O noso amigo e usuario deste blog, Cantoná, non para de argallar ideas relacionadas co que máis lle gusta, a aventura.
Nesta ocasión, él mesmo fixo de forma artesanal este espectacular kaiak de mar.
.
Os kaiaks ou piraguas de mar ( orixinarios de Alaska ) son pequenas embarcacións mariñas con cuberta onde o remador vai sentado no interior e semicuberto por un faldón propulsándose cun remo de dúas follas.
Na actualidade, o kaiak abarca varias disciplinas : augas brancas, surf, olímpico, polo, etc. e reúne millóns de fanáticos en todo o mundo.
O kaiak de mar é a súa manifestación máis aventureira e de contacto coa natureza, que á vez combina as esixencias e coñecementos de varias disciplinas como navegación, orientación, excursionismo, etc. co espírito contemplativo da viaxe e a exploración.
Como vemos nas fotos, algúns intrépidos probaron o kaiak no peirao camellán con distinta sorte, xa que houbo algún que lle dou volta a embarcación e as pasou canutas para salir a flote.
Noraboa ao noso capitán de barco, Cantoná, pola súa iniciativa e esperemos que no futuro navegue con barcos máis grandes.
8 comentarios:
Markiños...gracias pola noticia e por todo o que deixas reflexado no texto!!disestes q as ivas poñer as fotos do kayak e aki estan!! jejeje!!! :))
non sei como agradecerxo!!
Son Cantoná!!!
Xa sabes que todo o que me mandedes que sexa interesante, será publicado, xa que este blog é de tódolos camelláns.
Saúdos.
cantoná vai ser famoso a este paso...que si ta co fervellon, q si kaiaks...jajaja a verdade que che quedou muy chulo cantonasiño :P
laura (da morena)
Deixalla a teu hirmán para ir ó CANTO.Por certo a ver cando me fas a que che encarguei,xa saber,duns 12 m.de eslora e con motor central de 80 CV por que ún xa non está para remar moito.
Como dixo na súa última mensaxe o capitán,ceo que foi o do TITANIC:SEÑORES PAXASEIROS,IMAXINÁDEVOS QUE ESTAMOS NUN SUBMARINO.
O que quedou ca cabesa pa abaixo seica foi o Pelocho, quen o vería...ja,ja,ja.
Polo menos espabilou a tranca que tiña
cantona ti si q eres 1 bo injeniero,tiñanche q levar pa faser os barcos de remasa¡¡en serio esta dpm.
ai cantona ai
q se note o que che enseñou pita¡¡
Publicar un comentario