A Fundación Man póñese a andar e presenta as actividades que se desenvolverán no trimestre de Abril, Maio e Xuño.
ABRIL ( Día 8 ):
- " Arte para a vida " : o talento dos artistas das Illas Baleares únense nesta ocasión para dar o seu apoio a tódala xente que deciciu deixar a droga e iniciar unha nova vida en liberdade.
- " Man, un home, un artista, unha lenda " : unha viaxe ó longo do tempo e o espazo da obra de Man, vista a través dos ollos de Manolo Pose ( Pitara ), veciño de Camelle e amigo do artista.
MAIO :
- Xornadas de Land-art ( días 1, 2, e 3 )
- Congreso de restauración do Museo de Man, no que os camelláns poderemos opinar sobre este tema. ( días 9 e 10 )
- Edición Día das Letras Galegas e aforismos ( día 17 )
- 200 aniversario da invasión das tropas francesas
XUÑO :
- Exposición dos traballos das xornadas e actividades do mes anterior.
Hai máis novas e proxectos da Fundación Man, pero non as poño de momento porque aínda non as teño contrastadas nin confirmadas, mantereivos informados coma sempre.
7 comentarios:
e esto e todo o q vai facer a stupendisimaaaaa fundación para salvar o museo???
pos entón vamos apañados!!!!!
Si arrejlaran a casa de Man e se deixaran de caralladas...
Justaríame saber a mín canto cobran os que tan na Fundación, como Pichurri ou Mercedes, non sei si aljén o sabe...
dijocho eu:
picurri:0€
mercedes:0€
dolores do lelucho:0€
luis do trenco:0€
a mulleriña de camariñas:0€
Permítime que o dude moito,sobre todo por Pichurri,porque eu oín que cobraba sobre 3000 euros o mes por ser o presidente da Fundación,pero bueno,non o sei fijo,pero jratis asejúroche que non tá ahí.
A min non me justa nada que a xente sempre pense mal de toda a xente que tá nas asosiasións,os da de vesiños porque lle conveñe,os da comisión enriquesen,dame verjonza que a xente do meu pobo pense desta maneira.perdonade se ofendo a aljen.
POR LO MENOS ESTÁ CREADA LA FUNDACIÓN ,cosa que no se hizo desde que el man morreu,se esperamos por algun de vos que tanto criticades non se faria nada de nada de nada.......
A asociacion de veciños tamen lle pediu os cartos o cura do campo de futbol, enon precisamente para aregralo.
Publicar un comentario