Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 9 de abril de 2009

Entrevista


Hoxe publico unha entrevista feita a semana pasada a un persoa de sobra coñecida no noso pobo.
Trátase de Luís Miguel Suárez Pérez ( Luís do Trenco ou Luís do Pub ).

Luís é o responsable-portavoz do BNG de Camariñas, candidato a alcalde polo BNG nas pasadas eleccións municipais, membro do Consello Comarcal do BNG da Costa da Morte, secretario de ADEGA na Costa da Morte, presidente da AA.VV. "A Pergoliña" de Camelle, un dos máis aférrimos loitadores en contra da piscifactoría en Camelle, un dos primeiros seguidores e colaborador deste blog, un gran amigo meu e penso que de tódolos camelláns.

Bueno, despois de tan amplo currículo, déixovos a entrevista coas oito preguntas que lle fixen, pero antes quérolle agradecer a Luís a súa predisposición e amabilidade nesta entrevista.
.
1. ¿Qué opinas da entrada do novo goberno do PP na Xunta?
Foi a elección da maioría dos cidadáns deste país. Só me preocupa que os avances que se acadaron en canto a Benestar social, Vivenda ou medio rural entre outros, se queden en nada.

2.¿ Pensas que finalmente, coa entrada do novo goberno, non se vai facer a piscifactoría na Xandriña?
Espero e desexo que non se faga. Foi unha promesa que lle fixeron a este pobo, ademáis xa o teñen máis sinxelo a raíz da proposta do BNG de Vimianzo de declarar Parque Natural de Interese Local a zona de Sabadelle, polo que esta zona quedará protexida e nese anaco xa non se podería facer. De momento seguiremos como ate agora, ¡en loita!

3. ¿ Cal pensas tí que foi a culpa da baixada de votos do PSOE e do BNG nas eleccións autonómicas?
Por un lado penso que foi a crise, tamén a campaña de difamación por parte dos poderes fácticos. Foi unha campaña de difamacións.
Por outro, quizáis non se soubo transmitir os avances realizados.

4. ¿Vai a haber cambios na política e a filosofía do BNG por mor da baixada de votantes?
A filosofía do BNG vai ser a mesma que foi sempre, a defensa dos intereses de todos os galegos e galegas.
Agora ábrese un proceso renovador, temos por diante unha Asamblea Nacional e a elección para o cargo de Portavoz Nacional, na que, baixo o meu punto de vista, debería saír elixido Carlos Aymerich ou Bieito Lobeira, e digo isto por dúas razóns que para min son importantísimas: primeiro pola súa experiencia parlamentar e segundo pola súa proximidade a xente.

5. ¿ Qué che parece o Plan Xeral para Camelle, hai moito que cambiar ou velo ben ?
O PXOM é algo que o BNG de Camariñas leva reclamando hai moito tempo, por fin sae a luz o plan inicial, de feito estamos a preparar como grupo político tamén as nosas alegacións. Pero si, bastantes aspectos do plan en Camelle baixo o meu punto de vista hai que cambialas, ainda que segundo expertos en urbanismo é dos menos malos.

6. ¿Qué pasa coa polémica na xestión da Fundación Man, xa que o PP estuda deixar o padroado e que proxectos vindeiros vai haber?
Non me gustaría que Dolores deixase a Fundación, creo que os que queremos que o Museo-Xardín de Man volva a relucir debemos estar ahí e sobre todo non politiza-la Fundación xa que iso a levaría a desaparecer. Estos días hai demasiado alboroto e iso non é bó nin para a Fundación nin para Camelle, paréceme un espetáculo lamentable.
Desexo que canto antes se acaben estas historias e poder sentirme tan a gusto como na “Pergoliña”, sen intereses personais nin políticos.
Despois do Congreso de restauración preténdese empezar a actuar xá no Museo do muelle, pero coma sempre,a “burrocracia” como eu lle chamo, está a entorpecer xa que agora a axencia galega de protección urbanística e costas piden a legalidade da caseta de Man para dar o permiso de obra.

7. ¿Volverás a presentarte como Candidato a Alcaldía de Camariñas?
Iso decidirao a Asamblea Local do BNG de Camariñas, pero sí, gustaríame encabezar de novo a lista.

8. Que opinas do voto emigrante?
Que vou a opinar, que é unha estafa a democracia.
No BNG sufrímolo durante as municipais, os votos que obtivemos no concello chegábanos para que saíse un concelleiro e no reconto da mesa da emigración perdémolo.
Eu fágome unha pregunta, ¿que pasaría se esta xente decidise a alcaldía en contra do que pensamos os que residimos no Concello de Camariñas? o que eu digo, unha estafa a democracia.
Formouse unha plataforma para que o Goberno do Estado cambie a LOREG, e isto non ocorra polo que animo a todo o mundo a asinar nela en
www.seresidesdecides.com

21 comentarios:

jose dijo...

a verda e q é moi bo rapas. Ainda que sei q é casi imposible debería ser o alcalde de camariñas
por cierto man tiñas q prejuntarlle que faría si fora empate pp co Psoe e o bng tubera un?
pactaria co psoe? pactaria co pp? deixaria q jobernase o mais votado?
pactaria con aljun dos anteriores si lle dan a alcaldia a el? ou simplemente quedaria na oposision?


Tiñas que faser teño unha prejunta para vostede, unha nova seccione cada mes ou asi faser unha entrevista a calquera e o q teña aljunha prejunta q a faja no?

bueno non me enrollo mais, eu non son do bng pero polo trenquiño voto que nos demostrou ser un dos jrandes defensores deste pueblo q os do meu partido(PP)tamen taban encontra pero os q tan no ayuntamiento nn se lles vio moberse nada.
Animo trenquiñooo!

TRENQUIÑO dijo...

O meu maior agradecemento a "quepasaencamelle" e o seu administrador e amigo Sienfuejos, por terme entrevistado na páxina do meu pobo. A verdade é que para min foi unha sorpresa e unha honra xa que eu non son máis ca un Camellán que pola miña maneira de ser está metido en 40 berenxenais e que teño a sorte de poder estar vivindo e traballando no meu pobo. De non ser asi, quizais non poidese estar na Pergoliña, na fundación ...
Hai algo que quero dicir dende hai moito tempo nas Asambleas de veciños e nunca me lembrei debido a que cada vez aparece un problema novo e temos de moito do que falar e entón penso... "xa o direi na próxima", e ainda non o dixen. Pero digo agora.
Quero agradecerlle a todo o pobo de Camelle a colaboración prestada cando se incendiou a casa do meu avó. Ver a todo Camelle alí demostra a estima que lle tendes a miña familia e en consecuencia a min, é algo que nunca olvidarei.

Bueno non quero poñerme melancolico simplemente, de corazón,
JRASIAS!!

unha persoa dijo...

Luis un 10,simplemente por ser como é.
Sigue así e non deixes que a política te cambie,como persoa a millor,Aprobado.

Xustiza dijo...

Hai que botálos!! dalle Luís que ti podes

Anónimo dijo...

Meu queridisimo e gran amigo luis..sabes de sobra que a xente que vai coa cara por diante e ademais o unico que quere e que o seu pobo sexa respetado desde o punto de vista do ayuntamiento non ganan nada..Encantariame que agun dia a xente de camelle se dea conta do que estas a facer polo pueblo tanto ti como a xente que forma parte da asociación de veciños da pergoliña porque polo momento fostes os unicos que pelexastes por que a piscifactoria non fose a diant..estou muy orgullosa de vos e segide asi que sodes os mellores do pueblo..AHHHH!!!!Tamen sin olvidar a xente que vos apoyou desde o primeiro momento e non os que intentan facerse ver e despois por atras clavar a puñalada..meus apreciados amigos de camelle so decirvos q sodes os mellores e que nunca vos separedes porque o pueblo unido vai o fin do mundo..bikiños

Wani dijo...

O meu apoio e afecto a Luís, camellán dos bos, deses que nos fan sentir orgullosos da nosa xente. Quizais sexa moi limpo para pelexar na guerra das quenllas (tiburóns) que debe haber no mundo da política e, por iso, me gusta especialmente Luís. É un chaval con carisma e fannos falta persoas coma el: con ilusión por mellorar as cousas, pero de verdade; non creo que sexa dos que fan discursos cheos de palabras e vacíos de contido.El cre no que di realmente e pensa que o mundo pode mellorar arrimando todos o ombro e sendo dirixidos por persoas auténticas, dispostas a traballar de verdade para que as cousas sexan máis xutas e non por bonecos, cegos pola ambición irracional, que lle dan a espalda a súa xente porque o que máis lle importa son as súas contas bancarias. Os personaxes deste tipo xa chegaron ao teito porque destrozan a herba cando a pisan. Por iso, todo o mundo está encantando cando xorde alguén diferente, que empatice cos demais (temos un exemplo moi recente).
Luís apunta como unha persoa moi prometedora; con dedicación aos asuntos que afectan ao seu pobo sen importarlle o esforzo realizado (diso, temos unha morea de probas), preocupado polos problemas que están afogando á xente, polos abusos, mentiras e, ademais, impecable no seu comportamento.Espero que consiga o que se propón; meréceo, de verdade e pídolle que non se desanime porque algún día recollerá o que sementa. Hai asuntos que requiren paciencia. Din os expertos que os incapaces de soportar as "gratificacións diferidas" (= non esperar a recompensa inmediata a un esforzo), nunca chegan moi lonxe.

Prepotente dijo...

Ánimo Luís, seguro que nas próximas eleccións chegarás a ser concelleiro porque o teu pobo che dará o apoio necesario e isto servirache para que che coñezan no resto dos pobos do Concello e vexan cal é a tua maneira de traballar e nun futuro poderás ser alcalde. Merécelo de verdade, porque es unha boa persoa, es honesto e fiel aos teus principios. Só che falta un pouco de "mala leche" para poder lidiar no mundo da política. Antes dixen que o teu pobo che dará o apoio, supoño que así será, independentemente das ideoloxías políticas de cada un, xa que nos demostraches co tema da piscifatoría que o teu pobo che importa (non coma outras persoas que están no Concello) a pesares das presións ás que estiveches sometido (tales coma ameazas anónimas no móvil, presións ao teu xefe ...). Segue así e non cambies nunca, e non te deixes malear nese mundo da política que a tantos corrompe. Eu creo en tí e sei que iso non sucederá.

xan dijo...

Que vou eu a dicir de Luís que xa non dixeran os comentarios anteriores.
É unha gran persoa en tódolos sentidos e pode que nunca chegue a alcalde porque milita no BNG e en Camariñas este partido non ten moitos adeptos,pero que siga así pelexando porque aínda que non teña os votos, terá a admiración de tódolos camelláns.

Escuela de hosteleria Paseo de los puentes dijo...

Conocí a Luís en la escuela d hostelería de A Coruña hace 7 u 8 años ya.
Es amigo de sus amigos, se yeva bien con todo el mundo, es una persona legal y fiel a sus convicciones, por lo que leo es poco conocido en Camariñas por eso no tiene muchos votos pero ellos se lo pierden, se pierden un buen vecino y un gran politico que pone por delante a su pueblo que a su partido o sus cosas personales.
hace 2 años cuando nos conto a los compañeros de la Escuela nos decia, me da igual ser alcalde para mi, mi mejor regalo seria ganar en mi pueblo.
Felicidades Camelle por tener vecinos asi.
F.V.R.

karavich dijo...

o de que Luis e bo rapás non nos cabe duda,pero a min tócame atacarlle un pouquiño.Non nos olvidemos de que o señor Luis estuvo pedindo o voto para un partido que foi cómplice, total ou en parte,do partido que tanto dano nos quiso faser.Dito isto soio cabe pensar duas cousas:que o señor Luis e ún, como presidente da AAVV e outro como político,e a outra que pensar e que o señor Luis jústalle pelexar cos socioslistos

Anónimo dijo...

para karavich: pois con mais rason ai que darlle o voto, para que se faja mais importante dentro dese partido e a sua opinion conte,non creo que no partido "complice" todos tuveran de acordo o igual que luis. non me justa a politica pero para as municipais o importante e que o que sea alcalde mire polo concello dando igual o partido.

faneca dijo...

En canto ao que di Karavich de que Luís é un na AA.VV e outro coma político, eu creo que a súa forma de pensar é a misma nos dous lados, non cama aljúns de Camelle do PP (que foron nas listas ao Concello ou que teñen posibilidades de ir nun futuro) que coma membros do PP desían, en público, que estaban en contra da piscifactoría e a título privado, que estaban a favor (uns porque pensaban acadar un posto de traballo e outro porque desía que sería bo para o seu nejosio que houbese xente de fóra traballando no pobo). Non nombro a ninjén porque senón Sienfuejos borraría este comentario, pero isto é verdade e teño testijos que poderían corroboralo.

karavich dijo...

Vamos a ver faneca,da mesma forma que defendes que non eran todos os do BLOQUE os que eran cómplices,tampouco podes intentar xeneralizar conque os do PP sogábamos as dúas bandas.Eu dende logo falo dende o meu punto de vista e non podes acusar a un partido por algo que eu dixen.E fixeras o favor,drásme en persoa quenes foron eses xa que eu teño ganas de comenzar unha limpeza dentro dó PP.

Faneca dijo...

Karavich, lee ben o que eu escribín, xa que ahí non xeneralizo, tan só dijo "aljúns de Camelle do PP", pero bueno postos a desir, hai que recordar que os primeiros que empesaron co tema das piscifactorías foron os do PP. Por serto, tamén chejou ós meus oídos que "aljún do PP de Camelle" anda tanteando á xente, desíndolle que ao mellor non se pode sacar toda a piscifactoría, que o que se podería é faser máis pequena. Espero que isto non sexa así, xa que en Camelle o pobo o que dixo é que non a quere, nin jrande nin pequena. O PP pode sacala si quere. Estamos a espera de que se publique no DOGA, cando o PP tome posesión do Joberno, que se retira a piscifactoría de Camelle. Imos ver quen ten máis forsa á hora de tomar a desisión: os vesiños de Camelle que xa deixaraon clara a súa postura(joberne quen joberne) ou ás jrandes empresas.

Libra dijo...

Pois dille a AAVV que che enseñen a lista dos que pagaron os cartos po avogado pa defensa da Jandriña e alí hai varios PEPEros que non puxeron un peso,e moitos con ideas socialistas que si os deron.
dende aquí tamén lle diría os da Pergoliña que podían publicalos nomes de todos os que demos cartos po avogado,e así a máis de un caeríalle a cara de vergonza.
Goberne quen goberne Camelle non se vende.
Animo Luis,que tí podes.

Anónimo dijo...

Karavich,le e encontras:

Aljúns PEPEros andaban con duas caras,eran os DA risa finxida esperando que viñera a piscifactoria.Outros si que pelexaban e berraban cando tiñan que facelo e despois a traballar,coller a súa CHALANA e ir o mar.

C.D.T

Seirugalimpa dijo...

Luis non me enchas tanto as copas de viño cando vou a Camelle. Despois pareceme que veño por unha autopista, indo por Traba.
Unha aperta, e merecelo todo.O de ser alcalde por descontado. Mellor nos iria con xente coma ti, que antepón o seu pobo a canta merda de dotrina poidan darlle na "misa".
Forza Camelle!!!

Anónimo dijo...

sodes muy pesados todo con tanta plitica e con tanto rollo, non bos aburrides, por que sa cheira o conto.

tendelo facil, por que non vos enrollades os do psoe cos do pp e jodedsvos o chiquito, e despois os do bng.

al.

karavich dijo...

vamos por partes:primeiro vou contigo faneca.eu ben sei que o proxecto fíxose no goberno dó PP pero eso non atenúa a parte de culpa que ten o BLOQUE no desarrollo dos acontecementos que deribou no asunto este.estou contigo sin embargo en que pudo haber algún dó PP que tivera dúas caras no caso JANDRIÑAGATE,pero estóu seguro que ahora de votar as eleccións a XUTA,fixo cunha soia.(que non era outra que quitar os Pesotas e afíns do goberno dá Xunta).Tamén estou contigo en que mentras non saia no DOGA non estaremos tranquilos.si esto non fora así, e seguiran adiante;ten por seguro que xamais votaría por eles.Por que algúns a pesar dos tempos que tamos ainda nos queda un pouco de coherencia.
PARA LIBRA:non me interesa saber o ideal político da xente que pagóu ou deixou de pagar.Preocupoume mais o comentario de moita xente sobre a forma de pago,quero decir,o de pagar por casa,o de pagar soamente os donos dós tarreos,de pagar cada un po-los ferrados que tiña cada ún(como cometaron moitos a sida da reunión).Eu penso que tíñamos que pagar todos, xa que estábamos todos en contra dá piscifactoría.
Por outr lado, eu non nombrei as persoas con ideales socialistas,se nón os SOCIOSLISTOS que é unha cosa moi distinta como xa todos sabemos.
ANONIMO:ese señor pudo decir eso,pero a hora dá verdade seguro que actuou con decisión pra botar fora a esa xente,coma xa dixen antes.
E non targibersemos mais as cousas que estase falando de que si LUIS e bó ou non.Eu digo que si,e encantaríame que fora cabeza de lista no meu partido,pero el escollío ir cunhas siglas dun partido minoritario,(po-lo menos aquí en Camariñas),minoritario por certo por culpa de algúns que non souperon facer ben as cousas cando tiveron oportunidade.

ANIMO LUIS E VENTE PRÓ PP, OU SINÓN PONTE POR INDEPENDENTE,(ASÍ SABERÁS CANTOS DOS QUE ESTÁN CONTIGO CHE TRAICIONARÁN).

muso do alcantarillado dijo...

e verda maxo mira q sondes pesados con tanta mierda de politica. Parese que sondes vos os que cobrades 13000 ou 14000 euros o mes coma os ministros.
Fumadelle uns e pasade de todos, que ninjunde vos vive a conta deles . (weno aljun si pero lle se jodan)
O q eu disia: paz y amor !y el + pal salon!

Anónimo dijo...

luis e un vendido!

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE