Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

martes, 19 de enero de 2010

A AA.VV "A PERGOLIÑA" denuncia as obras de rexeneración da praia de Camelle


A Asociación de Veciños "A Pergoliña" infórmanos, a través da súa vicepresidenta María Xosé, que xa están cansos de protestar polos problemas e incidencias das obras de rexeneración da praia de Camelle.

Xa informáramos que no pasado mes de Agosto tiveran unha reunión co xefe da Demarcación de Costas do Estado presentándolle un amplo informe desfavorable (con fotos parecidas as que podedes ver aquí).
Nesta reunión e noutras dúas máis mantidas co enxeñeiro xefe das obras, a resposta que dou o  xefe de Costas é que non hai máis presuposto (cartos públicos) para arranxar os problemas que se ven nas fotos, como as grandes gavias ou surcos provocados pola baixada das augas das leiras e dalgunha casa, os grandes charcos de auga que se forman, as pedras e gravas que provocan as gavias,etc.

A nosa Asociación de Veciños non entende a resposta de Costas que dí que é moi caro e non é rentable facer unha canalización desas augas para arranxar o problema, e pregúntase porque non tiñan previstos estes problemas antes de comezar as obras e sabendo o presuposto que tiñan para realizala.
A vicepresidenta da Asociación de veciños informóunos de que van a mandar un comunicado a varios medios de comunicación para que a opinión pública coñeza o problema.

Por outro lado, a nosa asociación veciñal tamén falou onte luns coa concellala socialista Mercedes Martín, para pedir solucións inmediatas sobre o sinal da TDT no noso pobo (bastante precaria).
A resposta da concelleira  foi que o concello presionou a Xunta de Galicia,xa que é competencia deles,para que instalaran a antena para poder ver a TDT no noso pobo e asegurou que mañá mércores sen falta (a ver si é verdade) operarios da Xunta instalarán a dichosa antena para que ningún camellán quede sin sinal.

4 comentarios:

playera de camelle dijo...

o da plaia si que é verda q é un desastre, polo menos asta ahora, que tamén hai q ter en cuenta q non ta acabada. pero pa q quedara ben de todo había q solusionar o problemas da ajua das leiras,eso prinsipalmente xq eso é o q cría herba...xq sinón tamos nas mismas. pero haber, non hai q ser pesimistas; el tiempo lo dirá.
o da antena vai sendo hora, pero eso sa é cousa da xunta...cando eles queiran, tamos dispuestos a poder ver a tele como todo mundo.
un saludo

eu dijo...

Opino o mismo ca tí,pero aínda hai xente que esta conforme e que critica a nosa asociacion de veciños,hai que joderse,a veces penso que temos o que merecemos.

Mauri dijo...

O cribado foi unha merda, na area sije habendo pedras, petóns, estachas e cristales. O canal que fixeron pa salida do río ten mais de quince sitios con fujas (en cen metros que mide). Os cabos donde se amarraban as jamelas sijen no sitio, bueno, tapados ca area pa que non se vexan... A ducha (debaixo da casa de Manolo de Bajeras) está enterrada case un metro (será muito traballo sacala e volve-la a poñer) e supoño que cando chejen as que están pejadas o paseo marítimo faran o mismo. A salida do aliviadero do río quedou tapada. O paseo marítimo está cheo de area.........
En fín, que dá justo ver o ben que traballa a xente cando os cartos son públicos e as administracións ¿competentes? (A TODAS) lles importa unha puta merda como queden as cousas(eso sí, acabando dentro do plazo e cobrando as comisións correspondentes).
¿Que non hai cartos? Dame a mín a risa, dos 600.000 € que costou a obra a empresa que a collío janoulle LIBRES de polvo e palla 400.000 € tranquilamente, ¿ou canto costa o traballo de 8 homes, un camión e tres escavadoras, e o alquiler dunha cribadora durante dous meses????? Porque o do drajado xa é outra obra distinta pola que tamén cobran....

karavich dijo...

Que razón tes compañeiro,non teñen vergonza,joder así os cartos que teoricamente eran para paliar ó paro.

ESTAMOS FARTOS DE QUE EN CAMELLE FAGAN AUTÉNTICAS CHAPUZAS.
PUDERON CONTRATAR A PEPE GOTERA Y OTILIO,CHAPUZAS A DOMICILIO

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE