Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 9 de marzo de 2009

Noticias varias


1. Este sábado celebrouse a asamblea xeral da AA VV " A Pergoliña " con numerosa asistencia na Casa de Cultura.
Tratáronse varios temas, entre eles a elección dunha nova xunta directiva, pero como non houbo candidatos, seguerán os mesmos a excepción dun vocal ( Chicho ) que renunciou o cargo e o seu lugar ocuparao Paula, xa que foi a única que se presentou.

Tamén se presentaron as contas, gastos e obras que a asociación fixo no seu mandato.
Houbo unanimidade de votos dos socios referente a este tema e a tódolos temas tratados.

A xunta directiva nomeou a tódola xente e familias, tamén a cantidade aportada, que puxeron diñeiro para a contratación do avogado que interpuso o contencioso en contra a Xunta de Galicia pola implantación da piscifactoría.
Neste tema expúsose que o contencioso, de momento, segue o seu curso, ata que saia publicado no B.O.E. ou no DOGA a non implantación da piscifactoría polo novo goberno, xa que como dixeron " as palabras lévaas o vento moi fácilmente ".

Tamén se falou do Plan Xeral de Ordenación Municipal; a directiva dixo que por petición dos veciños foron o concello para que alguén cualificado explicara aos veciños de Camelle, aproveitando este asamblea, este plan redactado polo goberno camariñán coa oposición do PP.
Alí non se presentou ninguén do concello como prometeran.

Falouse tamén da rexeneración da praia de Camelle, da subida das faturas da luz, da estrada de Camelle a Arou, etc.

2. O presidente provincial do PP, Carlos Negreira, estivo o venres en Cee e recalcou que as plantas proxectadas en Xandriña, Seiruga e Merexo non se levarán a cabo. Buscarán situacións alternativas, aínda que afirmou que aínda é pronto para analizar cada caso.

Máis Info: LaVozdeGalicia

3. Parece ser que hai polémica e cruce de acusacións entre directivos das plataformas ecoloxistas de AGEGA e Galicianonsevende.
Esta polémica, a cal nos afecta indirectamente, vén por estas palabras da web de ADEGA:
" Resulta tamén paradoxal a coincidencia entre as propostas do PP e o defendido por algúns dos colectivos da Rede Galiza Non Se Vende, que saudan agora a volta da piscifactoría de Touriñán e do viaduto da ría de Noia. Os intereses localistas dalgúns destes colectivos, máis preocupados por postulados NIMBY (non na miña leira) que pola defensa do patrimonio ambiental de TODA a cidadanía galega, quedan agora de manifesto. Lamentamos que tivera que vir o PP para poñer en evidencia as contradicións dunha rede que comezou sendo un soplo de aire fresco na sociedade civil galega. "

A contestación de Galicianonsevende foi a seguinte:
" Advírtase o interés suscitado e o desfogue dos bodegueiros que creo atribuir ao feito de que eles non son capaces de dar cabida nos seus medios de información á discrepancia. Enténdese a súa amargura porque nestes anos monopolizaron o movemento ecoloxista e o puxeron ao servizo de organizacións políticas nacionalistas -que é como o localismo, pero ao besta-.É comprensíbel esa rabia pola incapacidade de movilización dunha organización mercenaria, xerárquica e anquilosada no ambientalismo.Todos lembramos as súas reticencias a participar, desde un principio, nas movilizacións de GNSV, pero foron os primeiros en saír na prensa para aproveitarse do enorme eco social acadado. É a práctica habitual desta organización. Non falo dos seus membros, simpatizantes ou cotizantes, falo dos seus responsables e da súa estructura xerárquica e piramidal.En GNSV nin hai responsables nin hai cotizantes, pero movemos o país. "
.
4. A Iniciativa Man de Camelle a través do seu blog, manifestan que a Casa de Man e o seu entorno segue deteriorándose a espera dos avances da recén constituída Fundación Man.
“No sabemos aún si estamos en presencia de otro intento de acallar las voces que reclaman la protección del legado de Man, si se trata de una operación destinada a aupar a un grupo de personas a costa de la Fundación, o si es un verdadero intento de salvar y promocionar adecuadamente el legado galego y universal de Manfred Gnädinger”.
“A día de hoy lo cierto es que el recuncho de Man sigue deteriorándose, sus escritos no se conocen, sus pinturas no se ven y nada concreto hemos percibido en defensa de los valores que Man representa. Y, mientras transcurre este plazo de prudencial espera, instamos a todos los que visiten el museo de Man a dejar una piedra, una pequeña piedra, a la entrada del mismo. Una piedra de homenaje y advertencia”.
.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

A cousa esta quente. Parece ser que as Plataformas que safamos da barberie esta , somos os da culpa de que a poñan en Touriñan.
Penso que , queira ADEGA ou non , o impedir que as poñan diante das nosas (non deles) casas xa foi unha victoria.
Ninguén me ten que coaccionar pra que lle de o voto a uns ou a outros, doullo a quen me peta.
Agora soio espero que Carmen Gallego, Touriño, Ismael Rego, Modesto Pose, Marisol Soneira, Pichurri , Varela, Porto e outros mais da volta vaian defender a "burrada" de Touriñan. De verdade que pagaria por velos, berrando, saltando,e con un feixe de antidisturbios diante deles. Como nos puxerón a nos en Camariñas.

!!Esta vez tocalle a eles dar a cara!!.
Que empezen dunha ostia ves a defender a Costa da Morte.
!!Que empezen a gañarse o soldo!!.

!!Co tranquilos que estabamos.....

Anónimo dijo...

Eu o que vexo é que ADEGA esta en TOTALMENTE en contra deste tipo de ACUICULTURA (que penso se deberia chamar ACUI-INCULTURA), que para nada é sostible medioambientalmente. Polo tanto esta tamen en contra da construcción dunha macro piscifactoria en Touriñan. Os galegos somos pioneiros no mundo en acuicultura sostible, como pode ser o cultivo de mexilón ou a ameixa, asi que deberiamos pedir que se poña en valor a nosa pesca e acuicultura tradicionais, as cales respeta 100% o medioambiente.
NON AS MACROPISCIFACTORIAS DO CAPITAL!! SI A PESCA SOSTIBLE!!! DEFENDAMOS OS NOSOS RECURSOS!!!

Anónimo dijo...

primeiro que quiten a da Xandriña eu tamen quero vere a marisole co cartel e tamen pajo aljo

Anónimo dijo...

Noraboa a asosiasion de vesiños polo traballo tan bó que fixo por defender o pueblo dos caciques. Sijide así.

Anónimo dijo...

Moi boas
É a primeira vez que escribo eiquí , pero hei de dicir que teño que felicitar gratamente á asociación de veciños, xa que, independentemente do resultado das eleccións recentes, fixeron un enorme traballo en prol da defensa de Camelle, cousa impensable fai uns anos debido moitas veces á natureza egoista moitas veces deste pobo.

Anónimo dijo...

Buenas man non ten nada que ver co conto pero interesabame saber como quedastes de facer o torneo de futbol playa, e que co bo tempo que esta a facer podiase aprobeitar a facer algo para animar un pouco o pueblo contesta si podes porfavor eña saludos de camelle de abaixo

MAN dijo...

Hola compañeiro/a,a asociación de veciños díxome que sí, que o farían no verán, de tódolas maneiras voullo a recordar este fin de semana e a ver que me dín.Mantereivos informados no blog sobre este tema.Unha aperta.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE