Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 18 de septiembre de 2008

Noticia bomba !!!




Onte aparecía no DOG a resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños pola que se lle dá publicidade ao acordo do polémico consello da Xunta do 28 de Agosto, polo que se aproba o Plan Galego de Acuicultura. Isto xa o sabíamos todos, pero cal é a sorpresa, o ver na resolución, a ampliación da granxa en cabo Vilán ( Camariñas ) promovida por Stolt Sea Farm.


Hoxe en La Voz de Galicia aparece tamén a noticia detallada, e tamén comenta a repulsa do Sr. Touriño fai dous anos a granxa acuícula en Touriñan, poñendo de exemplo o impacto ambiental e paisaxístico na granxa de Vilán para convencer a oposición a necesidade de preservar o cabo muxián, cando a maioría da xente SÍ quería esa granxa.

Isto vai traer moita polémica, xa que houbo moitas discrepancias no concello de Camariñas fai dous anos, e tanto, xa que o ex-concellal Jesús Alonso Ballester votara en contra dos seus compañeiros de partido, e gracias a esa ruptura non se aprobara a ampliación da planta acuícula en Cabo Vilán, e demostrou que por riba das siglas do seu partido, estaba a loita polo seu pobo ( non como outros ).
Hoxe tamén dí en http://www.diariocamarinan.com/ Marisol Soneira, que iso é todo mentira, que non é nada certo o que poñen na Voz de Galicia, e que todo débese a un malentendido da información aparecida no Diario Oficial de Galicia. Estas verbas de Marisol fánsenos moi coñecidas os camelláns. http://diariocamarinan.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1272&Itemid=2

Reflexión persoal: está claro que estes políticos fan o que lles ven en gana, pasando olímpicamente do que quere o pobo ( véselles moito o plumeiro e cóllenselle moitas mentiras) . A ver se abrimos os ollos todos dunha vez e vemos o que hai, porque eles só buscan os votos, e cando están no poder dannos a espalda, empezando polo Sr.Touriño e rematando con Marisol Soneira. Hai moi poucos que miran polo pobo, MOI POUCOS.

Para rematar, esperaremos con impaciencia as reflexións de todo isto dos nosos veciños camariñáns, e a postura que van a adoptar neste tema. Gracias a diariocamariñán pola súa información.

7 comentarios:

VC ;) dijo...

Creo que tanto Marisol Soneira coma o Sr Alcalde o que non sabian era que iba facer publica a noticia.

Creo que igual que pasou en Camelle, pensaban que nadie se daria conta e asi poder continuar cos seus intereses sin ningun tipo de oposicion social.

¡¡¡ Menudos personaxes temos dirixindo o futuro do noso concello!!!

Anónimo dijo...

Que asco de politicos,en ves de chamarse Marisol deveria de ser Solysombra,hoxe falou en radio nordes desmentindo a notisia,pero desindo que era o millor que lle podia pasar a Camariñas.
¿Cantos postos de traballo?
¿Cantas mentiras mais?
QUE ASCO,QUE ASCO,QUE ASCO
ESTO CHEIRA A PODRE

Anónimo dijo...

Con un pouco de sorte amplian a piscifactoria de vilan hasta a Area da Vila levando o pueblo por diante a ver si despois os de Camarinas se dan de conta de que clase de mentirosos temos no concello.Adiante Marisolina & pichurri volvestes a facelo non ensinedes as armas hasta que non tena remedio.

Anónimo dijo...

adiante como me alegro que amplien ahora a piscifactoria de camariñas, pois por que marisol dixo que a de camariñas non se podia ampliar, pois ahora que se jod..
os de camariñas ahora teñen mais piscifactoria taran contentos, pois todas pa eles.

Anónimo dijo...

ELEFANTES CON GARABATA
Esta fin de semana fun cuns amigos de fóra a percorrer unha boa parte da nosa costa. Cando chegamos a Cabo Vilán, preguntáronme, espantados, que cousa era aquela superficie poboada de plástico negro que estaba ali case o carón do faro. Resposteille que llo fose preguntar a aquela dona que estaba alí repartindo publicidade turística da Costa da Morte nese pequeno museo que fixeron no faro de Camariñas (aínda que pequeniña, a exposición resulta, ademais de informativa, agradable para os sentidos. Un acerto, tamén, a música de fondo -de exquisito gusto- e o video que se expón).
É indubidable que o Cabo Vilán resulta un dos puntos de máis atractivo turístico desta costa polo seu enclave privilexiado. A zona de teitos negros (por se fose pouco o Cristo das eólicas de arredor) ven a demostrar en mans de quen está esta terra fermosa onde as haxa. Se de verdad existe o Deus do que me falaron de pequena, estará pensando que non creou isto para que o destrozasen uns vándalos ainda que se disfracen con garabata, son coma os elefantes dentro dunha cristalería.
Cando a miña amiga llo preguntou a aquela dona loira, díxolle que era unha piscifactoria dunha empresa noruega. María foise pasmada de que se lle consentise a ningunha empresa aquela desfeita. Cando lle dixen que querían facer esas cousas de boinas negras cada poucos quilómetros de esta zona, a muller ía abrindo os ollos tanto que me deu medo.
Como estivemos alí un anaquiño de tempo mirando a información turística que había enriba da mesa onde estaba a dona loira, oimoslle a cada turista que entraba facer a mesma pregunta ¿qué es esa cosa negra que hay ahí? . Todo o mundo amosaba estraneza por aquilo e disto poder "dar fe" a citada dona loira que estaba na entrada do museo de Cabo Vilán este sábado.

Anónimo dijo...

Poden tar contentos os de Camariñas cos seus politicos, tanto Pichurri como Marisol, vaia par de mentireiros, pero bueno, teñen o que meresen.

Anónimo dijo...

o peor insulto do mundo é o despresio a tua xente o teu pueblo MARISOL CON LA CAMISA NUEVA, QUE TU BORDASTE EN ROJO AYER....

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE