Comunicado da Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte:
Queremos Galego: "Folga xeral no Ensino"
O vindeiro xoves 21 de xaneiro a Plataforma Queremos Galego convoca a todos os membros da comunidade educativa a secundar unha xornada de mobilización como protesta polo decretazo contra o galego presentado polo actual goberno da Xunta de Galiza.
É a primeira vez na etapa democrática que o goberno galego diminúe a presenza da lingua propia de Galiza no ensino, a pesar de que os últimos informes oficiais din que non se está a acadar a necesaria competencia no noso idioma, sobre todo entre a mocidade de núcleos urbanos, onde en moitos casos a escola actúa como único contacto entre as capas máis novas da sociedade e o galego.
Deste xeito, pasar dun mínimo dun 50% das materias en galego a un 33% supón ir en contra da legalidade vixente, pois na Lei de Normalización Lingüística estabélecese que o proceso de normalización do idioma galego e de promoción do mesmo ten que ser progresivo.
Porén, desde a chegada do PP ao poder, as agresións ao noso idioma están sendo continuas, materializadas unha tras outra con medidas que se remontan a etapas preautonómicas, a pesar de que a sociedade galega ten demostrado reiteradamente que somos maioría os e as que queremos galego. Fixémolo o 18 de outubro e o 30 de decembro desbordando as rúas compostelás, e volverémolo facer, con máis forza se cabe, o próximo 21 de xaneiro.
O próximo 21 de xaneiro debémoslle demostrar ao Goberno do PP, máis unha vez, que Galiza Quere Galego, que están en minoría e que son eles os que rachan co consenso e coas bases do Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade e por consenso democrático no Parlamento Galego en 2004.
Por todo isto, a Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte anima a todas as persoas interesadas en acudiren á manifestación nacional que sairá ás 11:30 da Alameda de Santiago de Compostela a que non deixen pasar a oportunidade de demostrarlle ao Presidente da Xunta de que somos maioría os e as que queremos a nosa lingua e a nosa cultura.
Máis info e inscricións : queremosgalego, quepasanacosta, 981 745266 / 703169
Benvidos camelláns
Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.
Generador LED para MySpace - Joombly
Buscar neste blog
¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?
martes, 19 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Últimos comentarios
chat camellán
Predición do tempo en Camelle
El Tiempo en Camelle
Predición do tempo e mareas
Prensa
as miñas páxinas
páxinas antirodaballo
XOGO ( Marble lines )
Seguidores
Archivo del blog
-
▼
2010
(89)
-
▼
enero
(19)
- Info AAVV "A Pergoliña"
- Coche (1.49m.de ancho),garaxe (1.55m.de ancho).Con...
- I Premio "MULLER POLA IGUALDADE"
- Os monólogos de Manolo
- Os relatos de Guany
- O que hai que ver (e escoitar) pola rede...en fin.
- A AA.VV "A PERGOLIÑA" denuncia as obras de rexene...
- Os monólogos de Manolo
- Manifestación pola folga do ensino do 21 de xaneiro
- Lembranzas do pasado (II Parte)
- Os relatos de Guany
- ¡¡¡ CRASH !!!
- Documental "Os soños do mar" ( 3/3 )
- Os monólogos de Manolo
- Nin ratos vivos nin efectos visuais por ordenador....
- Lembranzas do pasado (I Parte)
- Re-celebración de fin de ano
- Para mariñeiros nós (Capítulo 14)
- Documental "Os soños do mar" ( 2/3 )
-
▼
enero
(19)
-
►
2009
(259)
- ► septiembre (17)
37 comentarios:
Por suposto que llo imos demostrar. Queremos galego e teremos galego. Alumnos que non entenden as matematicas en galego ...¿ como as entenderán en inglés?
Mirade que sondes tocapelotas eh!!! Gustaríame a min que lles puseran un examen de lingua galega de 2º de bachiller a calquera destes que tanto ladra. Ide defender as vosa vida, pero non nos toquedes os juevos os estuediantes, que traballo temos con aprender o importante, como pa ter q aprender q OLA se escribe sin H. Se forades a cajar todos.
Eu tamén apoio sen por sen o noso idioma e apoio a todo o mundo que se manifesta pola nosa seña de identidad,o noso idioma.
¡¡¡ Abaixo o fascismo,viva o galego e os galegos !!!
Pero,¿Quen convoca esta manifestación?.¿Esta plataforma,ou os profesores?.Si son os primeiros,non me extraña,por que xa sabemos como son.Agora si son os segundos,ou todos mesturados,dende logo,non teñen ética nin vergoña.Están a facer unha das cousas mais ruíns e horrendas que pode facer unha dictadura fascista,que non é outra que politizar ó ensino.¿Acaso xa nos esquencemos de cando nos facían cantar o cara ó sol,ou formar para entrar ná clase?.Joder tíos,un pouco de cordura.Aquí ninguén está a atacar ó galego.Aquí o único que se fixo,e darlle a oportunidade os pais e os alumnos de poder ELEXIR(espero que entendan esta palabra,que tamén está en galego)en que idioma queren a educación.Nunca impoñer,como estaban a facer algúns.
Galicia,é un país bilingüe,e como tal,e recolle a Constitución,a educación hay que dala nos dous idiomas.E ten que imperar a paridade,que se den o mismo número de asignaturas en galego que en castelán,e isto é o que se quere facer e non lle busquedes mais pés ó gato,que o que ten por detrás é un rabo.
Si ésta ley fora contra a constitución,¿Por que non denuncian ante o tribunal constitucional e se deixan de manifestacións?.Igual é por que ós convocantes,impórtalles un carallo que os nosos fillos saian preparados a un mercado laboral que cada vez está mais jodido.Claro como a eles o de aprender galego saílle ben,(por que seguro que a maioría son mestres ou funcionarios dá Xunta),e claro para eso o galego,si que é necesario.Pois sinto moito,pero non creo que os nenos o día de mañán podan sair todos,nin mestres,nin funcionarios.Po lo tanto,pido dende aquí os mestres que eduquen e preparen os nosos fillos para que se poidan enfrentar a vida,con soltura e garantías,sin intentar inmiscuir ós rapaces nunha loita que non vai con eles e que ademais si miraran o que lles espera,estou seguro de que serían eles os que mandaran a estes mestriños ó paro(por non decir a tomar por c...),e despois,si que tería sentido que fixeran unha manifestación.
NON FAJADES CASO,RAPACES,VOS IDE Ó COLEXIO O DÍA 21 E SI NON VOS VAI Ó MESTRE,DENUNCIÁDEO,QUE É O ÚNICO QUE ESTÁ FALTANDO O SEU DEBER.
Karavich,quen eres tí para decir que teñen que facer os nosos fillos,si teñen que facer caso ou non e si teñen que denunciar.
Fala por tí e infórmate un pouco xa que os fanatismos políticos coma os teus non van a ningures.
Cada un ten a súa opinión,pero non nos queiras inculcar as túas ideas de dereitas xa que os únicos fascistas aquí sodes vos.
Non hai que politizar tanto as cousas e saber de que se fala e porque se fai a manifestación.
Eu,está claro, que o xoves non vou mandar os meus fillos a escola,aparte non hai profesores porque van a manifestarse polo dereito de todos os galegos,o noso idioma.
Anónimo, ti que tanto galego falas, xq non vas a tomar polo cú!!! Entendestelo??? Mira q sondes aburridos ehh. O jallejo sa o falamos todos gratis, xq nosos pais e nosos abuelos era o unico q sabian. Asi q polo menos sa q os nosos ancestros non sabian outra cousa, dadenos a posibilida a nos de aprender outra cousa aparte do jallejo!Xq recordoche q de pedrafita pa leste o jallejo valeche pa cantar a rianxeira, xq pa outra cousa...
E aljuns dos xovenes de ahora queremos optar a aljo mellor co q por desgracia nos pode dar a vida en camelle.
Xq por culpa dos politicachos que practicaban politicas lingüisticas, e andaban a rascar o carallo con propajandas. Pois agora gracias a eles estamos mais atrasados co resto de españa.
Asi q o que nos queda a nos e coller a maleta e jodernos como tuberon q faser os nosos avos. E despois o jallejo??? Ai si despois o jallejo arrejlanos a vida, e imonos a acordar da suerte q tuvemos de aprender jallejo en ves de injles!!
Por favor, un pouco de sentido comun!!
Querido anónimo,non sei por que te picas,si eu a vos,os que opinades,nos vos nomeei para nada,eu soio dein o meu punto de vista,coa libertade que me dá o estado de dereito,¿ou eso tamén o intentades pisotear?.Eu díxeno a modo de consello,agora cada un que faga o que queira,¡faltaría mais!.Pero xa que eu non sei do que falo,a ver si mo explicas tí,que tan listo es.Os que intentan politizar o asunto,xa vemos todos quenes son,e as probas son palpables.Queren inculcarlle os rapaces unha ideoloxía para que o día de mañán sexan caldo de cultivo de extremistas que o único fin é de retrasar a nosa terra un século.
Tamén sigues insistindo en chamarme fascista,¿que o dís a modo de insulto por que sona como tal?.Pois direiche que mirando as formas de actuar e de escribir dos dous,soio cabe decir que descoñeces totalmente o significado de dita palabra.por que aquí o único que está obrando dunha forma fascistoide eres TÍ.
Tí cos teus fillos fai o que queiras,non creo que ninguén che quite a razón,pero po la mesma regla de tres,déixa que eu co meu,tamén o faga.
E para rematar decirvos que esto que está a facer a Xunta,iba no seu programa electoral,e a pesar de todo,ganaron as eleccións por MAIORÍA ABSOLUTA,e po lo tanto,un pouco de respeto os ideales democráticos,por favor.
ESPERANDO QUE AS MIÑAS PALABRAS NON DAÑARAN O TEU INTELECTO,DESPÍDOME ATA OUTRA.
Como estudante que son ,mañá non penso asistir a clase. E quizáis me presente na manifestación.¿Como que o galego só vale para cantar a rianxeira de pedrafita pa leste ?
Que pouca vergoña hai neste mundo. Galegos seredes, pero non o parece.
Recordovos que o galego existiu antes co castelán. E os reis de castela , os nobles e os curas ca forza e cas cruces viñeron asoballarnos e a prohibirnos falar galego. Menos mal que os nosos avós non eran como sodes vos agora ( vasallos dos nobles ) e a pesar dos pesares aguantaron , resistiron e falaron galego ata o día de hoxe.Cousa que vos , xa que falades deles coma se foran analfabetos xa quixerades ser coma eles.
VIVAMOS COMO GALEGOS !! ( e non coma ignorantes )
Por fín aljo de diversión po blog que xa o estaba botando de menos...
Por fín os ladróns volven detrás dos que rouban...
Por fín volven os mesmos cáns con distintos vozales...
Por fín os intelectuales dos ideales politicos atacan de novo...
Pois... ATOMAR POLO CÚ TODOS que sondes todos ijuales, que non hai mais sejo que o que non quere ver, que sodes todos ijuales dereitosos ou esquerdosos, fanáticos analfabetos que non queredes ver mais que o que unhas sijlas politicas, e que pensades que vos representan, vos inculcan para os seus putos intereses.
Todos son ijuales... QUE PENA!
PD:(para galega) Filliña, as folgas son para aljo, non só para non ir a clase, se fas folga vaite a manifestación ou se non vaite a clase, (en galego ou en castelán) que será bó para o teu futuro, sejuro que mellor que pasar o día por aí rascando a reverendísima e e collendo "one day to hollidays by the face"
PD2: Facedevos un favor a vos mesmos e deixade de usar tan alejremente a palabra "fascismo", xa que o significado da mesma nada ten que ver co que, polo que se vé, a queredes usar.
Yo no tengo hijos en edad escolar, razón por la que al Gobierno gallego no le importa nada lo que yo pueda opinar sobre el uso y el estatus de la lengua gallega en nuestro sistema público de enseñanza. Y ese es el gran error de Feijoo, que en vez de asumir que Galicia tiene una lengua propia, y gobernar ese patrimonio con todas las consecuencias, ha reducido el hecho lingüístico a una cuestión instrumental -de utilidad, de preferencias, de «cosa chachi, o sea tú»- en la que nunca podremos entendernos.
El gallego no es solo, ni siquiera principalmente, un problema de la enseñanza. Es una cuestión de país. Y, ya que es evidente que la enseñanza es el único recurso que nos queda para no entrar en la etapa de su decadencia definitiva, no podemos eximir a los escolares del esfuerzo que todos necesitamos para que el gallego se mantenga vivo en medio de un proceso globalizador que amenaza con arrasar todas las diferencias. El problema no consiste en preguntarles a los papás de nuestros niños, o a los propios niños, si les mola o no les mola el gallego, sino en darles cuenta de su obligación de esforzarse para que su más importante patrimonio no entre en crisis en el espacio de una sola generación. Y sobre eso tenemos que hablar todos, ya que todos somos gallegos y todos pagamos la enseñanza.
¿Qué pasaría si el urbanismo lo gobernasen los propietarios? ¿Cuánta gente estaría a favor de invertir en el patrimonio artístico o natural lo que podríamos ahorrarnos en impuestos? ¿Por qué los que planifican la enseñanza pueden decidir todo sobre la Historia o las Matemáticas y nada sobre la capacidad educativa de los vehículos del conocimiento? El problema de la desafortunada encuesta en la que estamos empantanados no es que tenga varias lecturas, o que sea discriminatoria en su universo, o que haya sido despreciada por la mitad de los pocos que podían contestarla, o que carezca de credibilidad científica y política, o que trace un panorama ya de sobra conocido, o que sea posterior a la electoralista decisión de modificar el modelo, o que haya suscitado un principio de enseñanza a la carta que la Xunta no podrá satisfacer. El problema es que reduce el hecho lingüístico a un juego de opciones y utilidades que lo relativizan, y que, una vez dado ese paso, ya no importa nada lo que disponga el próximo decreto.
Por eso quiero dejar claro que mi oposición al nuevo modelo no vendrá de que le otorgue al gallego una hora -o una troncal- más o menos, sino de la desgracia que supone haber pasado el gallego, de realidad esencial y nutricia para todos, a una cuestión relativa para los niños y al albur de los papás. Porque el mal ya está hecho, y es, en muchos aspectos, irreversible.
Anónimo...
Faime un favor, non me chames filliña... renunciaría a ter unha nai ou pai coma ti. Si, as folgas son para algo, para negarse a traballar ou estudar por algun que outro motivo.
Respecto ao da manifestacion ...
Non puden ir porque meus pais teñen unha costume ... a de `traballar´ ¿coñecela? Pois si a coñeces, entenderás que non teño quen me leve.
Si asisto a clase é señal de que estou de acordo coas clases en castelán, etc. E iso si que non, xa que non vou alá non asisto a clase e punto, algo terei que facer, senón mal imos.
E iso non é mais ca unha escusa para pouco a pouco acabar co galego.
Si,tes razón , asistir a clase será bo para o meu futuro, pero asegurote que será mellor no meu idioma, porque noutro, dudoo moito.
Respecto ao da reverendísima direiche que a rasco como cando e donde queira porque para iso é miña. E prefiero rascala un día de folga que rascala o resto dos días do curso cando non entenda o que me expliquen na clase ( evidentemente, noutro idioma )
Galega estoy contigo completamente dacordo. O unico que pretende esta ley é acabar co galego, pero para non facer moito escandalo, pois sustitúeno por inglés coa excusa de mellorar o futuro dos nosos fillos, eu, coma nai que son, penso que xa hay a suficiente dificultade nos estudos nestre intre coma para engadirlle outro idioma. Sí, o inglés é necesario, pero.. acaso os nosos fillos non teñen xa unha asignatura chamada inglés? creo que sabendo o que lles ensinan nese tempo de clase, pois aprensense a defender bastante ben polo extranxeiro, e se algún rapaz/a ten intención de estudar fora, pois rocordo que a xunta da becas para ir ó estranxeiro, ou sempre pode estudar inglés pola súa conta.
Pareceme excesivo poñer un 30% das asignaturas en inglés, que na miña opinion o que causaran é un aumento dos suspensos, quizas non en todolos casos, pero sí na meirande parte deles.
Un saúdo: unha nai que sabe do que fala.
Pois claro que si,vese que ti si que te preocupas polos estudos dos teus fillos.
Cousa que outros só pretenden un aumento do `fracaso escolar ´ .
esa nova lei do ingles non vale para nada. namas que o que vai facer e romperlle a cabeza os rapaces.
nos meus tempos de estudiante non se podia falar galego, e agoro que pretenden?
pois pretenden o menos, pero disimulando e coidando as formas.
O galego normativo que llo enseñen a quen o queira aprender eu falo jallejo(de camelle)e castellano(que conste que tampouco me justa falalo), é o injles podeme servir pa aljo pero co galego normativo non von a ninjun lado, e o castellano é oblijatorio porque tamos en españa e no resto de españa non che van entender co galego, asi que eu dijo oblijatorio o castellano, galego pa quen o queira, e injles pa quen o queira tamen. A min tampouco me poden oblijar a falar ou estudiar galego porque non me interesa e punto
Querido anónimo:Este blog foi concebido para informar os veciños e non veciños do que pasa no noso pobo.Debaixo de cada noticia ven a posibilidade de comentar ou dar o teu parecer sobre ela;e si ti fijas,no meu primeiro comentario,foi o que me adiquei.Nó segundo soio me defendín por que me sentín agredido verbalmente,e sí,tes razón,usamos moi a lixeira a palabra "fascista",pero eu soi o chamei cando me chamaron a mín.
Por outra parte direiche que tes razón,que estamos a defender a uns personaxes,que o único que fan é joder os cartos os contribuintes.Defendemos a unha clase política que o único que busca e o seu benestar,sin importarlle ccomo o pasen os cidadáns.Dito esto,penso que os teus insultos están un pouco fora de lugar,e que non ven o caso tanta violencia verbal.Tamén estou dacordo das recomendacións e consellos,si exceptuamos o de ir arrañala,que lle das a GALEGA.
Querida GALEGA:Non sei si te referirás a mín,pero si é así,dime donde eu ataco ó galego.Eu soio ataquei os mestres.
Tamén te direi,a modo de consello,que parece que basas a túa ideoloxía na venganza.¡QUE POBRE!,como pobre tamén é a prioridade que tes tí sobre os problemas dá sociedade,na que tí tamén estás incluida,o sa,a prioridade é savar ó galego.Pois moi ben,como tí ben dís,si daquela non poideron con él,penso que agora moito menos.Po lo tanto,penso que podías protestar por moitas mais cousas que che poden afectar nun futuro inmediato.
En canto ó de José Luis Barreiro,estás equivocado.Non fostes dó PP nunca.Tí fostes de COALICIÓN POPULAR,(formada po lo PP E COALICIÓN GALEGA).Coalición que se desfixo a raiz da túa implicación en algo de máquinas recreativas.¿non te lembras?.Por certo,ten gracia o de escribir toda esta loa ó galego en castelán.Non sei,pero,como que non soa moi creíble.
ABURIÑO.
Esta sacado da "vos de jalisia", por eso esta en castelán, que rápido renegades dos que non rezan o voso rosario
galega, tes muita rason no k dis eu tamn son estudiant e pareseme muita carallada esto do ingles, oxe fun asta santiago, e aquelo estaba q non se cabia de tanta xente. Alejrame pensar k galicia ten sentidiño... e ve coma nos estan kitando de estudiar no noso idioma.
¡¡ VIVA O GALEGO !!
Señores menos ingles e mais castellano que fora de galicia existe mais mundo,e co galego solo non sevai aningures.
Posdata: eu son galego.
Tí non eres galego,tí e mailos outros dous sodes do PP e tanta política xa cheira.
Oes ti sakespeare!!!! a min os do PP quedanme muito pola esquerda! eu son bastante mais ultra! Asi q non me veñas comparando con estes demócratas do carallo. Eu o q non ajuanto e q me oblijen a faser cousas q non quero. Qn cojones son os politicos pa disirme a min q Jalisia é "Galiza", que estudiar é "estudar" e tonterias coma estas. Eso e o que eu non soporto, e tocame os juevos!!! Asi q ide vos aprender a parvada esa do galego normativo q inventaron os do bloque!!!
SIEMPRE FASCISTA!!!
ah,ahora tí es dos que apluden os corruptos,pois moi ben,así nos vai
sakespeare cadaun e libre de ser do partido que ael llesala dos collons,e sinon che gusta metelle azucar.
Querido karavich , en primeiro lugar, non me dirixía a ti.
En segundo lugar, o de ir rascar a reverendísima do anónimo, non lle hai que facer, comenta en noticias da educación .. pero el vese que ten moi pouca.
Grazas polo consello, pero non creo eu que base a miña ideoloxía na venganza.
Non considero nada pobre a miña prioridade que teño sobre o saber galego, ademais, cada un ten a súa.
Claro que daquela non puideron co galego, pero agora sí que se pode loitar por él , por iso alguns o facemos.
E si protesto por isto é porque tamen considero algo que me afecta nun futuro inmediato.
Jallejo .. alegrame saber que xente coma ti visite este blog e tamen que Santiago estivera cheiño de xente.
Porque os informativos e todo están comprados que sinon habiase de notar ben este dia de folga.
O que sondes é unha panda de ignonarantes con moi pouca cultura e uns faltóns de carallo que ten que ser o que vos dijades e o carallo,nin que foras os amos deste blog,sejuro que na casa baixades os pantalóns.¡¡¡Reprimidos!!!
Simplemente expoñemos a nosa opinión ... para iso existen os comentarios.
E ... non falemos de faltóns!
Para o de antes:Non puden profundizar mais ná contestación por que tiña que facer unha cousa que non podía esperar demora,pero vou a contestarche agora como Dios manda.
Díxenche que ese individuo,non pertencía ó PP,si non a COALICIÓN GALEGA.Estuvo condenado por un asunto de corrupción,por eso eu repudio del,ao millor,tí como representante do novo progresismo,acollerálo nas túas filas,e por rriba aínda lle darías un premio.E outra cousa,da misma maneira que os do PP repudian dél.¡CARALLO!como vos ajarrades os que non comulgan con eles,anque sea o mesmo demo.
Con Galega,estou de acordo que eres libre para pensar e facer o que che veña en gana,en eso básase a democracia.Democracia que costou moitos sufrimentos conseguila.
O que non entendo e que se lle estea intentando meter cancelas ó saber,e que esos intentos,veñan de parte de quenes se supoñen,son os guardians e vixiantes dó saber,OS MESTRES,AS NAIS,E O MESMO ALUMNO,anque éstes teñan menos culpa.
Eu penso que canto mais sepamos,canto mais nos esforcemos en recoller sabiduría,mellor será para todos e para todo,non para cousas puntuales.Por eso si queres outro cosello,empápate de sabiduría,e verás como,o día de mañán,serás mellor persona si cabe.
E POR FAVOR,A VER SI AMODERAMOS UN POUCO A AGRESIVIDADE,QUE PARECE QUE NOS LEVAMOS MAL,E NON É ASÍ.
Galega,perdoa pero ijual me expresei mal,pero o de ignorantes non era por tí,era polos faltóns que están en contra da manifestación e do noso idioma.
ide, tomar polo cu bos a mais o voso ,galego,que solo vos vale pa chejar a baiñas,e deisade que cada un fale o que lle dea a jana, que pa eso tamos nun pais libre, que siempre tamos ijual,siempre querendonos impoñer a vosa santa voluntade, eu ein de falar o que me dea a min a jana,e non o que queirades os bloquistas de merda,quen sondes vos pa inpoñer nada,KARAVICH que sepas que ton contijo o sen por sen, e os do jallejo que lle dean moito POLO.
Poder podes falar o que ti queiras, xa nadie cho prohibe, pero coa educación que levas creo que nin a Baíñas chegas.
Por favor,non intentedes subirme a ningún carro.Eu non pusen nada contra o GALEGO ,o revés,si eu estou dacordo que se estudie o galego ná escola,como o castelán,ingles,matemáticas,etc,etc.Nin pusen nada a favor.Eu soio digo que esta manifestación,promovida po los mestres e secundada po las forzas políticas veñen a corroborar a miña versión de que detrás de esta manifestación,teoricamente contra o aumento dó inglés e disminución das horas en galego,hay simple e llanamente un trasfondo político,como se está a demostrar enmoitos dos comentarios que aquí aparecen.
E XA ESTÁ.
karavinch, con todo o meu respeto, creo q se che vai un pouco a olla. como non vai aber un trasfondo político??obviamente q o hay, pero xq o tema da lingua, x desgracia, forma parte das axendas políticas nas existe unha política lingüística q hay q diseñar e elaborar. o q non poden faser e xojar ca NOSA linjua nai, e cambiar decretos cada ves q veña un joberno de turno. E reconose q siempre pasan cousas destas cando veñen os do PP q siempre lle justou máis o castellano! simplemente eso. e tampouco ton de acuerdo co novo galego q impulsaron os do bipartito, claro q non, porque creo q ninguén fala así nin sabe. pero bueno a cuestión é q non poden faser coa lingua o q fan, q taba ben como taba, simplemente eso! q eu estudiei jallejo, castellano, injlés e fransés...E chejoume pa saber bastante. Despóis cada quen é libre de profundizar nalgún idioma a parte dos do país. joder!! así de claro. e non andar con tanta carallada de andar cambiando decretos e mierdas q o final a quen afecta é os estudiantes...
Estou de acordo contigo estudiante !
Si Si, pero a q jode perder as eleccions socialistas e bolquistas???? Pero bueno ainda durastesdes 4 anos!! jajajaja
Vale,eu tamén estou de acordo contigo.Si,eso,é mais o das horas dunha cousa ou outra é precisamente o que estou defendendo,todo o que sea para enriquecernos de sabiduría,¿ou non?.Tamén estou en contra de toda influencia política nas aulas como xa expliquei anteriormente.Bueno,sin mais espero que toda esta polémica se dea por zanxada,po la miña parte así vai ser.
ABUR.
se siente!
q ten q ver que os socialistas e os do bloque perdan as eleccions?
Pois moitos poden estar contentos da eleccion que fixeron (con isto non me meto no voto de ninguen) e para poñer un exemplo, pois poñocho relacionado co ensino...
comezando por quitar a gratituidade dos libros de texto, cando o bipartito anterior logrou que o ensino fose practicamente gratuito.
seguindo por isto, que detras de esta merda de poñer ingles nas aulas a realidade é q sa non saben o q facer para quitar horas de galego do ensino!!!! e iso é unha realidade que da vergoza de contala.
Con respecto o que puxen un pouco mais arriba da gratituidade dos libros aclararei que si, que dan axudas, pero as axudas sempre benefician aos mismos, aos podres de cartos que cobran o negro e non declaran, pero despois non teñene casa se non palacios pero como na sua declaracion solo poñen 4 patacons de nada, pois a axuda vai para eles e iso é unha cousa que como persoa xa debería de dar vergonza, pero claro, o carto cega a moita xente.
Por outra parte, o da nova lei esta non me parece nada ben. E xa sei que moita xente vai a pensar que todo isto o digo desde o punto de vista da ideoloxia xeral da miña familia e a involucracion dalguns compoñentes desta, pois direi unha cousa, que tamen asi me servira para calar moitas vocas ( non me refiero a nadie en concreto) que algunha persoa da miña falilia este mtida na política ou afiliada o psoe non ten nada, absolutamente nada que ver coa miña ideoloxia politica. ( perdon se con isto ofendo a alguen, non é a miña intencion, ainda que o que se sinta ofendido, moitas veces, a verdade, doe)
Publicar un comentario