Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 1 de abril de 2009

Cruce de acusacións e rolda de prensa

- O portavoz do Partido Popular de Camariñas, Daniel Rego, esixiu onte á concelleira
socialista Mercedes Martín que rectifique as acusacións «realizadas contra o PP», ou que achegue algunha proba do manifestado.
As palabras da edila son, na súa opinión, un feito «moi grave». E engade: «A súa actitude, sendo un cargo público, é indecente, e supón unha irresponsabilidade».
A Rego tamén lle parece moi grave que Martín «intoxique a vida política en Camariñas con falsas acusacións sen poñerse colorada», e por iso esíxelle unha rectificación.
O contrario, engade, «supón difamar e levantar sospeitas sen ningún tipo de probas contra os representantes do Partido Popular atacando a súa honorabilidade».
Rego González refírese nos seus escrito ás manifestacións realizadas por Mercés Martín despois de que alguén lle cubriu de excrementos a porta da súa casa de Camelle e parte da fachada. Ocorreu na madrugada do venres ao sábado. A concelleira ligou esta acción a «motivos políticos» e ao feito de que no pleno tivera unha pequena liorta cunha concelleira popular.
Rego di que entende «o enfado da concelleira», ademais de rexeitar calquera tipo de acto vandálico.
«Pero o que non pode facer -engade- é sacar conclusións e dicir publicamente o que a unha lle vén á cabeza, porque é totalmente falso que o PP estea detrás de calquera acto deste tipo». Así mesmo, recorda a «responsabilidade» que ten todo cargo público cando realiza declaracións aos medios, porque está falando de «acusacións graves».
O líder popular confía en que Mercedes Martín reflexione e retire as palabras nas que «sinalaba a membros do PP de estar detrás deses actos vandálicos, e que centre todos os seus esforzos e pescudas atopar aos verdadeiros culpables, no canto de dedicarse a difamar e atacar ao Partido Popular».
Rego considera que Martín enganoulles «co tema dá fundación de Man, co PXOM e coa rexeneración dá praia de Camelle».
Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta



- Noutra orde de cousas, o Concello de Camariñas, por medio de Mercedes Martín fíxome chegar unha nota de prensa na que me comunica que hoxe vai a dar unha rolda de prensa aos medios de comunicación ( alégrame moito que me convidaran, xa que é a primeira vez que recibo unha nota de prensa do concello e unha invitación para participar nunha rolda de prensa, vese que as cousas están cambiando ) na Casa de Cultura de Camelle as 12:00 h. para expoñer a situación na que se atopa a Fundación Man así como poder ver os traballos feitos pola Fundación ata agora.

O Concello de Camariñas convoca unha roda de prensa para mañán, mércores 1 de abril ás 12 da mañán na Casa do Alemán de Camelle co fin de aclarar a situación en que se atopa o mesmo na Fundación Man e a opinión que o Concello transmitirá ao padroado da mesma.
Asimesmo a prensa terá a posibilidade de ver os traballos realizados ata o de agora pola Fundación.
Un saúdo.
Mercedes Martín Gozález.
Concelleira do Concello de Camariñas.

- Por último e antes que se me esqueza, xa está confirmado que a Fundación Man terá un stand na Mostra do Encaixe de Camariñas este ano.

Máis info e programación da XIX Mostra do Encaixe 2009 : La Opinión, diariocamariñan

7 comentarios:

Anónimo dijo...

vos pensades q os do pp q son coma vos. eles si q tiñan q tar no goberno e non vos manada de afamados. e mercedes sigue asi q a este ritmo non vas dar a basto a limpar a porta de merda.

r.c.a. dijo...

Man, eso que dixeron que eras un periodista sen estudios,ja,ja,ja.
Noraboa e gracias pola labor que fas para que tódolos camellans teamos informados.
Os do concello querenche faser a pelota para "comprarche" pero eu sen que tí non te vendes,non como outros.

Anónimo dijo...

Non, coma ti dis, os do pp non son coma a maioria das persoas deste bo pobo ,son un pouco especiais,sobre todo pensando que vos tilizan para poder ter Rego un carguito,logo que perdeu o chiringuito dos hospitais,!!!por fin eses traballadores teran unha empresa de seguridade seria !!! ,ousexa que Rego necesita algo en que “ invertir o seu tempo”,pero si lle sobra algo pode ser para algun de vos .

Anónimo dijo...

eu non che entendo "anonimo" ou te esplicas mellor ou calas a boca.

Anónimo dijo...

quen perdio todo fui o famoso empresario de este pueblo, perdio a carretera de LAXE, e mais as eolicas, e ahora PICHURRIN quere darlle a playa e mais as calles do pueblo que fan nos terrenos dos outros,que sera ?tera intereses� en esta empresa. CAMELLANS non vos fiedes de esta pandilla de siverguenzas, en que alguns esten calados " OLLO."

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...
A empresa adebeda 4.000 euros a uns 40 vixilantes que estaban destinados aos servizos de seguridade privada do CHUS
Os traballadores/as de VIPROGA concéntranse diante da sede da empresa para reclamar o pago das mensualidades atrasadas
Traballadores e traballadoras de VIPROGA concentráronse nas instalacións da sede central desta empresa de seguridade privada no Polígono do Tambre, en Compostela, para reclamar ao xerente o abonamento das mensualidades de xaneiro e febreiro, así como as contías correspondentes as liquidacións dos seus contratos. A empresa debe máis de 4.000 euros a uns 40 vixiantes que estaban destinados aos servizos de seguridade do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, servizo que a empresa perdeu no último concurso de adxudicación da contrata por parte do SERGAS.
Un grupo de traballadores e traballadoras de VIPROGA e delegados/as da CIG-Servizos acudiron na mañá do 8 de abril até a sede central da empresa en Compostela para reclamar a Daniel Rego, propietario da mesma, o abonamento das mensualidades de xaneiro e febreiro, así como as contías correspondentes as súas liquidacións (nas que se inclúe a paga de marzo, as vacacións, etc.).

A empresa adebeda entre 4.000 e 4.500 euros a uns 40 vixilantes, aos que finalizou o contrato logo de que o pasado mes de marzo VIPROGA perdese a contrata do SERGAS pola que se lle adxudicou o servizo de vixilancia privada do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela.

Insultos aos traballadores/as

Pola súa banda, Daniel Rego amosou unha actitude intransixente ante as lexítimas reivindicacións dos traballadores/as afectados/as que participaron na protesta, aos que non dubidou en increpar, insultar de xeito moi ofensivo e mesmo darlle algún empurrón. O persoal anunciou que continuará as mobilizacións até que se faga efectivo o abonamento das contías económicas adebedadas e que está levando a cabo os trámites para denunciar esta situación.

Irregularidades constatadas

Dende a Federación de Servizos da CIG reclamouse novamente á administración que non conceda ningunha contrata a esta empresa, coñecidas as maneiras de actuar do seu propietario, o se total desprezo polos traballadores/as. Hai que lembrar que VIPROGA acumula 50 sentenzas firmes con actividades irregulares detectadas e unha acta da Inspección de Traballo na que se constata unha agresión a un traballador, e que mesmo o SERGAS se veu na obriga de adiantar o concurso de adxudicación do servizo de seguridade privada, logo de comprobar que a empresa falsificara partes de servizos para xustificar a presencia de vixiantes, cando na realidade tiña destinados no CHUS menos traballadores/as dos establecidos no prego de condicións.

Novas relacionadas

karavich dijo...

noraboa o candidato do PP,Daniel Rego por contestar as acusacións dá edila merche,por que un xa está canso de que no mundo que nos tocou vivir vaia po-la vida sufrindo insultos e mais insultos por parte de quenes teñen unha peculiar forma de entender a democracia.Xa iba sendo hora de que o PP pegue golpes enrriba dá mesa e deixen de ter complexo de inferioridade e así a ver si deixan de ser a derechona tonta.
En canto a licitación das obras,ese empresario non as leva por que non quere,por que xa sabemos quen dirixe o cotarro dentro dó PSOE

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE