Chegoume un documento de Jose Manuel Balseiro ( Deputado do Partido Popular ) e que vai a presentar mañá día 23 no Parlamento de Galicia, unha moción en contra da aprobación definitiva do Plan Galego de Acuicultura e o rexeite a planta da Xandriña. Toda axuda e boa, cada un que saque as súas conclusiòns.
Reunión da Pleno da Cámara
Día: 23.09.2008 Hora: 10:00
Orde do día
07/MOC-0107 (31784)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre a aprobación definitiva do novo Plan galego de acuicultura
(moción consecuencia da Interpelación núm. 29516, publicada no
BOPG núm. 576, do 18.06.2008, e debatida na sesión plenaria do
09.09.2008)
A mesa do parlamento
O grupo parlamentario Partido Popular de Galicia a través do seu portavoz e a iniciativa do seu deputado Jose Manuel Balseiro Oról, ao abeiro do disposto no artigo 151.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte MOCIÓN,subseguinte a interpelación sobre as previsións existentes respecto da aprovación definitiva do novo Plan galego de acuicultura formulado no pleno do día 2 de septembro de 2008 07/INT-0380(29516)
Exposición de motivos:
O Grupo Parlamentario Popular lamenta que o Consello da Xunta do día 28 de agosto de 2008 ve viría na obriga de aprobar in extremis o Plan Galego de Acuicultura. Un proxecto repleto de deficiencias, inviable en gran parte do seu contido e incapaz de servir a un dos seus obxetivos principais: que Galicia manteña o seu liderado no sector acuícola mundial.
A conselleira socialista Carmen Gallego veu a impoñer un plan acuícola a través do que pretende disimular e xustificar, sen éxito, tres anos de parálise no desenvolvemento deste sector no noso país; tres anos perdidos para a acuicultura galega. Isto foi así porque, ademáis de provocar a perda de inxentes cantidades de diñeiro en axudas procedentes dos fondos europeos, contribuíu a xerar inseguridade xurídica, incerteza e a expulsar de Galicia importantes proxectos empresariais, que terían servido para atraer riqueza, crear novos postos de traballo e situar a nosa acuicultura na vangarda mundial.
Xunto a iso, debemos engadir que o futuro mapa acuícola elaborado polo departamento autonómico que dirixe a socialista Carmen Gallego acumula o rexeitamente unánime da inmensa maioría dos sectores implicados. Colectivos veciñais, concellos, organizacións ecoloxistas e empresas presentaron contra este proxecto máis de 1.000 alegacións que, na súa práctica totalidade, foron desoídas e desprezadas polo Goberno galego. Unha oposición incontestable, que dificultará con toda seguridade a posta en marcha dos futuros emprazamentos e condena ao proxecto a complicados e interminables procesos xudiciais.
O Plan Galego de Acuicultura nace ademáis da imposición da área socialista do Goberno sobre a área nacionalista que, finalmente, rematou por supeditarse aos intereses do Psoe, asumindo como propio un proxecto facilmente cuestionable. Todo iso pese a que, a día de hoxe, non se coñecen con exactitude as matizacións, correcións e propostas de mellora introducidas polos distintos informes sectoriais que elaboran os distintos departamentos autonómicos e estais, e que, de seguro, poñen de relevo gran parte destas carencias. A Xunta oculta o seu contido, amparándose en que todos son favorables, evidenciando a rendición do BNG ante un texto aprobado coa consciencia de que constitúe un verdadeiro erro.
Finalmente, por se todas estas razóns non foran suficientes, o futuro mapa acuícola elaborado polo Goberno bipartito, inclúe novos emprazamentos para a posta en marcha ou ampliación de novas piscifactorías que polas súas características debemos rexeitar. Plantas como as proxectadas en Merexo (Muxía), A Laxe Brava (Ribeira), Seiruga (Malpica), e Xandriña (Camariñas-Vimianzo) constitúen unha agresión evidente ao medio, e deben ser suprimidas do futuro mapa acuícola.
O Goberno galego ten quizais, unha das súas últimas oportunidades de poñer fin a un disparatado proxecto, eliminando aquelas instalacións que, de xeito manifesto, implican un retroceso, pero tamén, mellorando aqueles aspectos e corrixindo as deficiencias que converten o Plan Galego de Acuicultura no disparate acuícola do bipartito galego.
E polo que, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte MOCIÓN
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á supresión dentro do Plan Galego de Acuicultura dos emprazamentos de Merexo, A Laxe Brava, Seiruga e Xandriña
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2008
6 comentarios:
vaia vaia, van chegando as eleccions e vanse arrimando todos a ver q cae nas urnas despois. todo apoio benvido sea. pero unha prejunta este sr é do mismo partido ca Feijoo q quere faser da Costa da Morte a capital da acuicultura galega? En fin, son todos ijuales.
ah outra cousa, cando imos limpar as leiras?
tes boa rasón, eu tampouco me fío de nadie, pero bueno, todo o que sean axudas... ainda que despois quedan en nada,coma siempre, o que queren son votos. A min dixerome q o de limpar de momento nada,porque cadran as festas este sabado, a ver si po outro, supoñe que avisarán.
Ánimo a todos os que temos un grande interés común: a conservación do noso pobo contra toda tentativa irracional e interesada de apoderarse do que é noso para transformalo nunha esterqueira. Sexa quen sexa polas cuestións que sexan, que rexeite ese disparate no noso pobo, benvido. Estiven vendo o artigo do Pais sobre ADEGA nesta cuestión. Grazas, ADEGA. Somos moitos. Ninguén cun mínimo de sentido común e decencia pode aceptar esa cousa.
É bo que teñamos apoios de canta máis xente mellor, pero non sei ata que punto ofrece credibilidade unha moción presentada polo señor Balseiro, cando antes era socialista, senón que sexa por intereses electoralistas. Por certo, comentáronme que nesa sesión parlamentaria o señor Lage, do P.S.O.E., ríose na súa intervención do señor Balseiro cando éste se referío a Ghandriña, ubicándoa nos Concellos de Camariñas-Vimianzo,pois Lage contestoulle que Vimianzo non ten mar; pois ben, non me extraña que polítiquillos deste calibre fagan barbaridades de plan como o acuícola, pois é moi fácil facelos sobre un papel desde os despachos, sin saber o impacto que van a producir nas zonas ás que van destinadas cando nin siquera saben onde están ubicadas; supoño que a impresentable que temos de parlamentaria no noso Concello sentiríase orgullosa de tamaña actuación, tan brillante, do seu compañeiro de partido, pois ela por ahí se vai si é que non é peor, ah! perdón por ofender a nosa deusa do Olimpo.
Quero contestarlle a Papada con respecto a un comentario que fixo nalgún lugar deste Blog, no que di que a AA.VV A Pergoliña paga a viaxe a Muxía; pois moi ben Papada, antes de escribir de algo diriache que te informes antes, xa que a AA.VV A Pergoliña só pagou a viaxe a Merexo para ir a primeira manifestación. O resto das viaxes, podes preguntarnos a xente que fomos, pagouna cada un do seu bolsillo, e moi gustosa por certo, xa que eses cartos considéramolos ben empregados, xa que son para defender ó noso pobo da barbarie que queren facer con él.
Nos comentarios do apartado Marcha Verde a Barca de Muxía, contestándolle a anónimo, teño que desirlle que a culpa de que non queiramos a pissifactoría, non a ten o do Bloque, non a queremos porque somos capases de pensar por nós mesmos e ver que o que queren faser é unha desfeita co noso pobo, e non por seguir as directrises de ningún partido.
Por serto, ese do bloque é unha persoa honesta e non coma outros que se venden por catro pesos, pois si él quixera, podía entrar a traballar nesa merda, él ou a xente que él quixera, pois non será porque non llo ofreseron para que deixara de tocar as pelotas (de isto entereime, e non presisamente por él; seguro que o do bloque vai flipar cando lea isto)pero é unha persoa con prinsipios, que se move por sentimentos e non por cartos, todo un valor nos tempos que corren, xa que está a defendernos con todas as suas forsas, a pesar das presións as que está sometido.
Sigue así e non desfallesas, e non fagas caso de persoas coma esas, pois sempre terás o apoio das persoas honestas que, realmente, son as que contan.
Tamén aproveito a ocasión para agradeser ao Parlamentario do Bloque,Bieito Lobeira, todos os esforsos que está a faser polo pobo de Camelle. Grasias Bieito, moitas grasias.
Por serto,non son nin votei o Bloque, pero a este paso todo se andará, pois os que eu consideraba progresistas, defraudáronme.
Publicar un comentario