Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
jueves, 3 de diciembre de 2009
Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"
quepasaencamelle súmase tamén a outras webs, blogs e medios dixitais en toda España e apoia tamén este manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet ante o novo anteproxecto de lei que pretende aprobar o Goberno de España, que permitiría pechar as webs que un grupo de censores consideren que violan os dereitos de autor.
Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que ...
1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e a liberdade de expresión.
2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.
3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.
4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria culturais, se non de moitas fontes distintas.
5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.
6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.
7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.
8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.
9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2009
(259)
-
▼
diciembre
(28)
- "Todo o que necesitas é amor"
- Sete anos sen Man (Aniversario da súa morte)
- Un CICLÓN pasou o sábado por Camelle
- Xente extraordinaria
- Vídeo musical (censurado)
- Dragado do porto de Camelle
- Os monólogos de Manolo
- Lotería de Nadal
- Canción homenaxe a Manfred composta e cantada polo...
- Documental "Os soños do mar" ( 1/3 )
- Vídeo de humor (Anuncio TV)
- Para mariñeiros nós (Capítulo 13)
- Info Comisión de Festas de Camelle
- Stopmotion + animación en flash = KUNGFU
- Libros ( La Casta )
- Vídeo musical (caseiro)
- Para mariñeiros nós (Capítulo 12)
- Impresionantes vídeos de barcos pesqueiros
- Info Comisión de Festas de Camelle
- Tow-in Costa da Morte (II)
- "Plan Bolonia explicado sen rodeos polo decano da ...
- Os monólogos de Manolo
- Foto antiga
- Vídeo musical XXX (NON APTO PARA MENORES DE 18 ANO...
- Para mariñeiros nós (Capítulo 11) Promo XVII Festa...
- Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en...
- Teatro na Casa de Cultura de Camelle
- Carta a Man (Antonio Nodar)
- ► septiembre (17)
-
▼
diciembre
(28)
2 comentarios:
Eu tamén o apoio, esto xa vai parecer unha dictadura, porfavor...
Gracias a internet conocemos a muitos dos chamados artistas. Comprar música non é asequible para muitos bolsillos e ahora, menos. E non teñen en conta que os internautas pagamos, coño si pagamos para que falen de descargas ilegales; temos unha boa cota mensual. Estes que se pensan!O que van conseguir é que nos deamos de baixa; despois botarán o berro nel sielo polas perdas das compañías telefónicas e tratarán de botarlle un parche, como fan con todo. Non se pode ser máis inútil que esta sente. Xa apesta tanto recortar por aquí e por alí, dando polo saco contínuamente.
Publicar un comentario