
Xa tendes as fotos das festas de San Miguel na marxe dereita, si queredes velas todas, pinchade na foto,xa que no recadro soamente saen unhas poucas. As festas estiveron coma sempre, impresionantes, sobre todo o venres, coa churrascada,o concurso de disfraces e o noso dj inven pinchando. O premio de Miss Camelle gañouno o noso fervellón Cantoná cun disfraz moi exhuberante e Mister Camelle gañouno María cun traxe moi relixioso e con unha pancarta non moi politicamente correcta, de todolos xeitos houbo premios para todolos disfrazados. Penso que Perla tuvo un gran acerto con esta iniciativa, e doulle as gracias dende aquí por todo o seu traballo e dos colaboradores. O sábado tamén estivo moi ben coa actuación do noso kilombo pola tarde, e as dúas grandes orquestras pola noite. Ah... e o chocolate con churros para os que aguantamos ata o final estaba boísimo. Por certo, tiven que suprimir moitas fotos polo seu contenido erótico e polo que poida pasar, espere me perdoedes. En breve poñerei os vídeos, tamén bastante eróticos.
4 comentarios:
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaghhhhhhhhh !!!!!!!!!!
PEOR NON PODIA SALIR !!
JAJAJA
todos saliron estupendamente menos eu .... !!
da salds x ahi marcs !!
TI COMA MIN LUCIA, NIN SALIMOS.
Outro día será.
quen é esta que estádisfrazada de chica de la barra?parese que ta poseida,
As fotos tan geniales e os videos merecen un premio!jajajajaja
Publicar un comentario