Este fin de semana celebraranse as festas de San Miguel ( que festeiros somos en Camelle, non saímos dunha e xa estamos noutra).Coma sempre, Perla non deixa de innovar e sorprendernos.
O venres ( sobre as 21:00 h. máis ou menos) haberá unha gran churrascada ( só por 3 € ) amenizada polo aclamado D.J. INVEN . Tamén haberá un concurso de disfraces donde se elixirá o Mister e Miss Camelle 2008, que nadie se esqueza de vir disfrazado, ainda que sexa cunha careta. Entregarase premios os gañadores. Aceptaranse actuacións espontáneas dos asistentes, de momento xa hai un cantante e un streapper, asi que animádevos que igual están os de " Tú si que vales" entre o público.
O sábado, alborada co grupo de gaitas Jolpe de mar e sesión vermouth coa orquestra Manila. Pola tarde pasarrúas co kilombo "O mellor de cada kasa" e pola noite actuación da orquestra Manila e outra máis de sorpresa. Para os que chejen o final da noite haberá chocolate con churros para recompoñerse de tanto baile.
Que non falte ninguén, paso lista, coma sempre.
11 comentarios:
Jo---,non tiña nin p--- idea dos disfrases,nin da atuasion do Iven.
Pois ali estaremos disfrasados.
PERLA eres unica.
Sin coña,¿é verdade o dos disfraces?
Si é así,tería que estar anunciado pois moita xente non se vai enterar.
Penso que por iso se di no blog para que se entere a xente porque creo que foi unha idea de última hora e non o puxeron no cartel. Hai que animarse...
O do venres non se anunciou porque surxiu a última hora, de tódolos xeitos sairá publicado na Voz de Galicia nestes días, e sí, e verdade o dos disfraces e do resto, xa que me chamou Perla o domingo para poñelo no blog. Por certo, paréceme unha idea estupenda e orixinal.
hola a todos, si q está anunciando puxéronse esta semana os carteles espero q non falte nadie.
Sienfu pa que vexas q escribo algo ainda que entro todos os dias pa ver q di o personal. Saudos
Rapases non me defraudedes,espero vervos a todos disfrasados.Se non e moito pedir gustariame moito que me sorprenderades vos a min cas vosas actuasións, dariadesme unha jran alejría. Con esto olvidariame de todos os esforsos q pasei pa faser todas as festas e veriame totalmente recompensada. Non me falledes, esperovos...PERLA
Pois eu espero q o pasades todos ben!Ijual co do dia do churrasco q foi unha pasada.Eu pensarei no ben q o pasades q eu non podo tar!!!!!!!!
Man, moi ben o blog!!Pa q dijas q non escribo!Escribir da aljo de peresa pero leoche siempre!Von escribir mais pq sin comentarios esto non e o mismo!!!!
A pasalo ben!!!E todos disfrasados e preparados pa pasalo de PM!!!
Non me deixa escribir co meu nombre de usuario asi q....anonimo!!
INFO: si estades rexistrados en Blogger ou en Google, soamente tendes que poñer o nome de usuario e a contraseña. Se non,pinchade abaixo en "Regístrate aquí", e moi sinxelo e non aparecerá o voso correo en ningún lado, nin a mín.
Si simplemente, queredes poñer un nome pinchade en Nombre/URL, poñedes o nome que queirades e escribide a palabra de verificación que aparece en verde.
Gracias a todos pola vosa colaboración e polo apoio recibido.
Xa falta pouquiño...!!Bueno eu xa me conformo con estar presente, aínda que non me disfrace,nas festas do Sacramento nin sequera puiden estar e dixéronme que fora un festón!!!O cartel ten moi boa pinta e non creo que os e as camelláns deixen de animar o cotarro.Ánimo Perla, espero que non sea verdade eso de que queres deixar a comisión...
Para que Perla non deixe a comisión,temos que todos arrimar o hombro,e eso viose nas festas do Sacramento,así que cando nos pida axuda taremos todos ahí.
Perla esto non pode acabar,ainda queda pendiente a cena dos camelláns.Como dí chipiron eres única,eu diría eres unha perla autentica.
Joder que guay!!!como mola o dos disfraces!xa me dixeron que fui todo camelle!!que envidia!
seguramente o pasastedes de puta madre!!en fin...disfrutadeo xa que alungs/as non podamos tar ahí!
Un bicaso!
A comision de festa sálese estes anos!tan genial!felicitacions!
Publicar un comentario