
En vista de que foi aprobada a nosa iniciativa da festa gastronómica, dous usuarios mándanos dúas propostas máis para as festas do ano que ven. Eu expóñoas aquí e comprométome tamén a comunicarllas a quen sexa pertinente para ver si se poden levar a cabo ou non, eso sí, co compromiso de axudar todos, e sobre todo, co que fai a proposta que debe de ser quen máis colabore. A primeira é a de facer nas festas do verán unha regata polo porto de artiluxios ou barcas caseiras, feitas manualmente e con orixinalidade. A segunda é recuperar os partidos de fútbol praia que se facían fai uns anos con varios equipos tamén no verán. Gustaríame que comentárades que vos parecen estas novas iniciativas.
11 comentarios:
Genial as dúas, hai que comprometerse e faselas entre todos. Conta conmijo.
a comision e os da perjoliña van mandarnos a merda jajaja
unha nova iniciativa seria deixarvos de tanta piscifatoria e tanta festa,que é o propio dos que non teñen mais que facer, pedir pra comprar pinturas e pintar ainda qe solo fose o dique,xa qe dentro de pouco non habra nada por que visitar kmlle, ainda que a festa do pulpo ta ben.
Unha cousa que se me olvidaba,
dentro de non tampouco,si todos fasemos coma tí,en kmlle poderanse visitar as piscinitas de rodaballitos,e faser a festa dos peixes planos.
bueno o que faltaba, ahora daselle a todo mundo por acordarse do aleman, e antes nin dios de camelle o iba a visitar, se nos deisaramos de tanto conto
e se queren pintar o dique que o pinten os do ayuntamiento, que tenen os seus cartos pa comprar a pintura, ahora que pa doblar o lombo xa vai ser mais difisil por que non lles gusta tanto.
O que hai que ter é un pouquiño de sentido común do que se fai é sobre todo do que se fala,porque falar fala calquera pero hai que ter un pouquiño de propiedad. Se a aljun lle jode que tea o pueblo unido no fin de manifestarse contra a piscifactoria é porque peca de egoismo, e se quere pintar o circulos do dique que se informe xa que eso non se pode facer.Xa o quiseron pintar os voluntarios que viñeron de Pontevedra e non lle deixaron porque é unha obra de autor ou aljo asi dixeron.Non o autoriza nin Portos nin o concello. Hai que ser un pouquiño máis coherentes co que se escribe e non insultar a xente de Camelle anonimamente.
o da regata das lanchiñas artesanais xa o propusen este ano,pero solo habia dous interesados,un deles e ese tan bo rapaz que como ben sabemos sempre esta disposto a colaborar no que faga falta ca comision e que eu pusen tanto de menos nestas festas.Decirlle a ese anonimo que si me coñece os que tamos interesados nas fstas,temos moitisimo que facer,seguro que traballamos moitisimo mais que el.
Son camellan de toda a vida.Agradezo a comisión por estas magnificas festas que nos tan dando e a asiasión de vesiños, que paresse que no pero tades resusitando o pueblo de verda!
Eu son unha persona que lle dixen o autor de esta páxina de faser un capeonato de futbol playa como o habia antes, e unha idea genial.Seguiremos loitando para que o pobo de camelle medre cada vez mais.Non quero rematar sen dar as gracias a asociacion de veciños en especial o presidente.gracias por loitar tanto
Publicar un comentario