Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 9 de julio de 2009

Fotos camellanas



Aínda que as dúas últimas fotos non son camellenas, foron feitas por un camellán ( por mín ) no asalto ao castelo de Vimianzo o sábado pasado e no que participaron varios camelláns, ou sexa, que teñen relación con Camelle e quería compartilas con vós pola súa gran beleza ( podedes pinchar nas fotos para velas en grande ).

6 comentarios:

maría dijo...

Tremendas fotos, tes que lle faser a competensia o fillo de pichurri,je,je.

Anónimo dijo...

elojo ahora os de xaviña chámanselle camelláns lojo??hai non cho sabía eu!!!

mario dijo...

ei, pois nos non che vimos, que tamén andábamos polo castillo o sábado, que hasta nos pasaron aljún que outro globo pola cabeza....e despois fomos asaltar a servesería...talojiño

Camellana dijo...

As fotos podían ser mellores

MAN dijo...

Camellana, xa se nota que estas de vacacións, facía tempo que non incordiabas por aquí,je,je.
Estou esperando a que me mandes tí fotos mellores, que tal as notas???
Mario, sí que estiven en Vimianzo,pero nun segundo plano sacando fotos, xa que non tiña gañas de mollarme, non sei si vistes a Abraham co ariete rompendo a porta do castelo, foi impresionante.
Anónimo, non sei si falas en serio ou de broma, pero ferísteme un pouco o meu orgullo.
Eu nacín no sanatorio Modelo da Coruña e vivín en Xaviña ata os 13 anos,tamén vivín 1 ano na Coruña,2 en Benavente e 18 en Arteixo.
Pero dende os 10 anos eu sempre marchaba no bus da escola da Ponte para Camelle, xa que alí estaban meus avós e os meus amigos.
Tódolos veráns e fins de semana dende os 10 anos paseinos en Camelle, xa que sempre o considerei o meu pobo e enorgulléceme decir a todo o mundo que eu son de Camelle.

Anónimo dijo...

Es de Xaviña e o Carrallo. Ja ja ja.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE