Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 22 de enero de 2010

Os relatos de Guany


LINGUA, LENGUA…..


Estiven lendo unha reflexión que se fixo no Diariocamariñán en días pasados sobre a lingua e estou bastante de acordo co que alí se dixo. Leis para normalizar a lingüa, normas, abertas ou implícitas para o uso dunhas línguas ou outras. Discusións, desacordos, represores, impulsores, redentores, etc., etc. Como casi sempre, o persoal, vai por libre e practica a lingua que lle dá a gana; exprésase naquela que aprendeu de pequeño, falada na súa casa, e verase inducido (se é flexible) a compaxinala con outra cando a situación llo demande, por exemplo, no caso de que o interlocutor só entenda o castelán. Xa sei que haberá quen diga “se non me entende, é o seu problema”. Cada un coas súas cadaunadas....


Para min, expresarse de xeito intelixible para un un foráneo significa telo en conta como unha persoa máis e non me parece de educación marxinalo polo feito de que fale un idioma diferente ao meu, cando teño a riqueza engadida desa outra lingua coa que entenderme con el. Dar por suposto que o noso é o mellor e o único válido é un xeito de reduccionismo que pode limitarnos en moitos terreos e, nos casos extremos, levarnos a actitudes totalmente desconsideradas por non dicir outra cousa. Algo que teño claro é que ninguén é o embigo do mundo, sexa galego, queniano ou xaponés aínda que a súa experiencia subxectiva persoal asi llo indique porque é totalmente súa e privada pero a realidade é outra.


Sei que con estas opinións vou gañar antipatías pero o que non vai conmigo é mentir nin sequera para quedar ben. Tamén son consciente de que o que se opine sobre a lingua sérvelle aos demais para etiquetarte nunha tendencia política determinada porque o énfase no galego parece monopolio da esquerda. Aquí, a que subscribe ten unha idea das persoas moito máis ampla que iso e non traga con esas lerias. Pódovos asegurar que no meu círculo de amizades hai de dereitas, esquerdas, católicos, agnósticos e ata unha persoa doutra nacionalidade. ¿Como é posible semellante mestura?: respectándose mutuamente. Educáronme niso tan importante para a convivencia, independentemente de que o fixeran en castelán ou en galego.


Coñezo a xente que tivo a primeira oportunidade de traballo fóra da súa terra porque ningúen lle facilitaba un posto dentro dela. Amaban Galicia, a lingua natal e todo iso pero a solución venlle de fóra. Se non soubese desenvolverse en castelán, non sabe canto tempo estaría peregrinando polas oficinas de emprego por moi galegas que fosen.


Afirman os que entenden disto que todo o que facemos na vida ten un carácter adaptativo normalmente. Paréceme un matiz importante porque é moi útil saber convivir coas circunstancias que nos tocan e ser capaz de modificalas ou cambialas cando proceda. É de perogrullo que vivimos nun mundo cambiante como nunca na historia que coñecemos. Estou encantada de ser galega, sentirme galega, falar e escribir en galego, pero estaría máis encantada aínda se, ademais, soubese comunicarme con persoas que falan idiomas distintos do meu; esa comunicación pode ser mutuamente favorecedora e, moitas veces, necesaria para resolver un futuro incerto noutro lugar que nos acolla.


Estes días tivemos ocasión de escoitar nos informativos que pretenden multar a un empresario con 1200 euros en Cataluña porque o cartel do seu negocio está en castelán. O interesado pensa recorrer, cousa que faríamos calquera, penso eu porque aquí a alguén “se lle foi a olla”, tendo en conta que temos unha Constitución, por sorte, e que os mandatarios máis coñecidos da Generalitat teñen os fillos en colexios privados, onde non se obriga o catalán e, alomenos un deles que se saiba, estudando en Suiza. As incongruencias fan perder a credibilidade por completo. Ven a ser como aqueles que se empeñan en defender a primacía do galego, expresándose en castelán. ¿A que estamos xogando?.


Penso que as barreiras, prohibicións, induccións e reduccionismos o que fan e distanciarnos a uns de outros cando o desexable sería o contrario. Encántame que se conserve, potencie e extenda todo aquilo que é típicamente nóso, especialmente a lingua, pero quen imos conservala ou non seremos nós, os falantes. Colgarse etiquetas, predicar na defensa do galego sen falalo , insultarnos cando temos opinións encontradas, etc.. non nos fai nin máis nin mellores galegos. Eu teñoo clarísimo: non estou disposta a que me manexen nin recriminen polo feito de falar nunha das dúas linguas que coñezo medianamente, sempre que o faga co necesario decoro cara ao receptor da miña mensaxe.

7 comentarios:

Pontevedres dijo...

Asis se fala guany o que queira entendelo queo entenda eo quenon que siga coma asta agora que asi llesvai.

karavich dijo...

Estou totalmente de acordo contigo.Ahora que,prepárate para os ataques de quenes non entenden eso.Pero tí nin caso.
Eso é o que lles estou intentando explicar nos comentarios que fixen na noticia dá manifestación do outro día.Pero bueno,ou mellor atí fanche mais caso,e acaban así con esa disputa.
SAÚDOS.

GATA SALVAJE dijo...

Moi ben dito guani,cada un e libre de escoller o que mellor lle combeña, pa eso estamos nun pais libre, o teu relato gustoume moito.
gracias, un saudo.

Unha alumna calquera dijo...

Carta de Laura Senande Corzón
Estimado Feijoo e compañía:

En primeiro lugar perdoen vosteden polas confianzas, pero gustaríame que nos tratásemos de igual a igual.

Son unha simple alumna de 2º bac que lle gustaría informar das fendas que vexo no borrador do seu novo decreto lingüístico:

Non creo que o alumnado galego estea preparado para recibir clases nunha lingua estranxeira.De primeira man e poñendo de exemplo, levo arredor duns dez anos estudando inglés e non podo dicir que me desenrole nesa lingua perfectamente. Se certas asignaturas as poñemos neste idioma, acabaremos con rapaces que ademais de non saber inglés, non saberán de coñecemento do medio ou socias.

Vostedes diranme que con este plan xustamente se busca que se domine o idioma co tempo, porén, máis cantidade non esixe maior calidade...

Se queren que sexamos “plurilingües”, melloren as clases no idioma estranxeiro e insistan nel sobretodo durante a infancia.

Ademais o profesorado non está preparado para este cambio.Profesores que levan dando anos dando clase ou que son novos na profesión atópanse con que agora deben dominar o inglés.

¿E despois fálase de impoñer o galego? Isto si que é impoñer, porque o inglés non é idioma oficial nin coodicial de Galicia, cando o galego si o é.

Voltando o tema, gustaríame saber quen vai financiar esa formación lingüística para poder educar ao alumnado, e agardadando que non sexa un curso de 2 semanas.

Pásome por alto o conflito que se vai xerar entre o profesorado... quen vai dar ese 33%? ¿Voluntarios?

Agradezolle en nome dalgúns pais e a eles mesmos que foron quen votaron nesa enquisa na que vostedes se apoian porque lle gusta o resultado, agradecerlles o cambio do material escolar neste período de excedente económico.

Pregúntome se esta maneira de xerar conflito onde non o hai e buscar lugares onde invertir o diñeiro público son innovadoras ideas contra a crise.

Perdoe se menciono a crise e fago pensar a xente nela cando agora teñen outro tema do que tertuliar: o idioma.

Non podo evitar preguntarllo agora que estamos en confianza...isto é para distraernos verdade? É para esquecernos do paro e a crise? É que o tema da gripe A xa non da máis de si...

Que sorte ter isto dos idiomas!

rafa dijo...

En xeral estou bastante dacordo contigo Guany. Cada un que fale a lingua que lle pete e cando lle pete. Coido tamén que todos deberíamos coñecer a lingua do noso país (para min é o galego) e tamén o castelán como idioma oficial do estado. Non entendo polo tanto esa nova moda de preguntarlle ós pais en qué idioma queren escolarizar ós seus fillos.

Por outra banda, non me resisto a darche un tirón de orellas virtual ;) pola referencia á "multa catalana". Pobres cataláns! Teño que recoñecer que certa parte da prensa (mellor: creadores de opinión dirxida) está a facer ben o seu traballo e asumimos a sua mensaxe como verdadeira: porque o cartel do seu negocio está en castelán. Segundo teño entendido por aí, o que realmente di a lei en Cataluña é que se debe rotular como mínimo en catalán. Polo tanto non se multa por rotular en castelán, senon por non facelo en catalán. Cambia ó cen por cen, non cres? Pero a certo sector convenlle da-la impresión de que se persegue unha lingua que eu non me acabo de crer (debo ser moi agnóstico de dios) que esta en perigo en España.

Se tes información máis concreta sobre esta lei e resulta que non se corresponde co que eu aquí digo, non dubides en darme ti o tirón a min! Un saúdo!

Guany dijo...

Amigo Rafa: foi a información que escoitei na TV (non sei se por abreviar o seu contido ou por outras razóns, o titular era o que dixen). De calquera xeito, se trate dunha sanción por usar o español ou por unha omisión do catalán, a cuestión de fondo é unha discriminación en razón da lingua, cando as dúas son oficiais. Mirei un pouco por encima o Reglamento do uso da lingua catalana (de moi recente publicación) e dalle unha clara preeminencia de uso ao catalán naquela comunidade, efectivamente. Iso non altera a idea de que se están recortando liberdades á xente para expresarse na lingua que mellor lle pareza. E reafírmome en que tanta imposición xa cheira, cando os mandatarios no tocante aos seus fillos, tenden a darlle a formación máis ampla posible, conscientes de que iso lle abrirá portas.... ¡manda webs!. Parécenme pouco desexables as confrontacións deste tipo e de que seamos bonecos manexados por uns e outros. Da a impresión de que cada novo gobernante tenta manexar a educación para un lado e para outro segundo os seus intereses. Moitos cataláns están ata as mesmas narices destes asuntos e enténdoos perfectamente. Graciñas polo teu comentario.

rafa dijo...

Que se favoreza a lingua autóctona respecto da xeral do estado non só é normal e desexable pola situación asimétrica da que parten as dúas, se non que é un mandato contitucional (artigo 3.3). O obxectivo final é que os cidadáns nos poidamos desenvolver nas nosas dúas linguas cooficias.

Por outra parte, volvendo ó tema, a formación mais ampla posible involucra tanto a aprendizaxe do castelán coma a do galego, e que en ambas se teñan destrezas similares. E nisto, repítome, non entendo por qué hai que preguntar nada ós pais. As conviccións e condiciamentos persoais non teñen cábida nun sistema público plural: nen sequera no tocante á lingua. E se para garanti-lo equilibrio se fai necesario ponderar máis unha lingua ca outra durante unha xeración, pois non queda máis remedio que facelo. Porque a min a sensación que me dá é que aquí o que hai é moito lisitillo que se quere esforzar o menos posible.

Cada un que fale como lle pete, si. Pero que todos saibamos falar e comprender.

Un saúdo Guany!

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE