Quero adicar este recunchiño a tódolos camelláns que polas cousas que ten a vida viven fora de Camelle e de Galicia, e sei que leen e comentan no noso blog. Saúdos os nosos cibernautas camelláns que temos en Canarias, en Mallorca, en Melilla, en Madrid, en Bilbao, en Asturias, en Barcelona, en Londres, etc. Seguro que os hai en moitísimos máis sitios e que seguen o noso blog, dende aquí unha aperta a todos, e xa sabedes que tendes o blog para o que queirades.
Tamén quere adicar con especial cariño a unha familia sevillana, que para mín son a miña familia, que levan vindo a Camelle máis de 20 anos esporádicamente e que estiveron este verán na nosa vila. Non son de Camelle, pero un cacho dos seus enormes e bondadosos corazóns sempre están con nós e viceversa, esperamos vervos pronto por aquí Juan, Carmen,Verónica e Abraham.
Que non se me celen os de Barcelona nin a miña familia en Mallorca, xa que tamén os queremos moito e temos gañas de velos, saúdos a todos.
1 comentario:
Gracias por te acordar dos que tamos fora.Gracias por nos abrir unha ventana pol-a que podamos ver Camelle e os seus personaxes que unhas veces son amigos outras familiares e outras son os paisaxes do noso pueblo.
Publicar un comentario