Dende as festas de san Miguel, o espello que está no cruce da rua do Flaire coa travesía do Flaire está roto ( o lado da casa de Chita ).
Unha usuaria deste blog enviounos a foto e dixo que chamou cinco veces ó concello e danlle largas continuamente o asunto.
¿ Fai falla que pase un accidente nese cruce para que o arranxen ?, esperemos que non, e a ver se alguén do concello le isto e o repoñen canto antes.
6 comentarios:
ese espello e moi necesario xa q sin el non se ve nada cando ves da parte da tarasca. Asi q aver se os nosos politiquiños nos escoitan e poñen outro. Pero eso se q despois non vaia o tipico listillo de turno e o rompa. Xq o q estaba non roupeu x accidente.
Os listiños de turno que rompen os espellos,farolas,bancos etc...a eses tiñan que pasarlle unha factura, pero das jordas,e como sejuramente son menores,que os poñan a traballar arrejlando os desperfectos que eles ocasionan.
Non por accidente non fui, eso desde logo, o que fui deberíanlle pasar a factura do espello e se chega a pasar algo, dios non o queira, dos daños nos coches tamén, haber se así aprenden dunha ves a non romper o mobiliario público do pueblo, sobre todo os espellos que se tan ahí é por que son necesarios
Por cierto, o espello de fornelle está rompendo tamén, pero este non fui adrede, fui un camión que tocou nel e rompío a parte de atrás, despós os veciños puxéronlle unha rede pa que non caera pero ahora ta escachando o espello.
Haber se o concello, CANDO SE ACORDE, ven repoñer os dous espellos.
Esta xente que rompe as farolas e os espellos creense mui grasiosos, pero a mín non che me fan puñetera grasia os seus chistes. Deberían pasarlle a factura do que rompen e dos daños que podan ocasionar.
Eu penso que estes que o pasan tan ben rompendo cousas podian ir limpar o monte que tamen e divertido ou limpar a basura das calles ou pol-o menos cagarlle nos letreiros que nos prohiben ir a casa ou o muelle como toda a vida.
se queren ser gamberros pol-o menos que tenan un pouco de estilo e non que anden jodendo a seguridade en un cruce como e o caso do espello
Publicar un comentario