Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 29 de diciembre de 2009

Sete anos sen Man (Aniversario da súa morte)


Con motivo do aniversario da constitución da Fundación Man, coincidinte co aniversario do falecemento de Manfred Gnädinger,convocouse onte, 28 de Decembro na Casa de Cultura camellana unha rolda de prensa na cal a Fundación Man, xunto con outras entidades sociais operantes en Camelle, explicaron os pasos dados ao longo de este primeiro ano; así como o estado no que se atopan os diferentes trámites realizados ata o momento.
Tamén se expuseron fotos dos voluntarios, fíxose unha exposición guiada sobre o cambio climático e soltáronse globos con desexos no Museo de Man.
Nestas actividades participaron os membros do padroado da Fundación Man (entre eles o alcalde "Pichurri" e Daniel Rego),membros da Asociación de Veciños, da Comisión de Festas,os voluntarios e veciños de Camelle.



Nota de prensa da Fundación Man:
BALANCE DO PRIMEIRO ANO DE ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN MAN

Manfred Gnädinger naceu o 27 de xaneiro de 1936 na localidade alemana de Radozdell. Entre e 1959 e 1961 marchou a Suíza para traballar como pasteleiro nunca famosa chocolatería. Nesta época comezou a debuxar, pintar cadros e a escribir aforismos e poemas. Logo de estar en Suíza fixo unha curta viaxe a Italia para ver arte e, ao seu regreso, decidiu marcharse do seu país de orixe.

Logo de abandonar Alemania chegou a Camelle andando, segundo contan, pola area de Traba. Era un domingo de maio de 1961. É a partir deste momento cando a vida de Man deixa de ser un misterio para se converter nun soño que moitos creen comprender e a outros intriga.

Como case todo o mundo sabe, durante os anos que viviu en Camelle, o “Alemán” dedicouse a pintar rochas in situ ao redor da súa vivenda, convertíndoa nun impresionante museo ao aire libre e nun referente turístico único no mundo que só se pode entender no contexto do arte en relación coa natureza.

Despois de 41 anos en Camelle, nos que ninguén lle pode negar a súa dedicación continua ao museo coñecido como Museo do Alemán, morreu o 28 de decembro de 2002, a causa dunha insuficiencia respiratoria e unha tromboflebite que se complicaron tras o accidente do Prestige, que desfixo por completo a paisaxe que Man habitara durante tantos anos: un mundo de soños e lugar de fábulas que comezou nese día a converterse nunha vergoña burocrática de esquecementos, promesas e instrumentalización da súa figura.

Tras a súa morte, a súa herdanza, composta polo Museo e 120.000 euros, foron a parar ao estado, ao que Man outorgara testamento en 1972, instituíndoo herdeiro de todos os seus bens, dereitos e accións; manifestando en documentos xa traducidos o seu desexo de que con ese cartos se conservase o Museo, a súa casa e as súas obras para poder ser destinados a fins culturais.

Case cinco anos despois, nos que a obra de Man foi envellecendo día tras día, por mor do tempo, e o vandalismo, a obra e o Museo de Man pasan a ser competencia municipal, unha competencia difícil de asumir debido a que esta vez a herdanza non viña acompañada de cartos para poder afrontar un proxecto para conservar o que probablemente era un dos enclaves máis máxicos da Costa de Morte.

O Concello de Camariñas decide así asumir esta competencia constituíndo o 28 de decembro de 2008 a nosa fundación, a Fundación MAN, que nace debido á necesidade de crear unha entidade específica para a xestión e a promoción do legado de Man. O patrimonio inicial da Fundación está constituído por un capital de 12.000 €, aportados integramente polo seu membro fundador, o Concello de Camariñas. Nestas condicións arranca a traballar, case un mes despois da súa constitución, a ferramenta coa que se pretende sacar brillo ao Museo e rescatalo de entre os esquecementos das nosas costas.

Durante este ano a fundación retoma, entre outros, dous dos asuntos xa iniciados polo Concello: o intento de conseguir financiamento para acometer a necesaria conservación do Museo e a axilización dos permisos para a realización dun proxecto de conservación que tiña data de 2007.

En tanto se agardaba a que se resolveran os permisos para o proxecto de conservación, establecéronse tres claros obxectivos:
 • Sensibilizar e informar aos visitantes, pero, sobre todo, aos representantes de organismos, institucións e entidades da problemática existente debido ao deterioro do Museo.


• Obter uns criterios profesionais para a recuperación da obra de Man.


• Reivindicar a figura de Man como artista.

Para acadar estes obxectivos, a Fundación emprendeu as seguintes actividades:
 • Crear unha exposición fotográfica permanente na sede da Fundación, na que se aprecien os cambios que foi sufrindo o Museo do Alemán dende aproximadamente a década dos 80.


• Organizar unhas xornadas nas que diferentes expertos do mundo do arte a restauración, como son :


JUAN CREUS: Arquitecto responsable da rehabilitación da caseta de Man.


JORGE GARCÍA: Xefe do Departamento de Restauración do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.


PILAR SEDANO: Directora do Departamento de Restauración do Museo del Prado.


X. ANTÓN CASTRO: Exdirector do Instituto de Patrimonio Cultural Español.


CONCHA CIRUJANO: Experta en pedra do Instituto de Patrimonio Cultural Español.


, que proporán os criterios para a restauración do Museo.


• Retómanse os encontros anuais e internacionais sobre arte e natureza que xa foran organizadas polo Concello dende 2 anos atrás para reivindicar a Man como artista , tamén se organizan diferentes exposicións na Casa do Alemán e emprázase hoxe a participar a aqueles e aquelas que estén interesados, mediante unha solta de globos cargados de desexos a participar no III encontro de artistas Man de camelle, que se translada para o verán porque a situación actual non fai posible a súa realización nestas datas.

Ao tempo que se levaban a cabo estas actividades, a Fundación MAN traballou a reo tentado a inclusión no Padroado de diferentes membros de distintos organismos públicos e sectores económicos, sociais e culturais. Aínda que algúns manifestan a súa intención de integrarse no Padroado, un ano despois ningunha destas intencións se ten materializado, deixando á Fundación nunha clara situación de falta de financiamento, tendo que acometer as distintas actividades e proxectos cos 12.000 € que constituían o seu capital inicial ata que o pasado 17 de xaneiro se ingresasen 22.000 € procedentes da disolución da Fundación Terra de Soneira.

Ao longo deste ano son innumerables as reunións solicitadas a representantes de distintos organismos públicos e outras entidades , poucas as concedidas e moita a disposición a colaborar mostrada nestas reunións, pese a que a día de hoxe aínda non se teñen concretado en resultados.

Mediante a solicitude de máis dunha ducia de subvencións, publicadas nos diferentes diarios oficiais e outras convocatorias, buscouse incansablemente a posibilidade de levar a cabo diferentes proxectos necesarios para a consecución da posta en valor do museo do eremita, que conseguiu namorar a todas e todos os románticos que atoparon en Camelle un lugar no que poder disfrutar do encanto que desprende o sinxelo, e fomos vendo como esmorecían un a un todos os esforzos dedicados a cada un deles. Por diversas razóns, pero entre elas destacan a falta de interese e o feito de que a Fundación MAN aínda non se atope inscrita no rexistro de fundacións de interese galega.

En relación coa inscrición como fundación de interese galega, unha vez máis, a deshumanización dos trámites burocráticos e a falta de recursos, criada pola falta de solvencia, volve a frear a resolución dos requerimentos solicitados polo Rexistro no que se presentou a inscrición dez meses atrás. Ata hoxe aínda non fomos quen de emendar estes cambios, pois non é doado adaptarse a un modelo feito para todos que non ten en conta as singulares características dunha fundación coma a de MAN. Aínda así, cremos que xa estamos listos para acadar a inscrición, que agardamos poida estar resolta nos vindeiros meses grazas ao constante esforzo do Consello Asesor co que contamos, que sen ningún tipo de remuneración, ao igual que os membros do Padroado da Fundación, traballa desinteresadamente no asesoramento da nosa entidade.

Pese a esta panorama tan pouco alentador a primeira vista, sabemos que todo o esforzo realizado ao longo deste ano traerá os seus froitos. Fai tres meses comunicóusenos a resolución favorable dunha subvención solicitada á Deputación Provincial da Coruña para actividades e infraestructuras, na que se contemplaban as actividades anteriormente mencionadas.

Non é doado facer balance dun ano intenso en tan poucas liñas, pero dedicaremos as seguintes a contrarrestar o desequilibrio amosado nas anteriores. Para iso amarramos ao outro lado da corda o avance na traducción dos textos de Man, a elaboración dun convenio de prácticas para estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela, o feito de ter unha exposición permanente na sede da Fundación que nos lembre cal era o Museo que fixo Man, que moitos e moitas máis que antes recoñezan a Man como artista. Amarraremos a este extremo da corda a expresión que vemos nos responsables dos máis diversos ámbitos vencellados ao arte, o patrimonio ou a cultura cando descobren o tesouro de Man e son conscientes do traballo que queda por diante.Amarraremos ben forte os seis meses concedidos por tódolos grupos políticos con representación parlamentaria en Galicia que o 19 de xuño acordaron instar á Xunta a que realizase en seis meses un estudio de catalogación da obra de Man e a que , posteriormente, analizase a pertinencia de protexer o seu legado mediante a declaración como Bien de Interés Cultural (BIC) , prazo que rematará nos vindeiros días aínda que ningún se dirixiu dunrante este prazo á fundación para solicitar ningunha información . Si aínda así a balanza se torcera cara o outro lado sabemos que sempre quedará contrarrestado polo tirar conxunto da corda d@s volutari@s da Fundación, que durante este ano coidaron con cariño o que non se puido coidar cun proxecto de conservación que nunca apareceu, os mesmos que en tan só dous meses contaron a case 5.000 visitantes quen era Man, persoas que coma todos os que día tras día case que non temos tempo de pararnos a falar do que é necesario facer, porque estamos ocupados facéndoo, saberemos o que é gañar cando vexamos que os nosos soños individuais non quedaron en fantasía porque fomos quen de contaxiar o noso entusiasmo aos demais para poder dispor desa enerxía que os transformou en realidade.

Para rematar, tendo moi presente que as administracións non son máis que persoas, pedimos que sexan elas as que se contaxien dese entusiasmo.

Hoxe estamos acompañados de outras entidades que traballan en Camelle, como son a Asociación de Veciños A Pergoliña e a Asociación Cultural Festas de Camelle para dicirvos que a Fundación Man é a suma de todos e todas os que queremos a Man e é o lugar onde, sen dúbida, comezaredes a querelo se vos achegades e dende onde agardamos poder comunicar o próximo ano, nestas mesmas datas, que xa non é necesaria a corda da balanza porque todo está solucionado, porque oito anos despois de que Man morrese, entre todos, fomos quen de poder volver a ese recuncho onde apreciar a beleza do sinxelo esta vez non era só un recordo.

Camelle a 28 de decembro do 2009

Asdo. Sabela Mariñas García


Directora Xerente da Fundación Man




Relato sobre Man de Xavier Vieiro:
"Tenía una pena muy grande, lloraba, como si llegase el fin del mundo", así describe Juan Manuel Pérez, Juan de Belucho, percebeiro de Camelle, los últimos días de vida de Manfred Gnädinger, el alemán anacoreta que llenó de arte la costa de Camariñas, muerto ahora hace siete años.


Manfré, como se dirigían a él los vecinos de Camelle, se había levantado una mañana fría de principios de diciembre y, sin previo aviso, encontró que la marea negra provocada por el buque Prestige había sepultado cuarenta años de su incansable trabajo bajo más de doscientas toneladas de fuel pesado, un chapapote que aún hoy tiñe de negro algunas de las rocas de su museo al aire libre junto al mar.

El 28 de diciembre de aquel año, Juan de Belucho se percató de que la bolsa de revistas que dejaban en la puerta de la pequeña casa del Alemán llevaba colgada varios días, así que, de camino al mar, se detuvo junto a la vivienda del artista y miró por la rejilla de la puerta.

"Llamé por teléfono a las autoridades, porque lo ví así, tendido en el suelo, no sabía si vivo o muerto", recuerda Juan, mientras extiende sus manos como si quisiera abarcar toda la extensión del cuerpo de Man, cuya silueta sigue gravada en el hormigón del dique exterior del puerto de Camelle, en tres figuras que la lluvia constantemente llena de agua.

Man, el único fallecido que se ha relacionado con el hundimiento del Prestige, llevaba ya varios días muerto dentro de su casa, y fue enterrado en la ampliación nueva del cementerio, en un nicho cedido por el párroco; una tumba que no está adornada por flores, sino por pulseras, caracolas marinas, colgantes y brazaletes.

¿Murió Manfré de pena al ver petroleada su obra?. José Casal, un marinero retirado cuyos ochenta años le permitieron vivir toda su historia, recuerda que el Alemán, en tiempos capaz de nadar desde Camelle hasta la Punta de Traba, sufría una severa gangrena en su pierna izquierda, que los médicos de Cee "intentaron curarle, recetándole medicamentos, pero él no siguió el tratamiento, no quiso curarse", quizá porque el fuel ya había acabado con su vida.

Cuando los funcionarios municipales entraron en su casa, encontraron una abundante biblioteca en la compartían espacio Nietzsche, Thoureau y Lao Tsé, miles de fotografías; fundamentalmente autorretratos que recuerdan al estilo de Francesca Woodman, textos escritos en alemán en todo tipo de papeles que caían en su poder, dibujos y poemas; además de un meticuloso archivo de los cuadernos en los que debían pintar los visitantes del museo de Man.

Una fastuosa producción artística, desconocida hasta el momento, que había que sumar a sus ya conocidas obras de land art; esculturas con piedras, hierros, redes, raíces, ramas y conchas; y a los cientos de círculos de vivos colores con que adornó todo Camelle y que hoy palidecen después de siete años sin que nadie se encargue de su restauración.

"Respete el legado de Man", pide un cartel, pero acercarse al museo del Alemán es hoy visitar una ruina. Su casa, antes vívida y volcada al mar, está descolorida y resquebrajada, sin suelo, con sus cristales rotos, los mismos que, iluminados de noche por las velas desde el interior, creaban un "espectáculo de colores fabuloso", como recuerda José Casal.

Tras siete años de abandono, el 28 de diciembre de 2008, el Ayuntamiento de Camariñas constituyó la Fundación Man de Camelle, que intenta recuperar el legado del artista, clasificar todo el material encontrado bajo su casa, dignificar su figura y catalogar todas sus obras.

Por ahora, ha conseguido ya poner a disposición del público transcripciones de los archivos de Man, en la Casa do Alemán, el centro cultural de Camelle que conmemora la figura del artista; aunque el esfuerzo que resta por hacer hasta recuperar del olvido su obra y su figura es inmenso.


No hay comentarios:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Archivo del blog

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE