Hoxe sae publicado en La Voz de Galicia que a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia remitiu o expediente administrativo do Plan Acuícola ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) polo recurso presentado contra a tramitación do documento pola Asociación de Veciños de Camelle "A Pergoliña".
Neste sentido, o executivo autonómico anunciou onte, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), que a sección segunda do TSXG admitiu a trámite o recurso contecioso-administrativo contra a resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños do 12 de setembro do 2008, "que dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de agosto, polo que se aproba o Plan Galego de Acuicultura".
Así mesmo, notifica aos interesados en comparecer como parte no proceso que deben facelo nun prazo de nove días, dende a publicación no DOG.
Polo momento, os veciños non queren deixar que se desactive a vía xudicial para revogar o Plan Acuícola e por iso comparecerán como parte na sección segunda do TSXG.
Máis info: La Voz de Galicia
Caricatura: Miriam
2 comentarios:
Bueno, era hora de que se desprenda do expediente. Chegóulle a hora de cambiar de asento. Esta tempadiña deben estar as papeleiras de San Caetano cheas de partículas irrecuperables de papel con tantos proxectos frustrados, incluídos algúns planos estrela. Nesta ocasión, non lle serve de nada á dona esta facer a orella xorda coma fixo coa Asociación Pergoliña. Estáselle acabando o silencio administrativo. Agora é "silencio, se rueda...." Adeus, reina do peixe plano. Teño un disgusto que non me cabe no corpo.
Ojala esteamos libres desa toda a vida
Publicar un comentario