e os postos de traballo serían os mesmos que nunha planta dez veces maior e co mínimo impacto ambiental, tamén o turismo sería moi positivo.
Se queredes ver a noticia con tódolos detalles pinchade aquí quepasanacosta
¿ E por qué non en Sabadelle? Esta zoa tamén reune tódalas características fundamentais para a implantación dun balneario aproveitando a auga do mar, algas, area, etc.
Soamente nos faltan os empresarios que poñan os cartos, porque a idea xa está dada e penso que é factible; e según me contaron, antigamente a xente tomaba os baños en Sabadelle polo seu alto poder curativo.
4 comentarios:
A mín encantaríame que se fixera eso en Sabadelle ou en calquer lujar da xandriña. É lícito e reune todo o que fai falta, pero tí pensas que o goberno dictatorial que temos, deixaría facer algo así na xandriña? Nin de coña, vamos, eso non lle daría para encher os bolsillos a eles.
Eu creo que eso sería muito mellor que a piscifactoria que nos queren impoñer por que leva muito menos terreno, da postos de traballo, case non hai impacto ambiental e inda por riba atrae o turismo, o cal benefisiaría o pueblo. Pero me parese a mín que os que mandan non tarían dispuestos a perder os cartos que lle dan as piscifactorías
Hola !!
Staría mu bn un balneario en kmye!!
Pro nn creo q o poñan ..
Weno xaO !!
O do Balneario non esta mal, pero se os de Seiruga xa o propuxeron, non creedes k nos deberiamos propoñer unha cousa nova? Eu k sei, un camping donde podamos unir o mar, coa ghandriña e con man, pa proteger todo o k temos a vez, ou un park tipo marina dor ou port aaventura, pero o natural, sin destruir todo, fasendo coma unha cidade de relax, temos k fomentar o k temos e o mais importante e a trankilida que ofrece Camelle o k kere descansar. Ou se keremos algo máis movido, mostamos alí uns pubs e unhas discotecas e facemosnos o centro da movida, ademáis alí non lle estorban a nadie. Ou se vamos por outro lado, tamén podemos pedir unha residencia de ancianos ou un mini hospital, pa complimentar o de Cee.
Eu k sei muitas cousas se poden propoñer, pero eu creo k co q mais caso se nos fai e movilizandonos e ultimamente tamos muy parados, aínda van pensar k xa nos olvidamos e k xa keremos a piscifactoría.
Publicar un comentario