Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 16 de julio de 2009

Relato camellán


Isto é un fermoso relato escrito por unha camellana e que vai adicado a tódolos nen@s de Camelle pola experiencia maravillosa que conleva o ter un " PEQUENO GRAN COLEXIO " no noso pobo.

Pois ben...! ata aquí chegou o curso.
Para algúns... un ata logo, e para outros un " ATA SEMPRE " moi grande.
Porque sí, meus pequenos, estades a piques de dar " UN PASO IMPORTANTE ", un deses tantos pasos que vades ir dando ao longo das vosas vidas.
Os que irán formando esas persoalidades pequeniñas, e os que vos irán convertindo en adultos.
Este colexio é pequeno... é certo... !, pero iso, precisamente, é o que o fai moi especial.
Aquí estamos todos como se fósemos unha familia, todos vos coñecedes e sodes amigos.
Pero do que si estamos seguros é de que as experiencias aquí vividas sempre as levaredes nos vosos corazóns.
Coma ese bebé, cuios pais lle ensinaron a dar o seu primeiro paso, ou a decir a súa primeira palabra; aquí víchedes as primeiras letras, os primeiros números, e en cada letra que leades no percorrer das vosas vidas, estareds espertando o " ESPÍRITU DESDE COLEXIO ", estaredes chegando as súas entrañas.
Aquí nacíchedes e abríchedes os ollos..., a mente..., agora xa estades preparados para continuar.
Vós xa sodes parte da súa historia, e... como non... él formará sempre parte das vosas vidas.

E cando falo de colexio, refírome tamén as súas MESTRAS, que son a súa ALMA.
Elas son as que lle poñen voz, ollos e mans... ELAS son as que fan que cobre VIDA!.
En cada unha das súas paredes, dos seús pupitres, dos seus libros e incluso das súas escaleiras, quedearán grabados os vosos pasos, as vosas risas e a vosa inocencia.
Porque os nenos sodes especiais tanto que... xa veredes... votaravos de menos, como votou os outros tantos nenos que por aquí pasaron.
Como unha nai que vota de menos a un fillo que xa... sabe... CRECEU! ... e é de como din os nosos vellos... É LEI DE VIDA!.
Ides para un Centro máis grande e seguirades correndo..., rindo..., e apoiarédesvos uns ós outros porque como os irmáns, vós saíchedes do mesmo ventre, do ventre do "COLEXIO DE CAMELLE".

Pertencedes a mesma Xeración e cando sexades adultos, alá onde vos atopedes, as vosas lembranzas traeranvos ata aquí de novo, porque ¿quen non dixo algunha vez... ? "Fomos xuntos a escola...".
De aquí sairon moitos dos vosos pais, e ... secadra sairán os vosos fillos.
Entre todos manteremos viva a "maxia" deste "PEQUENO GRAN COLEXIO", que vos ensinou, entre outras moitas cousas, valores coma: AMIZADE, COMPAÑEIRISMO, e sobre todo...HUMILDADE.
AH.., e non vos olvidedes que sempre quedará ese pequeno DUENDE... ¿Cómo se chamaba?.... ah... sí.... PEBILI, vixiando que ninguén vos olvide e de que aquí queden as vosas raíces.
Abonda mirar para vós e ver ese sorriso nas vosas caras para saber que aquí fostes moi felices.
SORTE E ATA SEMPRE, CAMPEÓNS!!!.
Vicky Búa.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bonito,faime recordar que eu tamen pasei por ahi,que nunca se cerre ese pequeno gran colexio.
Felicidades Vicky Bua,ainda que non sei quen eres.

Anónimo dijo...

Gracias Vicky polo teu relato, paréceme moi fermoso e lémbranos a todos os camelláns que temos un viveiro de nenos para este colexio que nunca se debe pechar.

Camellana dijo...

Claro, ese colexio siempre o levaremos dentro de nos.
Felicidades! Está moi ben!

neno zindicalizta dijo...

Jrasiaz po-lo relato,pero creo que non somos zoloz nóz oz que teñen que meterze az pilaz,xa que voz oz papás,tendez moito que fazer por nóz.O outro día oín na dadio do coche de meu papá que oz paiz a medida que paza o tempo adequeridez douz zentidoz maiz,o da intuición ou o zezto zentido,e mailo zentido da rezponzabilidade.Ezpero que voz oz dezarrolledez e azí podadez evitar,por ezemplo,que caiamoz no mundo daz drojaz,no momento que dezconfiedez levadenoz a fazer un análiziz e dezpoiz actuade en conzecuencia,za que o pelijro como podemoz ver está ahí,e noz ainda zomoz moi pequenoz para entender ezo.Tamén queremoz que o día de mañán cando noz ezpliquedez que tanto az drojaz como ó foder zon maloz non o fajadez coa mizma cara nin co mezmo tono,por que o día de mañán,ijual probamoz o zezo e noz juzta,faremonoz a zijiente prejunta.¿e con rezpeto a droja tamén me dirían mentiraz?.Por certo za zein por que oz pequenoz non podemoz jinchar,por que non hai condónz do tamaño do nozo pito.Por último un par de reinvidicazionz:Non queremoz tantoz deberez,non queremoz tanta claze eztraezcolar,queremoz zojar o que zojaron oz nozoz papáz,o zea oz médicoz,non queremoz tantoz libroz,por que zinón dezpoiz teremoz problemaz de lombo por culpa daz mochilaz,queremoz bocadilloz con fundamento,de chourizo con tulipán pa que o pan non zea tan zeco e non eza merda de bolleria induztrial que noz metedez,todo por non traballar.E por último prejuntaredezvoz quen zon eu,poiz zon o prezidente da ADNAVEP(Azoziazión de nenoz que o ano que ven van a ezcola da ponte).Por último,perdoade po-laz faltaz de ortojafía,pero e que o que ezcribe e meu abó e o cabrón za chochea un pouco. ABURIÑO E JRAZIAZ.

Anónimo dijo...

Que bueno,ja,ja,ja.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE