Déixovos máis fotos de planos do PXOM en Camelle.
Nestas fotos pódense apreciar mellor por zonas as delimitacións de zona urbana, o solo rústico, o solo de núcleo rural, as futuras infraestructuras viarias, etc.
A primeira foto corresponde ó plano da zona da Xandriña, a segunda foto a zona centro, a terceira foto a zona da Cachada e a derradeira foto a Agra de arriba.
Si pinchades na foto, verédelas ampliadas.
17 comentarios:
non saben o que haden faser pa darlle chollo as empresas de siempre, vaya caca, eu non veso que faga falta semejante merdada, pero hay que ter contentas as empresiñas dos de siempre.
Ao mellor non é o mellor PXOM, vamos que ten cantidade de erros, pero é a única ferramenta para evitar que os de siempre fagan barbaridades como edificios de 5 alturas en donde so se permitian duas ou tres, ou tirar edificacions tradicionais que facia de camelle un dos lugares mais fermosos da Costa da Morte, e animovos a que fagades as vosas alegacións ao PXOM.
si, se vos figades pasan po los terrenos dos de siempre, e os do equipo do soe non lles leva nin un metro, ridiculo, sa se estan pasando de listos.
que ascoooo.
Non é asi, eses viais favorecen a todos os propietarios deses sectores, pois todos os propietarios entran nunha xunta de compensación e van a partes proporcionais, segundo a superficie, a cargas (viais, zonas verdes, equipamentos) e beneficios (parcelas edificables).
Claro q os do soe non temos terras q nos leven...xk sempre fomos a clase obreira e traballadora...e si aljo temos fui co sudor da frente
e a clase cool e fashion e a élite de camelle sondes os do pp..q presumides x ahi d tous, dolce gabbana, jaguar´s...polo tanto...si sondes tan ricos e dueños de medio pueblo tendes q jodervos e apandar
eu creo q xa esta ben,basta xa a mamala por ahi
Aqui vai aver ondanadas de ostias!!!
Se tan machotiños sondes, falade conmijo un dia, e contademe o cool q son, ou o fashion q pareso.
Van rodar cabesas. Pero claro aver qn carallo e o anonimo ese...
Cada un ten o que pode, os q teñen terras tapouco llas robaron a ninguen,uns compramos en guillermina, outros en dolce gabbana pero a min no me veñen pedir os cartos osea q cada un do seu fai o q quere; o PXOM fai falta pero habera que mirar a maneira de perxudicar o menos posible
O PXOM xa facía falta fai 25 ou 30 anos, agora é unha necesidade, un mal menor.
E verdá cada un ten o que pode, uns solo podemos comprar na feira e outros poden comprar en dolce y gabbana pero eso a min nin me vai nin me ven, pa min o que conta e que uns miran polo pueblo e outros miran de como jodelo. O PXOM fai falta pero non este que nos queren poñer. Hai que mirar de fastidiar o menos posible, por que e mui triste que teas traballando pa faser a túa casa e que veñan estes tarujos e por que lle da a gana a eles(e por que non seas amigo do alcalde) cha veñan a tirar.
traballadores os do psoe jajajajajajajajajajaja
se non fora polo ayuntamento de camariñas tabades pobres coma as arañas manada de bagos.
e claro que a maioria do pobo de camelle e do PP porque pa tua informacion foi o q fixo camelle todo enteiro empezando por carreteras, o paseo maritimo, o dique de abrigo.....
e os do PSOE q fixeron qerian traer a merda da piscifactoria, aora o PXOM, e q non sei se o fasedes adrede pero filliños fasedes todo o reves non ai unha idea boa po pobo.
con respecto as marcas da roupa eso que carallo ten que ver cada un compra donde pode e os que teñan de marca moita sorte por eles e q non m explico q ten q ver eso SERA Q NOS ES O 100 ou ainda tades rabiosos pola derrota do PSOE no ayuntamiento jajajajajajaja
pos idevos fasendo a idea q qeda pouco pa acabarse todo..jajajaajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja. A FASTIDIARSE SOCIOS-LISTOS
Estou de acordo con Xustiza en que o PXOM é moi necesario e que xa facía falta desde fai moitos anos, pero eu creo que hai cousas que se deberán rectificar,ainda que eu non son especilista en urbanismo, creo que hai cousas as que só hai que aplicarlles o sentido común, coma por exemplo a rúa que está prevista desde a calle Rincón e que vai desembocar ó muelle, afectando ao solar dos Petrallos e o garaxe de José do Lelucho, a miña opinión é que causaría un dano innecesario a estes propietarios e pouco beneficio, pois os veciños desa rúa xa teñen o acceso pola calle do Flaire.
Falando de José do Lelucho, que eu sepa é o único de Camelle que ten un Jaguar, e pode ter o que queira, pois en Camelle coñecémonos todos e sabemos que non llo roubou a ninguén, que o que ten débello a moitos esforzos e traballo, e a arriesgar moitas veces a súa vida.
Os solos urbanizables, debuxados nos planos do PXOM con sombreados de raias, son solos que non teñen licencia directa, senón que, para poder construír hai que transformar ese solo mediante un plan parcial.
Son os propietarios deses terreos os que teñen que executar esas “bolsas de solo”, e dicer, que tódolos propietarios afectados crearan nunha xunta de compensación a cal por maioría decide de que xeito se vai desenvolver esa zona, seguindo as directrices que marque o PXOM.
Nesta xunta de compensación formaran parte tódolos propietarios do sector e nesa xunta aportarán a superficie de parcela que posúan e os seus bens contidos (sempre que fora legais), e en base a iso repártense as cargas e os beneficios da execución, en partes proporcionais.
Digamos que todo entra dentro do mesmo saco e cada un despois recibe a carga e o beneficio en proporción a apartación inicial, o PXOM o único que obriga e a conectar esas zonas con un vial novo, crear a porcentaxe de zonas verdes e equipamentos que corresponda, poñer os servizos correspondentes, auga, saneamento, alumado, etc., cedéndolle estes a administración municipal.
A cambio esa zona recibe mellores condicións para edificar, pois todo queda parcelado de novo mellorando as condicións do eido.
Para poder executar eses solos urbanizables e preciso contar co 51% dos propietarios, os cales poden proceder a facer un Plan Parcial onde se marcaran as novas parcelacións e os novos viais, co cal onde antes non se podía facer case nada, pasase a edificar en parcelas mais ordenadas, con espacios libres e zonas verdes públicas.
Eso si, si algún propietario non estivese de acordo con entrar nesta xunta de compensación, esta podería comprar, permutar, ou incluso chegar a expropiarlle eses terreos para poder urbanizalos.
Para que nos entendamos mellor, é algo parecido as zonas de concentración parcelaria agrícola, onde as parcelas se xuntaban, se reordenaban e se facían as cesións para camiños en partes proporcionais, pero estas zonas son para transformar solo urbanizable en urbano.
Pois eso, que ao mellor non todas as delimitacións son as axeitadas é seguro, pero o que é seguro tamén é que é o único xeito de transformar o solo en urbano en condicións legais óptimas, tamén.
Saúdos.
eu o unico que sei é q a jose do lelucho solo lle envidiades o que ten, pero non lle envidiades os traballos q pasou. esta pasando e pasara.Pero para chejar a ter un jaguar e vestir ven tuvo que pasar muitos traballos de nuestro señor,arriesjar a sua vida....O que pasa e que a xente de camelle envidialle o que ten non o q traballa.
diredes donde eses pesoeros con eses mersedes volvagen e alguha sofia , seria coa sua sudor o a de algun obrero que traballou de verda chupandolle as alegrias
o traballo e voluntario, o que queira ir traballar con x persona que vaia e se non lle interesa que se afilie o psoe, que ali un mais non se nota e sempre se pode inventar un posto de traballo pa roubarnos os cartos, leiras e todo os demais
sa se acavou a gerra logo?eu co entretenida que taba sa ton toda aburrida e fiseron ven cagarxe na porta de mercedes aviaxe que cagar todos os dias.a sente que viste de marca e porque pode e os cartos pq os ganou e nn os roubou.camelle arriba
Publicar un comentario