A maioría de vós ( 64% ) pensades que a xestión da casa da cultura é bastante deficiente e que se poderían facer máis cousas e actividades nela.
A verdade polo que eu vin, hai moi poucos libros e ordenadores, poucas exposicións e poucas actividades para os nenos. Eu tamén penso que se deberían facer máis cousas e non só limitarse as actividades do concello. Deberíanse poñer a cabo máis actividades para a xente maior e para os máis pequenos, xa que o que se fai é moi pouco e bastante precario.
Tamén digo que se instale a rede Wifi para poder conectarnos a internet e que poñan en funcionamento xa o ascensor porque fai moita falla, ¿ou teremos que esperar a que fagan a Fundación Man para que isto se faga realidade? Entón vai parda.
8 comentarios:
Tes rasón, libros e ordenadores poucos hai e sin internet,manda carallo.E pos vellos nada de nada, nin unha baraxa,hai que joderse.A ver si fan máis cousas,pero como esperemos o concello ou a fundacion levámola clara.O único que ta ben son as merendas pos nenos e a gimnasia.
Pocahontas,a merenda dos nenos xa pasou a historia por falta de cartos no concello.
Tes rasón pocahontas, a casa en ves de tar a servisio do pueblo ta a servisio do concello solamente. Houbo unha temporada que taba aberta a biblioteca, con pouca cousa pero taba, pero ahora nin eso, solo se abre pas actividades do concello
Quero desirvos que o 29 de Novembro faremos o magosto e sera na casa cultural,contaremos coa actuasion do duo CICLON,que son os cantantes da orquesta que arrasou en Camelle este ano.a min solo me negaron a casa cultural cando foi da cena que se queria facer pos camellans.Se queredes axudarme dademe algunha idea mais po magosto.Ton tamen intentando traer un curso de pandeireta e cantareiras pra adultos e podense faser moitas mais cousas sempre que non coinsidan as nosas actividades cas do concello,asi que vos dade ideas que a asosiasion cultural danos a casa sen problema.
Anónimo,identifícate,porfavor. Que eres Perla? ou eres da asociación de veciños?
Po magosto seria bo que houbera castañas coma o ano pasado...paresevos ben??e que solo penso en comer!!!jajajja
A que ta a orjanisar o magosto son Perla e son un pouco torpe con esto da informatica,porque xa me pasou mais veses que salo coma anonima.Un magosto sin castañas non e magosto,esa idea non me vale Jrasias por intentalo.
Ademais aparte de non faserse moitas actividades dentro por fora da asco !! cada dia esta peor
Publicar un comentario