Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

miércoles, 22 de julio de 2009

Historia de Camelle ( I )

Entre a Punta Percebeira e a rada de Sabadelle, sitúase o pequeno porto de Camelle.
É unha cala que se adentra uns 800 metros aproximadamente cara o sur, cun ancho de 150-200 metros, terminando nunha praia que queda máis de 300 metros ao descuberto en marea baixa.
Pola parte este a súa ribeira é baixa e pedregosa, circundada polo val da Gándara.
A súa marxe oeste, fórmana as faldras dos montes que o Rodeiro baixan ao Océano.
E nelas, e a todo o longo da cala, esténdese o pobo, que chega ata o mesmo peirao.
Dende aquí e mirando cara a dentro ofrece unha paisaxe semi-alpino.
A fera entrada do seu porto péchana os baixos da Punta e a famosa Pedra do Porto, entre as cales só queda un pequeno e difícil canle de paso.
Logo, o Océano aberto e impetuoso.

UN INFERNO DE FERMOSURAS
Un pobo atopéi no meu camiño,
no meu pelengrinar pola nai patria;
e iste anaco de inferno e paraíso,
por sempre quedóu xa na miña ialma.
Iste oasis de xentes feiticeiras
abrangou no meu esprito desmaiado,
unha doce mañán de primaveira.
Mais a fala das verbas dos calados,
as viudas dos vivos nas lareiras,
i os rostros senlleiros e pechados,
déronme a comprender a miña veira.
¡Cantarche hei, Camelle, na doce mañán!
¡Cantarche hei, Camelle, tristeira serán!
Pelengrino, si buscas a Galicia,
ven ollar este pobo agarimeiro;
non pretendas atopar só fermosuras;
ven, olla a Camelle, todo enteiro.
Mais si buscas somentes moito verde,
si pretendes alcontrar unha lareira,
un piorno, ou un chan de frolituras,
volve a casa e revisa a tua concencia.
Atopache a Galicia verdadeira;
a Galicia da eixada e dos arados
e da vida do inferno nas mareas.
A Galicia de sempre de por vida;
a Galicia que sofre pracenteira.
¡Cantarche hei, Camelle, na doce mañán!
¡Cantarche hei, Camelle, tristeira serán!
( Xavier Landeira )

Fonte : Relato do libro "Costa de la muerte, historia y anecdotario de sus naufragios" escrito en 1979 polo profesor camellán José Baña Heim coa colaboración de sete dos seus alumnos.
Traducción ao galego : Marcos O. Baña López

5 comentarios:

ubaldinho dijo...

que guapo marcos, que boa iniciativa a de traducir estes textos do libraco ese estupendo.

aupaaaa

Camellana dijo...

Traducción ao galego : Marcos O. Baña López.
Jajajajaja !!!

Marcos O... ? OSMAR ? jajaja

Moi bonitoo o poeema!

pocahontas dijo...

Moi boa iniciativa,si señor.

karavich dijo...

Marcos,esa camellana faiche unha marcaxe férrea,xa a querería o DEPOR para reforzar a defensa.
Decirvos que teño un blog,que se chama:PENSAMENTOSREVIRADOS.BLOGSOPT.COM,todo con minúsculas,e trata sobre OS MONÓLOGOS DE MANOLO,de momento ainda está en fase de construcción.

Camellana dijo...

Homee !! Esto é como GH , si nadie da debate esto estaría moi soso. Jaja!

A ver si Manuel Pablo me pide axuda , que ao DEPOR ultimamente unha axudiña non lle ven nada mal ... FORZA DEPOR !! sempre estaremos ao teu laDo !

¡¡ jajaja !!

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE