Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Fotos do río

















Como xa vos informei anteriormente, a limpeza do río está chegando o seu fin. A verdade é que está quedando bastante ben, e deixando unhas fermosas paisaxes a carón do río, propias de postais. Invítovos a todos a dar un paseo pola beira do río, non vos defraudará. Ata podedes ver un muíño moi antigo, que antes coa maleza non se vía ben. ( Si pinchades nas fotos, verédelas en grande ).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece que algo está a funcioar neste país, xa que a Coselleria de Medio Rural, por certo, gobernada polo Bloque, está destiñando cartos a cousas útiles, tales, como a limpeza dos ríos;pois no caso do río de Camelle, foi dita consellería quen dou os cartos para a limpeza e non o Concello de Camariñas como todo o mundo pensa.
Por certo, pídolle desde aquí os da AA.VV A Pergoliña que, si poden, soliciten a quen sexa pertinente,para esa zona, un paseo fluvial para que todo o mundo poda disfrutar desa maravillosa paisaxe, xa que iso poñería en alza a Camelle e non con cousas coma a merda que nos queren traer de piscifactoría. Ah! olvídábame, a eses que nos queren traer esa merda, non lles da para máis a cabeza.

Anónimo dijo...

Mira que temos sitios bonitos en Camelle,e moita xente nova non ten nin idea de que existen.
O paseo pola veira do río é unha maravilla,desde o lavadero ata a casa do Marcudo, pero terían que sejir limpando o camiño do monte ata a casa de Eulalia,así si que tiñamos un paseo completo.
Estón dacordo contijo estivada,"eses"que teñen o serebro cheo de monedas de un sentimo de euro,que vaian o neurolojo e lles explique que para eso solo nesesitan un peto,para o demais un pouco de sentido común e para o pobo de Camelle sobre todo respeto.

Anónimo dijo...

Boas observacións as dos dous comentarios precedentes. Eu tamén descubrín agora o paseiño do río e son de Camelle. Sería ideal o que apunta "chipirón": amplialo e melloralo porque, se non, dentro duns meses volverase a cubrir de herba. Estou moi gratamente sorprendida coa xeneración actual de Camelle, que sodes a alma de todas as melloras. É unha reacción marabillosa, exemplar. Este pobo, poderíase dicir que espertou dun letargo.Non se conformou con erguerse contra quen quere vir aquí a "violar" a nosa paisaxe senon que, de camiño, mostra gran interés en potenciar o que de fermoso ten Camelle. A cabeza de todo, os simpáticos "pergoliños", que desbordan imaxinación. Con esta peña, será difícil que poida ninguén.

Anónimo dijo...

Para estivada.

Que sepas que a que limpa e unha empresa contratada por Augas de Galicia que, que eu sepa pertence a Consellería de Medio Ambiente (do PSOE). Recalco do PSOE e non do Bloque. E que limpan aqueles tramos que o garda de ríos da zona creío máis convenientes despois de que o Concello lle fixera a petición a Augas de Galicia e de que os seus concelleiros socialistas foran mostrar in situ as deficiencias que había nos regatos que pasan por núcleos como o de Santa Mariña, Brañas Verdes, Lamastredo, Arou e Camelle.
Por tanto, non vos tiredes flores, visiños da Pergoliña.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE