

1. Igual que aquí, en Seiruga continúan coa loita, tanto contra a piscifactoría como contra o proxecto de rexeneración da praia de Malpica.
Alfonso Vidal, o voceiro da Plataforma Seiruga Limpa vén de publicar un vídeo no youtube amosando a desfeita que significarían ambos proxectos para a aldea malpicá.
< Vídeo de Seiruga
Info: quepasanacosta e seirugalimpa
2. A Consellería de Pesca renovou a licenza de actividade para a granxa mariña e criadero de rodaballo que a compañía noruega Stolt Sea Farm ten en Merexo.
A plataforma recibía tamén esta semana, unha petición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que lle sexan achegados máis informes sobre a denuncia realizada polos avogados. Así, a denuncia que fora admitida a trámite, continúa "movéndose".
Máis info: La Voz de Galicia e quepasanacosta
1. O patrón maior de Camelle, Xosé Xoan Bermúdez Tajes, mostrou onte o malestar de toda a confraría de pescadores, porque dende o partido socialista non se cursou o convite para participar no acto que se celebrou o pasado venres en Malpica e onde interviñeron a Conselleira de Pesca, Carmen Gallego; o Secretario Xeral do Mar, Juan Martín Fragueiro; e importantes representantes do sector pesqueiro na Costa da Morte, como o presidente da Federación Española de Confrarías, Genaro Amigo; ou o presidente da Federación Galega de Confrarías, Evaristo Lareo.
Máis info: La Voz de Galicia