Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 25 de septiembre de 2008

Nova sección: Fotos antigas


Cada semana ireivos deixando unha foto antiga para que a comentedes ou digades se coñecedes os da foto, xa que moitas están sen título e eu non coñezo a case nadie. Acordádevos que se pinchades na foto, verase máis grande. Espero que vos gusten, e se alguén ten máis fotos antigas, que non dude en mandarmas o meu correo.
A primeira foto titúlase "Palilleiras" e data do ano 1965

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa a idea das fotos antiguas sempre e bon ver como eramos.alguns como o bo vino milloraron e outros quedamonos en nada.
Da primeira foto unha pareceme a nai do cachan(o da caixa) e outra a irman do Ruchelo,as outras non as reconozo.

Anónimo dijo...

Moi, pero que moi boa idea o das fotos.
A min pareseme que a primeira pola esquerda é a aboa de Miguel do correo,a que lle sigue pode ser Clarucha,as outras duas son as irmáns do Ruchelo e a da dereita María do Cachán, o neno pode ser Victorino o seu fillo,e a chavala xa non teño nin idea.

Anónimo dijo...

Está moi ben o das fotos porque asi os nosos maiores refrescan a memoria.Miña avoa cree que a de negro é Carmen de Angustia, a da saia de cuadros é Celia a irmán do Ruchelo e a outra é Gelina a de riba de todo que tamén é irmán do Ruchelo.A da esquerda é Pura do correo a nai de Chita.A da dereita é María do Cachán co fillo e a do medio tamos en discusión.

Anónimo dijo...

joer o rapaz pekeñiño e meu pai o cachan e miña abuela cachana jeje,creo ke tamen ta miña tia clarucha.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE